Presentación da LGT

Onte, sábado día 18 de Xuño, celebrouse en Rianxo a presentación da “Liga Galega de Traiñeiras” na súa edición 2011 a que acudiron os 14 clubs participantes e un bo número de espectadores.
O cedo da hora para levar as traíñas a expoñer no evento e a regata de veteranos en honor a Xoubeiro, histórico patrón de Rianxo, fixo que varios clubs se animaran a entrear en Rianxo antes do comezo da presentación.

 

 

O acto de presentación celebrado na Praza de Castelao comezou as 21.30 horas e nel presentouse o calendario da liga, a novidade de un maillot amarelo que será lucido polo patrón da traíña que encabece a clasificación da liga e presentáronse as 14 tripulacións que remarán na liga de este ano. Destando como principal novidade a participación do Club do Mar de Mugardos por primeira vez na LGT.

 Na presentación tamén interviñeron Don Diego Portela presidente da liga e Don José Ramón Lete Lasa secretario xeral para o deporte para concluír o acto co sorteo das quendas para a primeira regata da liga que se disputará o día 26 de Xuño en Chapela, quedando as quendas da seguinte forma:

  • Quenda 1: Ares, Mecos, Amegrove
  • Quenda 2: Perillo, Mugardos, Esteirana
  • Quenda 3: Coruxo, Chapela, A Cabana, Cabo da Cruz
  • Quenda 4: Meira, Puebla, Vilaxoán, Rianxo
 

O acto presentado por Terio Carrera e amenizado polo cómico Federico Pérez Rey, Josito en “Padre Casares“, foi dinámico e ameno en todo momento dando como resultado un gran acto de presentación, tan so ensombrecido pola hora en que se levou acabo. O tardío da hora fixo que os remeiros tiveran que pasar practicamente todo o día en Rianxo e a última hora notábase o cansancio en moitos deles.


Nova páxina da LGT
Breve resumo na TVG [Vídeo]

 

I Bandeira Águila (Sanxenxo)

Hoxe, domingo 12 de Xuño, celebrouse en Sanxenxo a I Bandeira Águila, última regata antes de que comece a “Liga Galega de Traiñeiras” coa súa presentación o vindeiro día 18 en Rianxo. Na Bandeira competiron 14 clubs (13 galegos e un valenciano):

  • A.D. ESTEIRANA
  • AMEGROVE C.R.
  • C.D. UNIVERSIDAD POLITÉCNICA DE VALENCIA
  • C.M. MUGARDOS
  • C.R. ARES
  • C.R. CABO DA CRUZ
  • C.R. CHAPELA
  • C.R. CORUXO
  • C.R. MECOS
  • C.R. PERILLO
  • C.R. PUEBLA
  • C.R. VILAXOÁN
  • S.D. SAMERTOLAMEU
  • S.D. TIRAN

O campo de regatas atopábase en excelentes condicións cunha rúas moi igualadas e tan so unha lixeira brisa no mar. O longo da mañá o ceo estivo parcialmente nubrado o que non desanimou o numeroso público que disfrutou da regata, tanto dende o Club Nautico de San Xenxo como dende a praia de Silgar. 


Ver Campo regatas Bandeira Águila 2011 no mapa

Mugardos competiu na primeira quenda na que se impuxo despois dun duro man a man con Puebla finalizando 11º a Bandeira cun tempo de 1 minuto 18 segundos 67 centésimas.


Tempos “Todoremo.com”

 

Descenso da Lanzada

Hoxe o Club do Mar de Mugardos volveu a competir cunha traiña por primeria vez desde fai 20 anos, sen dúbida un gran día para o noso club. A competición foi o “Descenso da Lanzada” no porto de Pedras Negras (San Vicente do Mar) unha das regatas non puntuables preparatorias para a Liga Galega de Traiñeiras, que comezará a finais de xuño.

O tempo acompañou a regata con sol e vento frouxo aínda que con algo de ola de mar de fondo, entorno os dous metros de ola.
O resultado do Club do Mar foi o seguinte por tempos, tendo en conta que a traiña estaría descalificada por tomar a segunda baliza por estribor:

Posición
Club
1
S.D. Tiran
2
Amegrove C.R.
3
C.R. Cabo da Cruz
4
C.R. Meira
5
C.R. Vilaxoán
6
C.R. Chapela
7
C.R. Perillo
8
C.R. Mecos
9
S.D. Tiran “B”
10
C.R. Coruxo
11
C.R. Rianxo
12
C.R. Puebla
13
A.D. Esteirana
14*
C.R. Mugardos
15
Amegrove C.R. “B”
16
S.D. Tiran “Veteranos”
17
C.M. Bueu “Veteranos”
18
C.R. Cesantes

Tempos “todoremo.com”
Galería Fotográfica “todoremo.com” (362 fotos)

 

O Club do Mar competirá na LGT esta tempada

Esta tempada o Club do Mugardos comeptirá na “Liga Galega de Traiñeiras” xunto con outras trece traiñeiras. Esta é a primeira vez desde os anos 90 na que o Club do Mar saca traiñeira a competición, ainda que todos estes anos moitos remeiros formados no Club do Mar bogaron tanto en equipos da Liga Galega como da Liga Vasca ou na actual Liga ARC.

O Club do Mar espera facer unha boa tempada e acadar unha digna posición ainda que sabemos que será dificil ó ser o noso primeiro ano; pero non nos falta ilusión e ganas de competir.
As traiñeiras que competirán este ano son as seguintes (a lista pode estar suxeita a cambios de última hora).

  1. A.D. ESTEIRANA
  2. C. REGATAS SALGADO-PERILLO
  3. C.R. A CABANA
  4. C.R. AMEGROVE-INTERRIAS
  5. C.R. ARES
  6. C.R. CABO DA CRUZ
  7. C.R. CHAPELA
  8. C.R. CORUXO
  9. C.R. MECOS
  10. C.R. PUEBLA
  11. C.R. VILAXOAN
  12. CLUB DO MAR MUGARDOS
  13. NAUTICO DE RIANXO
  14. S.D. SAMERTOLAMEU