Co remate do período de impugnacións, sen que se presentara ningunha, proclámase a candidatura de D. Pablo Robatto como electa, pasando a ser o novo presidente do Club do Mar de Mugardos.
Eleccións 2026 – Exposición pública de candidaturas
Seguindo o calendario electoral aprobado na pasada asemblea extraordinaria do 06/03/2026, publícanse as candidaturas presentadas:
- D. Pablo Robatto
Unha vez finalizada a exposición pública das candidaturas, o día 2 de maio, abrirase o período de impugnación e reclamacións as candidaturas presentadas, do 3 ó 4 de maio.
Campionato Galego de Bateis 2026
O sábado, día 11/04/2026, disputouse na Pobra do Caramiñal o Campionato Galego de Bateis. O campionato previsto para disputarse a dobre xornada, sábado clasificatorias e domingo finais, disputábase finalmente nunha única xornada por mor da alerta meteorolóxica, realizándose as clasificatorias pola mañá e as finais pola tarde do mesmo sábado.
O Club do Mar competía coas seguintes tripulacións:
- Alevín másculina
- Infantil feminina
- Cadete feminina
- Xuvenil masculina
- Absoluta feminina
- Absoluta masculina
Conseguindo o pase para a final as tripulación alevín e xuvenil.





Na final alevín masculina os rapaces do equipo do Club do Mar conseguían a medalla de prata cun tempo de 03:10,94 a 8” do batel de Samertolomeu de Meira e por diante de Rianxo.


Os deportistas xuvenís tamén conseguían igualar o resultado dos alevíns e facíanse tamén coa medalla de prata cun tempo de 09:43,58 a 2” de Cabo da Cruz e por diante de Rianxo.




Nos medios de comunicación:
Diario de Ferrol 13/04/2026 – Las tres platas de Mugardos y A Cabana
Calendario electoral eleccións 2026

Calendario electoral para as elección á presidencia do Club do Mar de Mugardos aprobado na
asemblea extraordinaria do 02/04/2026:
- 2 de abril convocatoria de elección e elección da xunta electoral:
Presidente, secretario e 3 vogais elixidos entre os socios asistentes a asemblea. - Do 6 de Abril ó 20 de Abril, exposición pública do censo electoral
Os interesados en consultar o censo, poden concertar cita no correo electrónico
cmmugardos@gmail.com - Presentación de reclamacións ó censo 21, 22 e 23 de Abril.
- Publicación do censo definitivo 24 de Abril
O censo farase público no local social do club, situado no primeiro piso.
Os interesados en consultar o censo poden conectar cita no correo electrónico
- Período de presentación de candidaturas 25, 26 e 27 de Abril.
- Exposición pública de candidaturas 28 de Abril ó 2 de Maio.
- Período de impugnación e reclamacións as candidaturas presentadas do 3 ó 4 de Maio.
- 5 Maio, resolución as reclamacións presentadas.
- 10 de Maio: eleccións.
- 14 de Maio proclamación pública da candidatura electa.
Convocatoria de Xunta Xeral ordinaria e extraordinaria de socios/as 06/03/2026
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS
De conformidade co acordo da Xunta Directiva extraordinaria celebrada o 6 de Marzo de 2026 convoca a Xunta Xeral Ordinaria de Socias/os do Club do Mar de Mugardos para a súa celebración en Mugardos, no local social da entidade, situado na Rúa Cantón de Cora, n.º 16, o vindeiro 2 de Abril de 2026 as 09:30 en primeira convocatoria e ás 10:00 en segunda convocatoria, co gallo de deliberar e adoptar acordos sobre os asuntos incluídos na seguinte:
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
- Informe económico do ano 2025.
- Informe deportivo e de actividades do ano 2025.
- Situación actual do club e proxectos para a tempada.
- Procedemento a seguir nas eleccións á Presidencia do Club do Mar de Mugardos por fin de mandato do actual Presidente.
- Rogos e preguntas.
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS
A directiva do Club do Mar de Mugardos convoca Xunta Xeral Extraordinaria de Socias/os do Club do Mar de Mugardos, para a súa celebración en Mugardos, no local social do Club do Mar de Mugardos, situado na Rúa Cantón de Cora, n.º 16, o vindeiro 2 de Abril de 2026 ó remate da Xunta Ordinaria previa, co gallo de convocar eleccións a Presidencia conforme a seguinte orde do día:
- Calendario electoral.
- Sorteo membros compoñentes Xunta Electoral.
- Elección e nomeamento dos compoñentes da Mesa Electoral.
Mugardos, a 17 de marzo de 2026.
O PRESIDENTE
Eliseo Reborido Mato
Bandeiras de Bateis 2026

Danos no material do Club do Mar tralo paso da borrasca Harry
Esta mañá debido ó paso da borrasca Harry, as nosas embarcacións e as instalacións sufriron danos importantes.
Esto é algo que se ven repetindo ano tras ano, debido a falta de espacio en condicións onde poder gardar as embarcacións. É unha demanda que vimos facendo dende fai moito tempo.
No nos queda máis que seguir traballando día a día como o vimos facendo para que tanto as nenas e nenos como maiores poidan practicar o deporte do remo, que é o que gústanos facer.






