Hoxe, 13 de xaneiro, realizouse en Vilaxoán a “II Regata Cáritas” organizada polo C.R. Vilaxoán co obxectivo de recadar cartos para Cáritas.
Na regata participaron 18 traíñas, 17 masculinas e unha feminina, que puideron comprobar o seu estado de forma contra o resto de rivais de cara a nova temporada 2013. A destacar a participación das traíñas de Muros e Cabo da Cruz B, novas incorporacións a liga deste ano.
O percorrido de 5500 m de forma triangular partía do porto de Vilaxoán, viraba no múelle de Ferrazo e no illote de A Gorma para rematar no punto de partida.
E canto a resultados a S.D. Samertolomeu de Meira facíase co primeiro posto seguido moi de preto de Chapela e Cabo da Cruz, seguidos do resto de equipos a un ritmo un pouco máis baixo:
- Meira 16.12,23
- Chapela 16.14,20
- Cabo A 16.18,03
- Tirán A 16.25,97
- Amegrove A 16.40,62
- Chapela B 16.43,30
- Cabo B 16.44,11
- Tirán B 16.47,41
- C.M. Mugardos 16.51,76
- Vilaxoán 16.53,72
- Mecos 16.59,51
- Rianxo 17.02,82
- Muros 17.16,66
- Cesantes 17.19,86
- Coruxo 17.21,34
- Amegrove B 17.53,05
- Puebla 18.24,12
- Cabo (Tripulación Feminina) 18.56,16