Está pasado domingo a traíña masculina do Club do Mar de Mugardos e a traíña feminina do Club do Mar de Mugardos – A Cabana participaron no descenso organizado pola S.D Samertolameu de Meira acadando as rapazas o mellor tempo entre as mulleres cun tempo de 25’02”74”’ e os homes o 13º posto con 22’22”63”’.
Entrevista en “El Correo Gallego” co patrón da traíña da Cofradía de Pescadores de Mugardos, 07/09/1949
Ante las regatas de productores
Sobre las tranquilas aguas de la ría ferrolana se desliza una trainera, cuyo patrón va marcando rítmicamente la “boga”. Sentí curiosidad por hablar con él y lo conseguí, aprovechando un pequeño descanso.
— ¿Se llama?.
— Juan …
Y antes de proseguir un hombre de la dotación exclamó: “El Xurelo”.
— ¿Se preparan ustedes?
— Para la regata de productores que con carácter nacional se celebrará en la bahía coruñesa.

— ¿Ha regateado muchas veces?
— Siete.
— ¿Quedando?
— Siempre en primer puesto.
Continuar lendo “Entrevista en “El Correo Gallego” co patrón da traíña da Cofradía de Pescadores de Mugardos, 07/09/1949″XIX Regata Contrarreloxo Cabo da Cruz, 20/02/2022
Las Famosas Regatas de Traineras en el Cantábrico
Artigo par a revista “Mundo hispánico” con data 01/08/1948 onde se fai un repaso a historia das competicións de traíñas no Cantábrico e os primeiros campionatos de España de Traíñas, acompañada con fotografías de gran calidade da época. A destacar a cantiga da primeira páxina onde se nomea a Mugardos.
“Nosa señora d’a Barca
Dánolo vento de popa
Que somos os de Mugardo(s)
Traemos a vela rota.” *

Las famosas regatas de traineras en el Cantábrico / Porriño 1948
Continuar lendo “Las Famosas Regatas de Traineras en el Cantábrico”Traíña conxunta feminina C.M. de Mugardos – C.R. A Cabana Ferrol
Este ano o Club do Mar de Mugardos competirá de forma conxunta xunto o C.R. A Cabana Ferrol na liga feminina de traíñas.

Esta unión permitirá ós dous clubs fortalecer as súas bancadas de cara a entrante tempada, así como beneficiarse da experiencia e recursos de ámbolos dous clubs.
A participación conxunta restrinxese a competición na LGT, no resto de competicións do calendario (batel, traineriña e banco móbil) as dúas tripulacións enfrontaranse en cadansúa embarcación.
La Voz de Galicia – “Mugardos y A Cabana se unen en una nueva trainera femenina”
Liga Galega de Traiñéiras – “30 PRE-INSCRITOS PARA A TEMPADA 2022”
Carteis das Bandeiras de Traíñas 2021


O Club do Mar firma un convenio para conseguir a vacina da COVID
O Club do Mar de Mugardos acadou a firma dun convenio co centro estatal Gamaleya ruso para o suministro da vacina da COVID19 “Sputnik V” ós seus remeiros/as, de este xeito a entidade asegurase a participación na vindeira tempada da LGT 2021.
Mediante este convenio a entidade mugardesa pasa a formar parte do ensaio clínico da vacina Sputnik V que o prestixioso laboratorio estatal leva a cabo en Europa para a certificación ante a Axencia Europea de Medicamentos.
Este convenio constará de dúas fases:
Na primeira fase os remeiros/as da entidade participaran no ensaio clínico e as embarcación serán rotuladas coa publicidade da vacina, así mesmo reproducirase o himno ruso cando calquera das embarcación do club acade unha bandeira.
Na segunda fase o Club do Mar colaborará co centro Gamaleya para desenrolar unha nova iteración da vacina que non so protexa contra a COVID, senón que permita mellorar o rendemento dos deportistas mediante a inserción de ADN recombinante a través dun vector vírico. Nas novas secuencias de ADN utilizaranse instrucións xenéticas procedentes de animais que posúan adaptación físicas beneficiosas para o desempeño deportivo, como a capacidade de almacenamento de osíxeno muscular por parte dos mamíferos mariños ou a velocidade de reacción muscular das gambas.
Nota non competición COVID
Este ano 2020 o Club do Mar de Mugardos non competirá na LGT debido ó COVID-19, que fai imposible a participación de moitas das súas remeiras e remeiros pola sua situación laboral ou persoal.
Coa esperanza de volver pronto as competicións e ver de volta as nosas embarcacións na auga aproveitamos para comunicar o noso especial agradecemento tanto a patrocinadores como socios polo seu apoio nestes complicados tempos.
IV Bandeira Concenllo de Mugardos / II Reganosa
Subvención concedida polo FEMP o C.M. de Mugardos
O proxecto “Proxecto deportivo de traíña feminina en Mugardos”, con número de expediente GAL2.058, do Club do Mar de Mugardos foi elixido para a súa financiación polo “Fondo Europeo Marítimo e de Pesca” dentro do programa “AXUDAS AUTONÓMICAS PARA PROXECTOS AO ABEIRO DAS ESTRATEXIAS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVAS” desenrolada polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ártabro Norte.
O proxecto que conta cun orzamento de 36.269,75€ (con I.V.E.) é financiado nun 90% (26.977,50€) polo FEMP.
O obxectivo do proxecto é: Fomentar a inclusión das mulleres no deporte tradicional do remo, mediante a súa participación na Liga Galega de Traiñeiras Feminina. A duración mínima do proxecto será de 5 anos.
As mulleres interesadas en participar poden poñerse en contacto co Club do Mar de Mugardos no email secretaria@clubdomarmugardos.com
Pódese consultar a memoria do proxecto no seguinte enlace.