O Club do Mar firma un convenio para conseguir a vacina da COVID


Aclaración 29/12/2020: Esta artigo foi a inocentada de este ano. 
¡Feliz día dos inocentes a todos! 


O Club do Mar de Mugardos acadou a firma dun convenio co centro estatal Gamaleya ruso para o suministro da vacina da COVID19 “Sputnik V” ós seus remeiros/as, de este xeito a entidade asegurase a participación na vindeira tempada da LGT 2021.

Mediante este convenio a entidade mugardesa pasa a formar parte do ensaio clínico da vacina Sputnik V que o prestixioso laboratorio estatal leva a cabo en Europa para a certificación ante a Axencia Europea de Medicamentos.

Este convenio constará de dúas fases:

Na primeira fase os remeiros/as da entidade participaran no ensaio clínico e as embarcación serán rotuladas coa publicidade da vacina, así mesmo reproducirase o himno ruso cando calquera das embarcación do club acade unha bandeira.

Na segunda fase o Club do Mar colaborará co centro Gamaleya para desenrolar unha nova iteración da vacina que non so protexa contra a COVID, senón que permita mellorar o rendemento dos deportistas mediante a inserción de ADN recombinante a través dun vector vírico. Nas novas secuencias de ADN utilizaranse instrucións xenéticas procedentes de animais que posúan adaptación físicas beneficiosas para o desempeño deportivo, como a capacidade de almacenamento de osíxeno muscular por parte dos mamíferos mariños ou a velocidade de reacción muscular das gambas.

Apertura do ximnasio para os socios tralo COVID19

A partir da vindeira semana (29 de xuño) permitirase o uso do ximnasio por parte dos socios, seguindo os protocolos sanitarios preceptivos (DOG 115 de 13 de xuño de 2020) e con horario preestablecido para cumprir co aforo da instalación.

Os interesados deberán enviar un correo electrónico a secretaria@clubdomarmugardos.com indicando teléfono de contacto e horario no que pretenden usar as instalacións e esperar confirmación da directiva para empezar a empregar as instalacións.

Nota non competición COVID

Este ano 2020 o Club do Mar de Mugardos non competirá na LGT debido ó COVID-19, que fai imposible a participación de moitas das súas remeiras e remeiros pola sua situación laboral ou persoal.

Coa esperanza de volver pronto as competicións e ver de volta as nosas embarcacións na auga aproveitamos para comunicar o noso especial agradecemento tanto a patrocinadores como socios polo seu apoio nestes complicados tempos.

Medidas ante o Coranavirus

Ante a epidemia de Coranavirus e seguindo os consellos sanitarios emitidos nas últimas horas polas administracións públicas a directiva do Club do Mar de Mugardos informa das seguintes medidas:

  • Cancelación da andaina programada para o próximo día 22 de marzo.
  • Peche do ximnasio da entidade para os socios.

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA 08/03/2020

Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS

De conformidad co acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 31 de xaneiro de 2020, convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, no local social do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 8 DE MARZO DE 2020 ás 11.00 horas, en primeira convocatoria; e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, co gallo de deliberar e, no seu caso, adoptar acordos sobre os asuntos incluidos na seguinte: 
ORDE DO DÍA
  1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
  2. Informe económico do ano 2019.
  3. Informe deportivo e de actividades do ano 2019.
  4. Situación actual do club e proxectos para a tempada 2020.
  5. Proposta da directiva para a modificación da cuota dos socios/as.
  6. Rogos e preguntas.

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS
A directiva do Club do Mar de Mugardos convoca Xunta Xeral Extraordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, o vindeiro 8 de marzo de 2020 ó remate da Xunta Ordinaria previa, co gallo de tratar a seguinte orde do día:

1. Solicitude dun préstamo aentidade“ABANCA” pola cuantía de 7.000€ para a adquisición dunha furgoneta para a entidade.
2. Facultar a Don GUILLERMO JOSÉ PEREIRA COTO, na súa condición de presidente, para a firma do citado préstamo.
Mugardos, a 21 de febreiro de 2020.

O PRESIDENTE

Asdo. Guillermo Pereira Coto