28 dic 2011
Praga de termes ameaza as embarcacións do Club do Mar
[Actualización 29/12/2011]
Evidentemente o asunto das termes era unha inocentada e o Club do Mar participará na vindeira temporada sen ningún problema de insectos nas súas embarcacións.
Unha praga de termes foráneas está atacando as embarcación do Club do Mar poñendo en serio perigo a participación na próxima temporada deportiva. Estas termes (Cryptotermes Carbonensis) de orixe asiático aniñaron no interior do casco das embarcacións de remo alimentándose da fibra de carbono e da celulosa do panal de abella situado entre as capas de fibra. Esta clase de terme fai unha mistura coa celulosa e a fibra de carbono (carbón no seu entorno natural) na que cultivan os fungos dos que se alimentan.
O SEPRONA baralla a posibilidade de que estes insectos fosen introducidos ilegalmente no país como mascotas, pois a súa introdución esta prohibida debido a súa acción daniña sobre a fibra de carbono; atacando principalmente coches deportivos, avións e embarcación de competición. Estes insectos son moi cotizados no mercado negro de animais exóticos debido a súa docilidade e fermoso canto.
A situación e crítica para o club pois estes insectos están a comerse as embarcación desde dentro e tememos que no transcurso de escasos meses estas encóntrense inservibles para a competición. Entre as medidas temporais dispostas polo club atópase a creación de turnos de remeiros que se encargan de vixiar os botes as 24 horas co insecticida preparado para acabar con calquera terme que apareza nos arredores das embarcacións.
A sección de ciclismo do Club do Mar - Pulpeiros BTT de momento non reportou ningún caso de infestación destes insectos, pese que hoxe en día a fibra de carbono emprégase cada vez máis nas bicicletas co gallo de facelas máis lixeiras. A pesar de todo dende o club pídeselles a tódolos membros da sección que fumiguen as partes de fibra de carbono das súas bicicletas antes de achegarse polo local social do club.
Publicado por
Club do Mar Mugardos

Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir con TwitterCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
23 dic 2011
Lotería de nadal 2011
No sorteo do 22 de Decembro o número do Club do Mar de Mugardos, o 67727 resultou premiado con 100€ ó décimo, 5€ por euro xogado.
Os posuidores de participacións vendidas polo Club poderán facer efectivo este premio na sucursal de Nova Galicia Banco (anterior Caixa Galicia) de Mugardos a partir do final da próxima semana, pois é necesario agardar a publicación das listas definitivas de premios e o ingreso por parte de Loterías del Estado.
Aproveitamos para desexar felices festas a tódolos socios e seguidores do Club do Mar.
Os posuidores de participacións vendidas polo Club poderán facer efectivo este premio na sucursal de Nova Galicia Banco (anterior Caixa Galicia) de Mugardos a partir do final da próxima semana, pois é necesario agardar a publicación das listas definitivas de premios e o ingreso por parte de Loterías del Estado.
Aproveitamos para desexar felices festas a tódolos socios e seguidores do Club do Mar.
Publicado por
Club do Mar Mugardos

Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir con TwitterCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
18 dic 2011
Resultados do descenso de Ares 18-12-2011
Esta mañá realizouse en Ares un descenso de traíñas ó que acudiron os botes da zona:
Este tipo de regatas permiten ir confrontando os resultados dos entrenamentos contra outros equipos a vez que alivian a monotonía dos entrenamentos. As condicións foron as idóneas no mar sen apenas ola e vento moi frouxo.
A mañá alternou abundantes claros con chuvias fleves e temperaturas entorno os 10 grados.
Os resultados foron os seguintes:
Galería Fotográfica (52 fotos)
- Ares B
- Perillo B
- Mugardos
- Ares
- A Cabana
- Perillo-Salgado
Este tipo de regatas permiten ir confrontando os resultados dos entrenamentos contra outros equipos a vez que alivian a monotonía dos entrenamentos. As condicións foron as idóneas no mar sen apenas ola e vento moi frouxo.
A mañá alternou abundantes claros con chuvias fleves e temperaturas entorno os 10 grados.
Os resultados foron os seguintes:
Posición
|
Traíña
|
Tempo
|
1º
|
A Cabana
|
22,59
|
2º
|
Perillo
|
23,21
|
3º
|
Perillo B
|
23,21
|
4º
|
Mugardos
|
23,25
|
5º
|
Ares
|
23,39
|
6º
|
Ares B
|
23,46
|
Galería Fotográfica (52 fotos)

Publicado por
Club do Mar Mugardos

Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir con TwitterCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Traiñeira
13 dic 2011
Resultados do provincial de ergómetro de Ferrol 2011
O pasado Domingo 11 de Decembro de 2011 celebrouse na Malata (Ferrol) o Campionato "Provincial de Remoergómetro" no que participou o Club do Mar de Mugardos. O club competiu nas categorías alevín feminino, infantil feminino e cadete masculino obtendo moi bos resultados en todas as categorías, polo que felicitamos ós deportistas participantes.
Os resultados foron os seguintes:
Prensa "La Voz de Galicia" 12/12/2011
Prensa "Diario de Ferrol" 13/12/2011
Resultados "Todoremo.com"
Os resultados foron os seguintes:
- Alevín feminino.
- 2º Posto, Marica.
- 5º Posto, Lupa.
- Infantil feminino.
- 1º Posto, Antia.
- 3º Posto, Mónica.
- 4º Posto, Leticia.
- Cadete masculino
- 14º Posto, Alberto.
- Alevin feminino por equipos.
- 3º Posto, Club do Mar de Mugardos.
Prensa "La Voz de Galicia" 12/12/2011
Prensa "Diario de Ferrol" 13/12/2011
Resultados "Todoremo.com"
Publicado por
Club do Mar Mugardos

Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir con TwitterCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Competición,
Remoergómetro
10 dic 2011
Actualización das galerías fotográficas (2)
Actulizaronse as seguintes galerías fotográficas con novas fotos:
Publicado por
Club do Mar Mugardos

Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir con TwitterCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Fotografía,
Historia
4 dic 2011
Actualización das galerías fotográficas
Actulizaronse as seguintes galerías fotográficas cun total de máis de 50 fotos novas:
Publicado por
Club do Mar Mugardos

Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir con TwitterCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Fotografía,
Historia
1 nov 2011
Sala de fitness do Club do Mar
A partir do día 2 de Novembro de este ano (2011) a sala de fitness do Club do Mar de Mugardos porase tamén a disposición dos socios que desexen utilizala para facer exercicio.
A sala de fitness trala recente actualización levada a cabo polo club atópase completamente equipada cunha ampla selección de máquinas de fitness entre elas:
Os socios que utilicen a sala de fitness deberán aboar a parte da cota de socio un suplemento mensual de 10€ (tan só os meses que empreguen a sala de fitness) e cumprir a normativa vixente para o uso de dita sala.

- Máquinas de de exercicio cardiovascular:
- Remoergómetros.
- Bicicletas estáticas.
- Cinta de correr.
- Máquinas de musculación de todo tipo.
- Completo xogo de pesas, mancornas e bancos.
Os socios que utilicen a sala de fitness deberán aboar a parte da cota de socio un suplemento mensual de 10€ (tan só os meses que empreguen a sala de fitness) e cumprir a normativa vixente para o uso de dita sala.
Publicado por
Club do Mar Mugardos

Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir con TwitterCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
16 oct 2011
Comezo da Escola de Remo 2011/12
Como estaba previsto este mércores (19 de Outubro) as 17.30 comezará a "Escola de Remo" do Club do Mar de Mugardos.
Antes do comezo do entrenamento realizarase unha reunión cos pais dos cativos no ximnasio do club as 17.10 horas, na que participaran directiva e entrenadores.
Os interesados todavía están a tempo de apuntarse no seguinte formulario.
Antes do comezo do entrenamento realizarase unha reunión cos pais dos cativos no ximnasio do club as 17.10 horas, na que participaran directiva e entrenadores.
Os interesados todavía están a tempo de apuntarse no seguinte formulario.
Publicado por
Club do Mar Mugardos

Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir con TwitterCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
13 oct 2011
Recollida de firmas contra a localización da bomba de impulsión de augas residuais
Estase a levar a cabo no Club do Mar de Mugardos unha recollida de firmas contra da instalación dos depósitos e bombas de impulsión de augas residuais no paseo marítimo de Mugardos, na rúa Cantón de Cora entre a "Casa da Serea" e o local social do Club do Mar. Esta actuación englobase no plan de saneamento na zona norte da ría de Ares e na zona sur da ría de Ferrol, Ares, Fene e Mugardos que se está a levar a cabo para adaptar o tratamento de augas residuais a normativa da Unión Europea e conta cun presuposto de 87.216.849,40 €.
Os motivos polos que creemos que este non e o lugar axeitado para a instalación destas infraestruturas son os seguintes:
Se queres colaborar con nós tamén podes recoller firmas imprimindo o seguinte documento para logo entregalas no local social do Club do Mar de Mugardos.

- Dana o valor turístico do paseo marítimo de Mugardos.
- A instalación destas infraestruturas producirá cheiros e ruidos o que será un problema para visitantes e veciños do noso pobo.
- Dana o entorno dun edificio con gran valor histórico e artístico como e a “Casa da Serea”, ademais dos posibles danos ocasionados durante a realización das obras.
Se queres colaborar con nós tamén podes recoller firmas imprimindo o seguinte documento para logo entregalas no local social do Club do Mar de Mugardos.
Publicado por
Club do Mar Mugardos

Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir con TwitterCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
23 sept 2011
Aberto prazo inscrición Escola de Remo 2011/12
Ábrese o prazo de inscrición para apuntarse a Escola de Remo do Club do Mar de Mugardos a cal comezará o 19 de Outubro.
A Escola de Remo está dirixida a rapaces maiores de 10 anos (nácidos a partir do 2002).
Os interesados en inscribirse deberán apuntarse no seguinte formulario.
A Escola de Remo está dirixida a rapaces maiores de 10 anos (nácidos a partir do 2002).
Os interesados en inscribirse deberán apuntarse no seguinte formulario.
Publicado por
Club do Mar Mugardos

Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir con TwitterCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
18 sept 2011
Nova galería fotográfica: Festas do Carmen 1994
Nova galería fotográfica con fotos das Festas do Carmen en Mugardos no ano 1994.
As festas de ese ano comezaron o venres 15 de Xulio de 1994 cun desfile de carrozas seguido pola actuación dos grupos "Barrok" e "Bonitos del Norte", xa pola noite. O sábado levouse a cabo a "IV Festa do Polbo". O domingo realizouse a tradicional procesión marítima, celebrouse unha regata de yolas por parte do Club do Mar e rematouse cun espectáculo pirotécnico pola noite.
Ver a galería fotográfica completa
As festas de ese ano comezaron o venres 15 de Xulio de 1994 cun desfile de carrozas seguido pola actuación dos grupos "Barrok" e "Bonitos del Norte", xa pola noite. O sábado levouse a cabo a "IV Festa do Polbo". O domingo realizouse a tradicional procesión marítima, celebrouse unha regata de yolas por parte do Club do Mar e rematouse cun espectáculo pirotécnico pola noite.
Ver a galería fotográfica completa
Publicado por
Club do Mar Mugardos

Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir con TwitterCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Fotografía,
Historia
30 ago 2011
Fin da Liga Galega de Traiñeiras do 2011
Este fin de semana a "Liga Galega de Traiñeiras" chegou a súa conclusión coa XVII Bandeira Concello de Vilagarcía realizada en Vilaxoán. A liga terminou seguindo a tónica habitual durante este ano, é dicir coa vitoria de Amegrove que gañou as 17 regatas da temporada; logrando así rebalidar o título de campión que xa lograra o ano pasado e batendo o record de vitorias consecutivas da liga. Detrás de Amegrove na xeral quedaron 2º Chapela e 3º Cabo da Cruz.
Nesta última regata a loita centrouse na loita polo 6º posto entre Mecos-Mondariz e Salgado-Perillo que partían empatados a 118 puntos; pero finalmente a 6ª posición foi para Salgado-Perillo que conseguía impoñerse a Mecos-Mondariz por 5 segundos.
Na parte baixa da clasificación a loita centrouse entre Rianxo, Mugardos e Puebla que partían con 61, 56 e 56 puntos respectivamente. Tras unha gran regata de Mugardos na que rematou 8º lograba asegurarse a 12ª posición con respecto a Rianxo e poñía en serios apuros a Puebla que por un punto conseguía manter a 11ª posición.
Destacar o bo desempeño do noso Club na súa primeira participación na LGT, que a pesar dun comezo bastante malo no mes de Xuño conseguía escalar postos gracias ós grandes resultados acadados durante Agosto.
Ó remate da regata realizouse un acto no que se fixo entrega das bandeiras os campións das ligas tanto masculina como feminina e entregáronse os premios de mellor patrón “Visqui” de Rianxo, mellor pica Gustavo Vázquez de Cabo e o equipo revelación que foi para Vilaxoán.
Galería Fotográfica "XVII Bandeira Concello de Vilagarcía" (58 fotos)
Galería Fotográfica "VIII Bandeira Concello de Ferrol" (21 fotos)
Clasificación da LGT "ligalgt.com"
El Dairio de Ferrol "Mugardos selló ayer la duodécima plaza en la general de la liga gallega" [29/08/2011]
Nesta última regata a loita centrouse na loita polo 6º posto entre Mecos-Mondariz e Salgado-Perillo que partían empatados a 118 puntos; pero finalmente a 6ª posición foi para Salgado-Perillo que conseguía impoñerse a Mecos-Mondariz por 5 segundos.
Na parte baixa da clasificación a loita centrouse entre Rianxo, Mugardos e Puebla que partían con 61, 56 e 56 puntos respectivamente. Tras unha gran regata de Mugardos na que rematou 8º lograba asegurarse a 12ª posición con respecto a Rianxo e poñía en serios apuros a Puebla que por un punto conseguía manter a 11ª posición.
Destacar o bo desempeño do noso Club na súa primeira participación na LGT, que a pesar dun comezo bastante malo no mes de Xuño conseguía escalar postos gracias ós grandes resultados acadados durante Agosto.
Ó remate da regata realizouse un acto no que se fixo entrega das bandeiras os campións das ligas tanto masculina como feminina e entregáronse os premios de mellor patrón “Visqui” de Rianxo, mellor pica Gustavo Vázquez de Cabo e o equipo revelación que foi para Vilaxoán.
Galería Fotográfica "XVII Bandeira Concello de Vilagarcía" (58 fotos)

Galería Fotográfica "VIII Bandeira Concello de Ferrol" (21 fotos)
Clasificación da LGT "ligalgt.com"
El Dairio de Ferrol "Mugardos selló ayer la duodécima plaza en la general de la liga gallega" [29/08/2011]
Publicado por
Club do Mar Mugardos

Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir con TwitterCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Competición,
Traiñeira
Suscribirse a:
Entradas (Atom)