Participación das remeiras e remeiros do Club do Mar de Mugardos no programa da TVG Bamboleo con data 06/08/2022 22:00
Presentación da VI Bandeira Reganosa de Traíñas
Hoxe, 28 de xulio, realizouse na Casa do Concello de Mugardos o acto de presentación da VI Bandeira Reganosa de Traíñas. A bandeira disputarase o vindeiro sábado 30 as 8.00 horas no peirao de Mugardos. Na proba pertencente a Liga Galega de Traiñeiras participaran as 11 traíñas que disputan a Liga A.
No acto de presentación participaron Lucía García (Directora de Administración de Reganosa), Mónica Martínez Regueiro (Concelleira da Comisión de Benestar, Igualdade e Sanidade do Concello de Mugardos) e Guillermo Pereira Coto (Presidente do Club do Mar de Mugardos), tamén asistiu Paula Morgade Carnero (Concelleira de Iniciativa Cidadá de Mugardos).
“El Diario de Ferrol” faise eco da participación do Club na LGT
“El Diario de Ferrol” faise eco na súa edición do 20 de xaneiro do 2011 da participación do Club do Mar de Mugardos na Liga Galega de Traiñeiras (LGT). No artigo tamén se comenta a participación dos equipos da zona (Ares e A Cabana), as baixas deste ano na liga e a problemática coa inscrición de Mecos fora de prazo.