O próximo día venres 24 de maio realizarase unha limpeza na ribeira de Mugardos, nas zonas do porto e da praia da Bestarruza. A principal finalidade é concienciar a a poboación, facendo especial fincapé nos nen@s de idade escolar, da necesidade do especial coidado dos nosos hábitats mariños e intermareais.
A sección de Actividades Subacuáticas atopa unha valiosa colección de cervexa antiga
Aclaración 29/12/2018: Esta artigo foi a inocentada de este ano.
¡Feliz día dos inocentes a todos!
Esta mañá, os participantes nun dos bautismos de mar da recén constituída Sección de Actividades Subacuáticas do Club do Mar de Mugardos, atoparon durante a súa saída unha importante colección de cervexas antigas no fondo da ría.
Durante a inmersión atopouse unha gran caixa metálica repleta de botellíns antiga cervexa perfectamente conservada, especúlase que a cervexa puido ser empregada na celebración da botadura do superpetroleiro Arteaga no ano 1972 polo estaleiro fenés de Astano.
A caixa metálica sería empregada para manter a cervexa fría mediante a súa inmersión na auga do mar desde o propio petroleiro.
Segundo expertos locais consultados, a cervexa aínda perfectamente precintada, podería acadar importante sumas na súa puxa (miles de euros por botellín), pois a baixa temperatura de conservación no fondo mariño permitiría unha lenta e única fermentación da bebida engadindo aromas e sabores mariños ó prezado beberaxe.
Esta previsto abrir un par destas excepcionais botellas nas precampanadas que organiza o Club do Mar de Mugardos o domingo 30 as 12.30 horas na cantina da sociedade.
Xornada de mergullo o 22/09/18
O próximo día 22 de setembro as 11.00 horas realizarase na cantina do Club do Mar de Mugardos unha xornada sobre submarinismo e bioloxía mariña co obxectivo de comezar as actividades da nova sección de actividades subacuáticas.
A xornada comezará cunha charla na que trataranse os seguintes temas:
- Xeografía marítima da Ría de Ferrol (15 min).
- Lexislación sobre peca marítima de recreo en aguas interiores, facendo fincapé na pesca submarina (20 min).
- Especies mariñas de interese que habitan as rías galegas. (1 hora 20 min).
A hora prevista de finalización da charla será as 13.00 horas e os prezos son os seguintes:
- 3€ para as persoas non socias.
- 2€ para os socios do Club do Mar.
A partir das 13.00 horas realizaranse bautismos de mergullo básico dende terra ata 2 metros de profundidade, o custe desta actividade será:
- 15€ para as persoas non socias.
- 10€ para os socios do Club do Mar.
Recordar que a cota de socio do Club do Mar é de 3€ ó mes, o que conleva descontos nas actividades do club e o uso da sala de fitness da entidade.