Presentación da “II Bandeira Reganosa”

Este martes 24 de Xullo presentouse na sede de Reganosa a “II Bandeira de Traíñas Reganosa” patrocinada por Reganosa e organizada polo Club do Mar de Mugardos e a Liga Galega de Traiñeiras. Ó acto de presentación foi presidido por D. Emilio Bruquetas (Director Xeral de Reganosa), D. Xosé Barcia (Alcalde de Mugardos) e D. Guillermo Pereira Coto (Presidente do Club do Mar de Mugardos). O acto tamén acudiron representantes dos diferentes grupos políticos municipais.

Na regata, que se disputará o próximo sábado 28 de Xullo as 18.00 horas, competirán os oito equipos que conforman a Liga  A da LGT: Chapela, Amegrove, Samertolomeu de Meira, Cabo da Cruz, Vilaxoán, A Cabana e Ares. A regata percorrera unha distancia de 5556 metros divididos en 4 longos, dende o peirao de Mugardos ata o peirao carboeiro de Ferrol aproximadamente.

Ó rematar a regata as 20.00 horas realizarase unha churrascada no Club do Mar para celebrar con tódolos socios e xiareiros esta segunda edición da Bandeira do Club.

Documentación da II Bandeira Reganosa [PDF 4,8 MB]

“La II Bandeira Reganosa traerá hasta Mugardos la lucha por la permanencia ” Diario de Ferrol [25/07/2012]
“El pulso por la liga gallega llega a la Bandeira Reganosa” La Voz de Galicia [25/07/2012]
“La Bandeira Reganosa pone a prueba los botes locales” Diario de Ferrol [28/07/2012]

Bandeiras de Vilagarcía e Ferrol e 24 Horas de Somozas

Fin de semana movido no que se intensificou a pelexa pola sexta posición da “Liga A” entre A Cabana e Mugardos e no que se acadaba o ecuador da competición:

Bandeiras de Ares e Redondela e Ruta da Auga

Novo fin de semana de competición, con cambios no taboleiro da Liga A, pasando a traíña do Club do Mar o sexto posto:

I Bandeira As Mariñas, 12 Horas de Cariño e Camp. de España de Remo Olímpico

Neste intenso verano, no que a competición se refire, temos outro fin de semana con bos resultados para o club do Mar:

Galería Fotográfica do Camp. de España en Sevilla

Camp. Galego Remo Olímpico, EDR 2012 e I Bandeira Sanxenxo

Outro fin de semana intenso para o Club do Mar na que se acumularon as competicións e a organización da EDR 2012:

Presentación da LGT 2012

Este sábado, 8 de Xuño, celebrouse en Sanxenxo a presentación da LGT para este ano 2012. O acto organizado polo Club de Remo Amegrove e o Concello de Sanxenxo realizouse na Praza do Mar da vila aínda que este veuse moi deslucido pola continua choiva que caeu durante toda a tarde de forma case ininterrompida.

Moitas das traíñas que tiñan planificado entrear en Sanxenxo cambiaron de idea ante o complicado estado do mar e so unhas poucas se atreveron a mollar as embarcacións.
O acto comezou as 20.00 horas coa actuación da escola de baile Cantodorxo o que seguiu o monologuista “Manolo o do Atleti” para dar paso a presentación da liga. O acto foi presentado por Terio Carrera e nel participaron a alcaldesa de Sanxenxo Catalina González, o Presidente da LGT Diego Portela e o Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete Lasa entre outros.

A principal novidade da liga de este ano e a división da competición en dúas ligas, na que o Club do Mar de Mugardos despois de clasificarse na regata clasificatoria do pasado 6 de Abril remará na liga A.

Galería Fotográfica do evento (45 fotos)

La Voz de Galicia “La Liga alza el telón en Sanxenxo” [09/06/2012]

Acto de presentación da nova traíña do Club do Mar

O Club do Mar de Mugardos presentará publicamente a nova traíña da sociedade, de nome Bestarruza, nun acto que terá lugar este venres (25 de Maio) as 18.00 horas diante do local social do club e o que están convidados tódolos socios e seareiros do club.

O programa do acto será o seguinte:

  • Recepción de autoridades e convidados entre os que se atoparán persoeiros de institucións públicas e privadas relacionadas co deporte e o mundo empresarial, tanto a nivel autonómico como local e comarcal. 
  • Presentación do acto ó longo do cal intervirán algúns dos persoeiros así como o Presidente da sociedade, e no que se presentará a recén adquirida traíña, patrocinada pola empresa Reganosa, que será bautizada en presenza da madriña da embarcación, a socia María Fariña Vázquez.
  • Entrega dun recordo ás empresas colaboradoras co Club do Mar na pasada tempada, así como unha distinción especial á empresa  Reganosa polo patrocinio da traíña na pasada edición da Liga Galega de Traíñas, coa entrega ós seus Directivos dunha réplica da bandeira da “ I Bandeira de Traíñas Reganosa”, bordada a man por unha artesá mugardesa.
  • Rematando o acto, e tras unha sesión fotográfica en lembranza do acontecemento, servirase un ágape diante do club e porase fin ó acto.

[Actualización 25/05/2012]



Galería fotográfica da presentación

Todoremo.com “Mugardos se viste de largo” [25/05/2012]
Diario de Ferrol “El Club del Mar de Mugardos confía en su ‘Bestarruza'” [26/05/2012]

Resumo da Regata Clasificatoria da LGT

Os pasados días 5 e 6 de Abril, Xoves e Venres, celebrouse en Meira (Moaña) a clasificatoria para decidir a composición das Ligas que comporán a LGT. A clasificatoria disputouse nun formato a dúas regatas contrarreloxo no que o primeiro día clasificábanse cinco traíñas e no segundo tres para participar na Liga A, competindo as nove traíñas restantes na Liga B.

O primeiro día presentouse con ceos despexados pero cun molesto vento que complicaba a remada das traíñas. Nesta primeira xornada non houbo sorpresas ó clasificarse as cinco embarcacións favoritas (Chapela, Amegrove, Cabo, Meira e Vilaxoán); pero no que a traíña de Mugardos mostraba o seu potencial quedando soamente a 8 segundos e medio de Vilaxoán e rozando o ascenso a Liga A. Mentras o resto de traíñas que optaban a pelexar polos tres postos restantes no seguinte día optaban por unha estratexia máis conservadora reservando forzas para a seguinte proba entrando a máis de 30 segundos da traíña de Mugardos.

O segundo día presentábase cunhas nubes ameazantes con choiva pero cun vento moito máis frouxo que permitirían as traíñas baixar os cronos do día anterior. O pouco prometedor día non disuadiu o abundante público que practicamente repetía o número do soleado día anterior, todos eles expectantes por coñecer como quedarían conformadas as ligas do novo formato da LGT.

Na segunda contrarreloxo sí que a apareceron as sorpresas e Mugardos, que non pareceu pagar o cansanzo da xornada anterior, volveu marcar o mellor crono cun tempo de 20:07,22 a tan so 3 centésimas da traíña da Cabana que se facía co segundo posto en liza. Ares facíase co último posto para a Liga A ó superar a uns dos favorito, Perillo, por pouco menos de 3 segundos. A traíña de Perillo quedábase as portas da liga boa tras diversos problemas na regata como a lesión dun dos remeiros que non puido rematar a regata e problemas cun dos remos.

Desta forma a traíña do Club do Mar de Mugardos conseguía un posto para a Liga A no seu segundo ano na competición, gracias o esforzo e traballo dos seus remeiros conseguindo un tremendo éxito para o Club.

Galería fotográfica da primeira xornada [58 fotos] 
Galería fotográfica da segunda xornada [119 fotos]

Tempos da primeira xornada [todoremo.com]
Tempos da segunda xornada [todoremo.com]

El Diario de Ferrol “La Liga Gallega de Traineras tomará forma durante las dos próximas jornadas” [05/04/2012]
ligalgt.com “Mugardos, A Cabana e Ares completan a LGT-A” [06/04/2012]
La Voz de Galicia “Chapela domina la previa de la Liga Gallega de Trainera” [06/04/2012]
El Diario de Ferrol “Mugardos, A Cabana y Ares formarán con los mejores en la Liga Galega ” [08/04/2012]


O presidente do Club do Mar, Guillermo Pereira,
comenta o éxito da traíña do Club para “Galicia en Goles”.
(A entrevista comeza a partir do minuto 6:35).

Actualización [10/04/2012]
La Voz de Galicia “Mugardos estrena trainera y tripulación y da un salto de nivel” [10/04/2012]

Concurso para atopar o nome co que bautizar á nova traíña do Club do Mar

  • Buscamos un nome que sexa apropiado ó deporte do remo, ó mar, a Mugardos, a Galiza,……
    A imaxinación debes poñela ti e facer a túa proposta.
  • Poderá participar calquera persoa, sen límite de idade. Só poderase facer unha proposto por persoa.
  • Prazo e lugar de presentación: Do 19 ó 30 de marzo ambos incluídos; no Club do Mar de Mugardos, ou ben enviando un correo electrónico ó enderezo clubdomarmugardos@hotmail.com nesas datas. É necesario incluír o nome e apelidos do aut@r así como un teléfono de contacto.  ( Os envíos presentados fóra de prazo quedarán automaticamente excluídos do concurso).
  • Premio: Un equipo reprodutor de DVD portátil con pantalla xiratoria.
  • No caso que resulte gañadora unha proposta con varios autores, sortearase o premio entre todos eles.
  • Membros do xurado e fallo dos concursos: O xurado estará composto polo Presidente do Club do Mar, dous Directivos da Sociedade, o adestrador da traíña e un remeiro.
  • O gañador do concurso darase a coñecer publicamente o  31 de marzo e recibirá o seu premio nun evento celebrado posteriormente no que se presentará oficialmente a traíña e a tripulación da mesma.
  • A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.

Resultado e fotos do “VII Memorial D. Francisco Alonso Loureiro”

Resultado do “VII Memorial D. Francisco Alonso Loureiro” contrarreloxo de traiñeiras organizado en Chapela polo Club de Remo Chapela.

Club
1ª Virada
Tempo Final
Tirán A
8,14
16,55.23
Chapela A
8,10
16,57.02
Meira A
8,12
17,07.33
Amegrove A
8,23
17,14.00
Cabo da Cruz
8,24
17,17.05
Chapela B
8,19
17,22.45
Tirán B
8,24
17,25.93
Vilaxoán
8,27
17,28.81
Meira B
8,32
17,56.86
Morrazo
8,43
17,59.30
C.M. Mugardos
8,46
18,21.36
Cesantes
9,20
19,18.86
Bueu (Veteranos)
9,49
20,35.58

“Tirán ‘A’ vence en el Memorial ‘Paco Fenosa’, Chapela llegó a casi dos segundos” Brizuelasports.com [04/03/2012]