O Concello de Mugardos e o Club do Mar organizan unha homenaxe a Pepe Deus

Placa adicada ó enxeñeiro D. José Deus López

O domingo ás 12.00 horas no Cantón de Cora descubrirase unha placa na honra do enxeñeiro D. José Deus López

O evento está organizado polo Concello de Mugardos conxuntamente co Club do Mar de Mugardos. O alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, descubrirá a placa na honra deste mugardés ilustre no edificio social do Club do Mar o próximo domingo 27 de marzo ás 12.00 horas.

Noticia na web do Concello de Mugardos

Noticia sobre a vida e éxitos de José Deus López na Voz de Galicia 15/06/2021

Ruta BTT solidaria con Asfedro

O próximo domingo 18 de decembro realizarase a “I Ruta BTT solidaria con Asfedro:

  • Ruta de iniciación á BTT para nenos e familias, cun percorrido entorno ós 12-14 Km. A idade mínima é de 5 anos e asimesmo é imprescindible un bo manexo da bicicleta ó discurrir a ruta por terreo non asfaltado.
  • A ruta sairá neutralizada as 10.15 horas dende o local do Club do Mar de Mugardos para realizar a saída as 10.30 diante do edificio do Concello de Mugardos.
  • O prezo da inscrición é de 5€, destinados integramente a Asfedro.
  • Para inscribirse pode empregar o seguinte formulario de inscrición ou facelo tanto na cantina do Club do Mar de Mugardos como na sede de Asfedro.
  • O día da ruta tamén será posible inscribirse no Club do Mar polo que aconsellamos ós interesados en inscribirse ese día que acudan con antelación para evitar retrasos na saída da proba.