Escola de verán 2017

Esta semana comeza a escola de verán do Club do Mar de Mugardos para o periodo do 5 de xullo ó 30 de agosto:

  • IDADE : nenos/as nados entre o 2000 e o 2008.
  • HORARIO : luns, mércores e venres de 11.00h a 13.00h.
  • PRAZO DE INSCRICIÓN : do 21 de xuño ata o 7 de xullo (para a primeira quenda).
  • IMPRESCINDIBLE SABER NADAR

Programa de actividades previsto:

  • Iniciación ó remo.
  • Iniciaciación á chave.
  • Obradoiro de estrobos.
  • Saída/excursión polas proximidades do club.
  • Regata-encontro con outras escolas.
  • Actividade “Superámonos” cos usuarios de ASPANEPS-Fene.
  • Clausura conxunta coa escola de BTT Pulpeiros.

Tarifas socios:

  • Nenos pertencentes á escola de remo: GRATIS.
  • Nenos pertencentes a comunidade autónoma de Galicia: 10€/mes (inclúe ficha federativa, seguro e camiseta).
  • Nenos pertencentes a outras comunidades autónomas: 10€/mes (inclúe ficha federativa, seguro e camiseta).

Tarifas non socios:

  • Nenos pertencentes a comunidade autónoma de Galicia: 15€/mes (inclúe ficha federativa, seguro e camiseta).
  • Nenos pertencentes a outras comunidades autónomas: 25€/mes (inclúe ficha federativa, seguro e camiseta) ou 40€ inscrición 2 meses.

O prazo para o segundo periodo de inscrición é de 17 o 31 de xullo.

Información e inscricións no Club do Mar (Cantón de Cora,16)
De luns a venres (19.00 – 20.00h), ou por teléfono: 667 540 883 – 625 632 111.

Comezo da escola de remo no periodo de verano

O vindeiro mércores 6 de xullo comezará a escola de verán do Club do Mar e rematará o 26 de agosto.
O horario durante o período estival será de luns, mércores e venres de 11.00 a 13.00 horas.
A “Escola de Remo” está destinada a rapaces nacidos no 2007 e con anterioridade.

Para apuntarse poden facelo no local social do Club do Mar de Mugardos (R Cantón de Cora, num. 16. Mugardos) a partir do 22 de xuño en horario de tarde (18.30 a 22.00) ou ben enviando ó noso correo electrónico o seguinte formulario debidamente cuberto:

Ante calquera dúbida poden contactarnos no e-mail clubdomarmugardos@hotmail.com

Novo sistema de análise de rendemento biométrico


[Actualización 29/12/2014] Esta noticia evidentemente foi unha inocentada.


De cara a vindeira tempada o Club do Mar de Mugardos contará cun novo sistema de análise de rendemento biométrico incorporado nas súas embarcación e bicicletas.

A aparición de novas tecnoloxías nos últimos anos permite a obtención de moitísima e importantísima información para os adestradores, o que lles permite obter mellores resultados e unha mellor preparación de cara a tempada.

Este novo sistema conta con sensores de forza nos toletes ou nas bielas das bicicletas, xiroscopios e sensores GPS para obter a máxima información en cada momento. O software de intelixencia artificial e os sensores son parte dun desenrolo da Universidade de Illinois que mediante unha colaboración coa UDC ofrece estes sistemas as empresas e clubs en Galicia. O software  HAL-9000 (polas súas siglas en inglés Heuristically programmed ALgorithmic) é unha potente ferramenta capaz de analizar esta información en tempo real decidindo en cada momento cal é a mellor estratexia de cara á competición.


Ainda que non se fixo públco o sistema xa foi probado na regata da Concha

O software tamén conta cunha aplicación para móbil que instalase nos teléfonos intelixentes dos deportistas e monitoriza a sua actividade diaria e hábitos de alimentación, podendo desta maneira controlar mellor a preparación individual de cada un. A ferramenta HAL-9000 e capaz de tomar decisións polo ben dos integrantes da tripulación podendo advertir de condutas deportivamente contraproducentes ou hábitos de alimentación nocivos e en caso extremo chegando a descartar remeiros que contraveñan as directivas.

Nunha segunda fase de implantación, posiblemente de cara a tempada 2016, mellorarase o sistema con hardware IBM 7094  e con sensores biométricos con modo de funcionamento dúplex, capaces de recibir información e interactuar cos deportistas mediante descargas eléctricas de alto voltaxe. Incluso sería posible nesta fase prescindir da figura do entreador evitando así os bucles Hofstadter-Moebius sendo capaz o propio software de levar a cabo a preparación da tempada por él mesmo, sen intervención humana.

Para suavizar a resposta dos deportistas ante a posta en marcha do sistema, a interface vocal do mesmo contará coa voz dixitalizada do actual adestrador da traíña José Manuel Peláez “Pendo”.

Resultados Campionato Galego Outrigers 2013

Este pasado sábado, 22 de Xuño, celebrouse en Castrelo de Miño o “Campionato Galego de Outrigers” en categorías inferiores nos que os xoves remeiros do Club do Mar de Mugardos competiron nas categorías: 2X Infantil Feminino, 2X Alevín Masculino, 1X Infantil Feminino, 1X Infantil Masculino e 1X Cadete Feminino.

Os resultados acadados, entre os que destacan a prata no 2X infantil feminino e o bronce no skiff cadete feminino, foron os seguintes:

  • 2X IF: 2º Posto (Lupa e Vanessa).

  • 2X AM: 4º Posto (Brais e Raul).
  • 1X IF: 7º Posto (Marica).
  • 1X IM: 6º e 10º Posto (David e Adrián).
  • 1X CF: 3º Posto (Leticia).
Parabéns a todos eles polos resultados acadados.

Diario de Ferrol “Los clubes locales lograron más de veinte medallas en Castrelo do Miño” [25-06-13]

I Bandeira As Mariñas, 12 Horas de Cariño e Camp. de España de Remo Olímpico

Neste intenso verano, no que a competición se refire, temos outro fin de semana con bos resultados para o club do Mar:

Galería Fotográfica do Camp. de España en Sevilla

Camp. Galego Remo Olímpico, EDR 2012 e I Bandeira Sanxenxo

Outro fin de semana intenso para o Club do Mar na que se acumularon as competicións e a organización da EDR 2012:

    • Campionato Galego de Remo Olímpico Alevín, Infantil e Cadete 2012 na competición participaban 4 das xoves promesas do club acadando un gran resultado, quedando todos eles entre os 6 primeiros postos:
      • Skiff alevín [1x]: Jesús subcampión galego.
      • Skiff infantil [1x]: Marica 4º posto.
      • Skiff cadete [1x]: Mónica 4º posto e Leticia 6º posto.

Foto da regata preparatoria en Castrelo de Miño [13/05/2012]

“Éxito de los skiffs de Mugardos” La Voz de Galicia [05/07/2012]

    • EDR 2012, levouse a cabo a ruta “Entre Dúas Rías 2012” na que participaron o redor duns 300 ciclistas que recorreron os carreiros e pistas de Ares e Mugardos para acabar cunha churrascada no pavillón de Ares a exitosa ruta.

       
      Máis fotos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16

Vídeo de LANDEIRAXTR

 

 

I Bandeira de Sanxenxo, nesta primeira regata da LGT-A a traíña do club comezou con mal pe o ser descualificada por deixar a derradeira boia por estribor para resarcirse na segunda xornada acabando segunda na súa tanda e conseguindo o 6º posto.

“Traíñas en xogo” co resumen das regatas do fin de semana.

“Los locales no estuvieron finos en el debut de la competición en Sanxenxo” Diario de Ferrol [01/07/2012]

“Mugardos logra resarcirse de su mal inicio y termina sexto en Sanxenxo” Diario de Ferrol [02/07/2012]

Fin de semana intenso de competición

Este vindeiro fin de semana (19 e 20 de Maio) será intenso para os integrantes do Club do Mar de Mugardos que disputarán probas en tódalas disciplinas deportivas nas que compite a entidade.

En remo olímpico o Club do Mar competirá na “XX Copa Primavera”, realizada no embalse de Trasona, contra outros 36 clubs de remo de toda España. No evento participarán Jesús Rodríguez Barcia en skiff na categoría alevín masculino e Marica López Otero tamén en skiff na categoría infantil feminino.

En remo de banco fixo a tripulación senior do Club do Mar disputará en Rianxo o sábado e o domingo o “Campeonato Territorial Norte de Traineriñas”.

Na sección de ciclismo nada menos que 14 integrantes participarán na durísima ruta de “Los 10000 del Soplao” na que compiten máis de 8000 deportistas. Na modalidade de BTT recórrense uns durísimos 315 km nun terreo moi escarpado.

Foto da regata en Castrelo de Miño [13/05/2012]

Actualización [22/05/2012]