Campionato Galego de Bateis 2026
O sábado, día 11/04/2026, disputouse na Pobra do Caramiñal o Campionato Galego de Bateis. O campionato previsto para disputarse a dobre xornada, sábado clasificatorias e domingo finais, disputábase finalmente nunha única xornada por mor da alerta meteorolóxica, realizándose as clasificatorias pola mañá e as finais pola tarde do mesmo sábado.
O Club do Mar competía coas seguintes tripulacións:
- Alevín másculina
- Infantil feminina
- Cadete feminina
- Xuvenil masculina
- Absoluta feminina
- Absoluta masculina
Conseguindo o pase para a final as tripulación alevín e xuvenil.





Na final alevín masculina os rapaces do equipo do Club do Mar conseguían a medalla de prata cun tempo de 03:10,94 a 8” do batel de Samertolomeu de Meira e por diante de Rianxo.


Os deportistas xuvenís tamén conseguían igualar o resultado dos alevíns e facíanse tamén coa medalla de prata cun tempo de 09:43,58 a 2” de Cabo da Cruz e por diante de Rianxo.




Nos medios de comunicación:
Diario de Ferrol 13/04/2026 – Las tres platas de Mugardos y A Cabana
Bandeiras de Bateis 2026

Danos no material do Club do Mar tralo paso da borrasca Harry
Esta mañá debido ó paso da borrasca Harry, as nosas embarcacións e as instalacións sufriron danos importantes.
Esto é algo que se ven repetindo ano tras ano, debido a falta de espacio en condicións onde poder gardar as embarcacións. É unha demanda que vimos facendo dende fai moito tempo.
No nos queda máis que seguir traballando día a día como o vimos facendo para que tanto as nenas e nenos como maiores poidan practicar o deporte do remo, que é o que gústanos facer.






Escola de remo tempada 2026
Escola de Verán 2025
V Bandeira de Bateis Concello de Mugardos
Recepción no Concello de Mugardos
O pasado venres, 10 de maio de 2024, a corporación municipal do Concello de Mugardos recibía no salón de plenos do concello a tripulación alevín feminina do Club do Mar de Mugardos que acadou o bronce no Campionato de España de Bateis do 28/04/2024.
No acto o Alcalde D. Juan Domingo de Deus Fonticoba e o Concelleiro D. José Miguel Mahía Prados entregaban a tripulación do club unha bandeira conmemorativa co escudo da vila.







Resultados Campionato de España de Bateis
O pasado domingo 28/04/2024 o Club do Mar de Mugardos competiu no campionato de España de Bateis, disputado na Pobra do Caramiñal, tras clasificar as tripulacións absoluta feminina e alevín feminina.
As rapazas da categoría absoluta competían contra Kaiku, Mecos, Arraun e Castropol na eliminatoria e remataban no cuarto posto quedando fora dos postos que daban o pase a final A.
Mellor resultado conseguía a tripulación alevín feminina que clasificabase segunda na eliminatoria do sábado para facerse coa medalla de bronce na final do domingo.


Resultados Campionato Galego de Bateis
O Club do Mar de Mugardos competiu o pasado 21/04/2024 no Campionato Galego de Bateis disputados na Pobra do Caramiñal cos seguintes equipos:
- Alevín Feminino
- Absoluto Feminino
Conseguindo clasificarse para o Campionato de España de Bateis con ámbolos dous equipos, tras acadar un 4º posto na categoría Absoluta Feminina e alzándose coa prata na categoría Alevín Feminino.
![[2024] 2º Posto - Alevín Fem - Cpto Galego Bateis](https://www.clubdomarmugardos.com/wp-content/uploads/2024/04/439741232_920551476535779_8071033996714649537_n-1024x567.jpg)




