Resultado da “XXIII Bandeira Deputación Da Coruña”

Hoxe, 15 de Agosto, celebrouse no campo de regatas da Pobra do Caramiñal a “XXIII Bandeira Deputación da Coruña”. Na proba deportiva participaron os clubs da provincia da Coruña que compiten tanto na LGT-A como na LGT-B.

O día presentouse nubrado con algún chuvasco ocasional e vento do sudoeste que facía incomoda a remada pero non producía desigualdades nos carreiros do campo de regatas.

Na primeira tanda, composta polos clubs da LGT-B, impúxose Perillo con claridade entrando a 20 segundos de Puebla e entrando xa a case un minuto Esteirana e Rianxo.

Na segunda tanda destacáronse desde o comezo Cabo e Mugardos seguidos duns igualadísimos Ares e A Cabana que marcaron practicamente o mesmo tempo en todas a viradas. Finalmente facíase coa tanda Cabo seguido de Mugardos a 12 segundos. A pugna entre Ares e A Cabana resolvíase a favor da Cabana por 35 centésimas na liña de meta.

 

 

 

 

 Na clasificación final ningún dos equipos da LGT-B conseguiu superar os tempos da segunda tanda quedando a clasificación da seguinte forma:

  1. C.R. Cabo da Cruz
  2. C.M. Mugardos
  3. C.R. A Cabana
  4. C.R. Ares
  5. C.R. Perillo
  6. C.R. Puebla
  7. A.D. Esteirana
  8. C.R. Rianxo

A destacar a gran progresión da traíña mugardesa nas últimas semanas que lle está levar a conseguir os mellores resultados da tempada.

Tempos [todoremo.com]

“Las traineras de A Cabana, Ares, Mugardos y San Felipe, en A Pobra” La Voz de Galicia [14/08/2012]
“Mugardos logró la segunda plaza en aguas de A Pobra” Diario de Ferrol [16/08/2012]

 

Deixa unha resposta