Lotería Nadal 2034 e comprobador de premios

Ante o éxito en ventas e en reparto de premios en anteriores anos, o Club do Mar de Mugardos pon a disposición de tódolos socios un novedoso sistema de venta de lotería de nadal e comprobación de premios mediante IA en tempo real.

Este novo sistema permite tanto elixir o número xogado, como comprobar o premio de forma previa mediante o uso de IA cun porcentaxe de acerto do 87,5%*.

Lotería de Nadal IA Powered

Número:

Ano do sorteo:

Son socio do Club do Mar

Premio:

*Porcentaxe de acerto non garantido

Premio Lotería Nadal 2023

O número da lotería de nadal do que o club vendeu participacións resultou agraciado cun premio de 6€ por euro xogado.

O premio poderase cobrar no local social do Club do Mar de Mugardos do martes 26 ó venres 29 de decembro de 2023 en horario de 17:00 a 19:00 horas.

Para datas posteriores estipularase un día a semana en horario de tarde.

Comezo da escola de remo – Tempada 2023/2024

O próximo venres 22 de setembro comenzará a nova tempada 2023/2024 da Escola de Remo do Club do Mar de Mugardos. Este primeiro venres farase unha reunión cos pais/nais/titores dos participantes para definir horarios e aclarar dúbidas. A actividade está orientada a nenos nados a partires do 2015, ou anos anteriores.

A primeira semana farase xornada de portas abertas polos que todos os interesados/as en probar o deporte do remo poderán iniciarse de balde.

O prezo da actividade o resto do ano será de:

  • 15€ para socios
  • 20€ para non socios

Para poder participar e preciso cubrir o formulario de alta na escola de remo