Competición LGTA (xornadas 2ª e 3ª)

Neste pasado fin de semana (5 e 6 de xullo) deu comezo a competición regular da LGTA na que xa se deu paso a competición en liña. O sábado disputouse a III Bandeira Nauta en Sanxenxo, compartindo escenario coa regata da Liga San Miguel, e o domingo a XXXI Bandeira Concello do Grove.

A regata do sábado estivo marcada por un mar moi movido con ondas rotas e provintes de varias direccións, o que fixo moi incomoda a remada das embarcacións. Estas condicións afectaron negativamente os tempos das rúas exteriores, sobre todo as horas máis próximas a baixamar que foi as 16.10. Na 1ª quenda Ares facía unha gran regata, adaptándose moi ben o estado do mar, e entrando a 21 segundos da traíña de Chapela. A traíña da Cabana entraba no último posto con grandes dificultades para manter o rumbo da embarcación.

Na 2ª quenda Samertolomeu pola rúa 1 mostrábase intratable e facíase coa vitoria, seguida de Vilaxoán e Amegrove. Entraba moito máis atrasada a traíña de Mugardos, pola rúa de fora, a máis dun minuto de Samertolomeu. A clasificación final quedaría 1º Samertolomeu, 2º Vilaxoán, 3º Amegrove, 4º Ares, 5º Chapela, 6º Mugardos, 7º Puebla e 8º A Cabana.

O domingo remouse a XXXI Bandeira Concello do Grove no porto deportivo de Pedras Negras. A condición do mar resultaba mellor ca do día anterior aínda que con refachos de vento de entorno 25 Km/H, un pouco máis intenso durante a 2º quenda.

A bandeira comezou coa disputa da regata da Liga Feminina, na que tras un problemático inicio no que Cabo da Cruz e Tirán non se decataban da baixada de bandeira e saían cun pequeno atraso. A orde de chegada separadas por cerca dun minuto cada traíña sería Samertolomeu, Cabo da Cruz e Tirán.

Na disputa da regata masculina na 2ª quenda Mugardos facíase con claridade co primeiro posto marcando un gran tempo, que lle permitiría disputar postos coas traíñas da 1ª quenda. A 25 segundos entraba Puebla, seguido de A Cabana e Chapela.

Na 1ª quenda Amegrove reinvidicabase na bandeira da casa e tras un primeiro longo en segunda posición facíase coa vitoria por diante de Samertolomeu. Por detrás entraban Vilaxoán e Ares cun tempo superior o marcado por Mugardos na anterior quenda. A clasificación xeral quedaba 1º Amegrove, 2º Meira, 3º Mugardos, 4º Vilaxoán, 5º Ares, 6º Puebla, 7º A Cabana e 8º Chapela.

Vendo os resultados das primeiras tres xornadas da LGTA, parece que estanse a formar 3 batallas: Samertolomeu e Amegrove na loita polo 1º posto; Mugardos, Vilaxoán e Ares na loita pola 3ª praza e Puebla, a Cabana e Chapela na loita por sair do posto de descenso directo.

Galería Fotográfica da III Bandeira Nauta en Sanxenxo [35 fotos]
Tempos da III Bandeira Nauta en Sanxenxo: LGT-A e Liga San Miguel
Galería Fotográfica da XXXI Bandeira Concello do Grove [49 fotos]
Tempos da XXXI Bandeira Concello do Grove: LGT-A e LGT Feminina


Retrasmisión da TVG da Bandeira de Sanxenxo


Traíñas en xogo do 06/07/2014

Presentación LGT 2014

Deu comezo este pasado sábado 28 de xuño a nova edición da LGT coa presentación da liga en Vila de Cangas, mediante unha regata en modalidade contrarreloxo. A regata acudiron os equipos da Liga A, Liga B e da Liga Feminina, a cal comeza este ano a sua andanza. Este ano a liga componse dos seguintes equipos:

Liga A

 

  • C.R. Amegrove
  • C.R. A Cabana
  • C.R. Chapela
  • C.R. Puebla
  • C.R. Vilaxoán
  • C.M. Mugardos
  • S.D. Samertolomeu
  • C.R. Ares

Liga B

 

  • Vila de Cangas
  • C.R. Rianxo
  • C.M. Bueu
  • Nautico de Boiro – Cabo B
  • A.D. Esteirana
  • C.C.D Cesantes
  • C.R. Mecos – Mondariz
  • C.R. Salgado – Perillo
  • C.R. Coruxo

Liga Feminina

 

  • S.D. Samertolomeu
  • Cabo de Cruz
  • S.D. Tirán

O comezo da temporada pechouse cun gran resultado da traíña do Club do Mar que acadou o 3º posto na Liga A, por detrás de Samertolomeu e Amegrove. A traíña de Samertolomeu saía en primeiro lugar da tanda sen referencias e mantiña un gran ritmo durante todo a regata alzándose co triunfo a 20 segundos do equipo de Mugardos e tan só a 3 de Amegrove, que pese a contar coas referencias do seus rivais, ó saír na derradeira posición, non foi capaz de alcanzar o tempo marcado por Samertolomeu.

Na tanda da Liga B facíase co primeiro posto Mecos seguido a 5 segundos de Bueu e a 10 segundos de Perillo. Os catro primeiros clasificados da Liga B mostraron un gran nivel ó superar en tempos o 5º clasificado da Liga A, Ares.

Na Liga Feminina repetía no 1º posto Samertolomeu, a 9 segundos de Cabo e a casi 2 minutos da traíña de Tirán.

Ó rematar a regata celebrouse un acto no que participaron entre outros o Xefe do Servicio de Deportes de Pontevedra Daniel Benavides, o Alcalde de Cangas José Enrique Sotelo. o Presidente da LGT Andrés Fernández e varios deportistas das tripulacións participantes na LGT.


Tempos da regata: Liga A, Liga B e Liga Feminina
Diario de Ferrol [29-06-2014] “Bronce mugardés en la regata inaugural de Primera División”

 

PC-Traíñas 2013


[Actualización 29/12/2013] Esta noticia evidentemente foi unha inocentada.


O club do mar acaba de firmar un convenio coa compañía de software “Bytes da Ría” para desenrolar un videoxogo de xestión deportiva sobre o mundo do remo.

O videoxogo que levará como título “PC-Traíñas 2013” porá ó xogador no papel de xestor dun dos equipos da LGT, tendo que xestionar tanto o apartado deportivo como organizativo da entidade.

Os xogadores terán que enfrontarse o reto de conseguir financiamento mediante empresas privadas ou subvencións publicas para así acadar o presuposto necesario para formar o seu equipo de ensoño.

No apartado deportivo terán que xestionar a canteira, fixaches, compra de material deportivo, desenrolo de novas tecnoloxías adicadas o remo e ampliación das instalacións do club. O xogo contará coas plantillas do ano 2013 de todos os equipos LGTA e LGTB incorporando a opción de realizar fixaches na ACT e ARC.

Un dos apartados esenciais da xestión dos equipos será a xestión da cantina de cada un dos clubs, influíndo a calidade do servizo e dos pinchos no estado de ánimo tanto dos socios como dos remeiros.

O xogo desenrolarase para as plataforma PC, PS4, Wii,  Android, Super Nitendo e Comodore e con el o Club do Mar pretende fomentar a participación no deporte do remo das novas xeracións.

Presentación da “III Bandeira Reganosa”

Este martes 23 de xullo presentouse no salón de plenos do concello de Mugardos a “III Bandeira de Traíñas Reganosa” patrocinada por Reganosa e organizada polo Club do Mar de Mugardos e a Liga Galega de Traiñeiras.

Ó acto de presentación foi presidido por D. Carlos Vales (Director de Operacións de Reganosa), D. Xosé Barcia (Alcalde de Mugardos), Dª. Pilar Díaz (Responsable de Deportes) e D. Guillermo Pereira Coto (Presidente do Club do Mar de Mugardos).
O acto tamén acudiron representantes dos diferentes grupos políticos municipais.

Na regata, que se disputará o próximo domingo 28 de Xullo as 12.00 horas, competirán os oito equipos que conforman a Liga A da LGT: Chapela, Amegrove, Samertolomeu de Meira, Cabo da Cruz, Vilaxoán, A Cabana e C.R. Mecos. A regata percorrera unha distancia de 5556 metros divididos en 4 longos, dende o peirao de Mugardos ata o peirao carboeiro de Ferrol aproximadamente.

Ó rematar a regata as 13.30 horas, como ven sendo tradición, realizarase unha churrascada no Club do Mar para celebrar con tódolos socios e xiareiros esta nova edición da Bandeira do Club.

Documentación da III Bandeira Reganosa [PDF 4,9 MB]

Presentación da LGT 2013

Este sábado, 22 de Xuño, celebrouse en Santiago de Compostela, no centro comercial Area Central, a presentación da LGT para este ano 2013.

O acto comezou as 19.00 horas repetindo como presentador Terio Carrera e nel participaron D. Jose Juan Duran Hermida Presidente de Portos de Galicia, o Presidente da LGT D. Diego Portela e o Subdirector Xeral de Deportes D. Carlos Gómez Martínez. O acto tamén acudiron alcaldes e concelleiros dos pobos dos equipos participantes e entre eles o Concelleiro de Deportes de Mugardos D. Xosé Antón Bouza Rey.

A liga deste ano estará composta por 17 equipos (8 na Liga-A e 9 na Liga-B) destacando a incorporación do C.R. Cabo da Cruz B e a baixa de último hora do C.R. Muros por motivos económicos.

Despois da boa tempada realizada polo Club do Mar de Mugardos o obxetivo do Club e manter a categoría de cara o ano que ben, para seguir así na elite do remo galego.

A principal novidade da liga de este ano e a creación dunha liga feminina de trainerillas na que competirán sete equipos.

 

Faro de Vigo “Traineras listas para surcar las aguas” [21-06-2013]

 

Programa verán 2013

Actualizacion: O vindeiro martes 25 de Xunio de 18.30 PM a 20.00 PM
inscrición para a escola de verán do Club do Mar no local social da entidade.

Xuño e Xullo

  • Xogos Populares: Comezo do Torneo de Chave verán 2013. 
  • Deporte base: Escola de Remo de verán do Club do Mar de Mugardos.
  • Xogos populares: Remate do Torneo de chave “ Verán Club do Mar” coincidindo cas festas locais.
  • Bicicleta: O domingo 30 de xuño: Rota de BTT “Entre Dúas Rías 2013”.

  • Traíñas: Participación da Traíña do Club do Mar de Mugardos na 1ª división da Liga Galega de Traíñas. 
  • Festa e gastronomía: O 13 de xullo: Festa do Polbo, no peirao de Mugardos, posto de venda de polbo, empanada e produtos promocionais do Club. 
  • O 28 de xullo, III Bandeira de Traíñas” REGANOSA” Liga Galega de Traíñas, dende ás 12 h. no peirao. Ás 14 h. churrascada popular e navallas á plancha diante do Club do mar.

Agosto

  • Deporte base: Escola de Remo de verán do Club do Mar de Mugardos.

  • Traíñas: Participación da Traíña do Club do Mar de Mugardos na 1ª división da Liga Galega de Traíñas.
  • O 25 de agosto, sábado, “IV FESTA DE VERÁN DO CLUB DO MAR”:
    Ás 9,30h.: III Rota de BTT “ Verán Club do Mar”.Maiores de 6 anos. Saída e chegada ao Club do Mar.
    Dende as 13 h. diante do Club: Churrasco e navallas á plancha cachelos, pan e viño, ata rematar existencias. Amenizado por grupo de música.
    Ás 17 h. comezo dos xogos populares (cucaña e tirada de corda) e deportivos.
    Dende as 20 h. música e festa ata estoupar!.

Resultado da II Regata Cáritas en Vilaxoán

Hoxe, 13 de xaneiro, realizouse en Vilaxoán a “II Regata Cáritas” organizada polo C.R. Vilaxoán co obxectivo de recadar cartos para Cáritas.

Na regata participaron 18 traíñas, 17 masculinas e unha feminina, que puideron comprobar o seu estado de forma contra o resto de rivais de cara a nova temporada 2013. A destacar a participación das traíñas de Muros e Cabo da Cruz B, novas incorporacións a liga deste ano.

 
 
 

O percorrido de 5500 m de forma triangular partía do porto de Vilaxoán, viraba no múelle de Ferrazo e no illote de A Gorma para rematar no punto de partida.

E canto a resultados a S.D. Samertolomeu de Meira facíase co primeiro posto seguido moi de preto de Chapela e Cabo da Cruz, seguidos do resto de equipos a un ritmo un pouco máis baixo:

  1. Meira 16.12,23
  2. Chapela 16.14,20
  3. Cabo A 16.18,03
  4. Tirán A 16.25,97
  5. Amegrove A 16.40,62
  6. Chapela B 16.43,30
  7. Cabo B 16.44,11
  8. Tirán B 16.47,41
  9. C.M. Mugardos 16.51,76
  10. Vilaxoán 16.53,72
  11. Mecos 16.59,51
  12. Rianxo 17.02,82
  13. Muros 17.16,66
  14. Cesantes 17.19,86
  15. Coruxo 17.21,34
  16. Amegrove B 17.53,05
  17. Puebla 18.24,12
  18. Cabo (Tripulación Feminina) 18.56,16


Tempos e fotos [Todoremo.com]

 

Recopilación de regatas históricas en el No-Do

La reciente apertura de Filmoteca española de los archivos del No-Do mediante la plataforma digital RTVE nos permite el acceso a los vídeos de un gran número de regatas de traineras disputadas entre los años 1943 y 1975 que hasta ahora presentaban un difícil acceso para los aficionados al remo de banco fijo.

A continuación listamos una selección de No-Dos que incluyen imágenes de las regatas de la época, en las cuales destaca la evolución en la técnica del remo en estas décadas:

Campeonatos de España de traineras

Copa del Generalísimo (A Coruña)

Bandera de la Concha (Donostia-San Sebastián)

Otras regatas

* Participación de traineras mugardesas, ver nuestra página sobre historia para más información.

O Club do Mar porá en venta a súa traíña


[Actualización 29/12/2012] Evidentemente as traíñas inchables non existen e o artigo era unha incentada.


Ante falta de espacio de almacenamento das instalacións deportivas da entidade, o que ven restrinxindo as actividades deportivas do Club, a xunta directiva da mesma decidiu vender a traíña “Bestarruza”. Esta decisión tomouse despois de evaluar todas as posibles solución; pero non se atopou outra alternativa ó problema do espacio. Con esta decisión aproveitarase a forte demanda do novo modelo da traíña de Amilibia conseguindo recuperar a inversión realizada o ano pasado na compra da embarcación.

Este feito non suporá a renuncia a participación do Club do Mar de Mugardos na máxima categoría da LGT, se non que se apostará por un novo modelo de traíña semirríxida que esta sendo desenrolada polo propio Club e os afamados esteleiros de Monforte de Lemos “Semirrixidas Monfortinas S.L.”. Este novo deseño de traíña permitirá un mellor aproveitamento das instalacións o constar dunha parte inchable, a cal poderá ser desinchada para gardar a traíña, e unha parte ríxida que dotará a embarcación da rixidez necesaria para a competición.
Para conseguir estes obxectivos utilizaranse novos materiais construtivos empregando o uso da nanotecnoloxía, concretamente o casco da embarcación farase con nanotubos de carbono, sendo a primeira embarcación de remo en empregar esta tecnoloxía.

Os nanotubos de carbono son as fibras máis resistentes que se poden fabricar hoxe en día sendo 100 veces máis resistentes que o aceiro e 6 veces máis lixeiros, mentres que a rixidez estrutural será acadada mediante o emprego de kevlar co que según as estimacións cos que traballa o estaleiro sería posible diminuír o peso das traíñas de competición.

Types of Carbon Nanotubes

Tempos do descenso de Ares

Hoxe, Domingo 23 de decembro de 2012, disputouse o descenso organizado polo C.R. Ares; o primeiro da tempada despois da suspensión do descenso de Coruxo. Ante o forte vento e as malas condicións para regatear o descenso trasladouse dende a Ría de Ares a de Ferrol, onde se remou saíndo de Mugardos ata á Cabana e rematando no punto de saída.

 

Na regata participaron as traíñas de Amegrove, Ares A, Ares B e Mugardos facéndose a traíña do Club do Mar co primeiro posto cun tempo de 20.16,50.

 

 

Os tempos foron on seguintes:

Traíña
Virada
Chegada
Ares B
10.07,00
22.31,40
Ares A
9.57,00
22.31,80
Mugardos
9.03,00
20.16,50
Amegrove
9.31,00
21.03,50

 

Diario de Ferrol “Mugardos venció en la regata aresana” [28/12/2012]