Campionato de España de Remo Olímpico

Boa actuación das remeiras alevíns do Club do Mar no pasado “Campionato de España de Remo Olímpico” realizado os días 8-10 de Xullo en Castrelo de Miño Ourense. Neste campionato participaron 74 clubs de toda España presentándose 410 embarcacións a competición.
Representando ó Club participaron Marica López na categoría alevín feminino e Mónica Rodríguez en infantil feminino acadando excelentes resultados a dúas no skiff, embarcación na que competían.
Mónica acadou a final B mentres que Marica lograba pasar a a final do campionato logrando finalmente o quinto posto na súa categoría.
Dende o Club do Mar gustaríanos felicitar as dúas polo resultado obtido froito do duro traballo realizado esta tempada.

Medallero Cto. España A, I, C y Adap. [Federación Española de Remo]

Bandeiras de Portonovo e Muros

O fin de semana pasado leváronse a cabo a segunda e a terceira regata da LGT a “I Bª Cofradía de Pescadores de San Roque Portonovo” e a “VI Bandeira Concello de Muros” os días 2 e 3 de Xullo respectivamente.
As dúas bandeiras víronse marcadas polo bo tempo con días calurosos e soleados e cun mar en perfecto estado para regatear. A presencia de público foi boa en ámbalas dúas regatas aínda que bastante maior na de Portonovo o tratarse dunha vila cun forte tirón turístico na época estival. Debido as altas temperaturas moitos bañistas puideron seguir as regatas dende as praias próximas mentras disfrutaban dun baño.

 

 

No eido deportivo Amegrove impúxose con autoridade nas dúas regatas afianzándose na posesión do mallot amarelo que distingue o primeiro clasificado na liga. A tres puntos os segue a traíña de Chapela que repetiron segundo posto nas dúas regatas.

 

 

Na parte baixa da clasificación Ares, Rianxo e Puebla empatan a 11 puntos seguidos por Esteirana con 9 e Mugardos con 3.

 

 

Resultados da Bandeira de Portonovo “LGT”
Resultados da Bandeira de Muros “LGT”

Vídeo : Breve resumo da Bandeira de Muros “TVG”

Galería Fotográfica da Bandeira de Portonovo

Galería Fotográfica  Bandeira de Muros

Comezo das actividades de verán do Club do Mar


Onte, 24 de Xuño de 2011, deu comezo as actividades de verán do Club do Mar de Mugardos coa realización dunha sardiñada popular en apoio do Club, a cal contou cun notable éxito de asistencia.


Durante todo o verán levaranse a cabo unha serie de actividades nas que inclúense actividades deportivas, xogos populares e festas gastronómicas.

Dentro de estas actividades inclúense eventos tan importantes como a “I Bandeira de Traiñas do Club do Mar” ou a “Ruta BTT EDR 2011”.

Fotos da Sardiñada [Facebook do Club do Mar]

Presentación da LGT

Onte, sábado día 18 de Xuño, celebrouse en Rianxo a presentación da “Liga Galega de Traiñeiras” na súa edición 2011 a que acudiron os 14 clubs participantes e un bo número de espectadores.
O cedo da hora para levar as traíñas a expoñer no evento e a regata de veteranos en honor a Xoubeiro, histórico patrón de Rianxo, fixo que varios clubs se animaran a entrear en Rianxo antes do comezo da presentación.

 

 

O acto de presentación celebrado na Praza de Castelao comezou as 21.30 horas e nel presentouse o calendario da liga, a novidade de un maillot amarelo que será lucido polo patrón da traíña que encabece a clasificación da liga e presentáronse as 14 tripulacións que remarán na liga de este ano. Destando como principal novidade a participación do Club do Mar de Mugardos por primeira vez na LGT.

 Na presentación tamén interviñeron Don Diego Portela presidente da liga e Don José Ramón Lete Lasa secretario xeral para o deporte para concluír o acto co sorteo das quendas para a primeira regata da liga que se disputará o día 26 de Xuño en Chapela, quedando as quendas da seguinte forma:

  • Quenda 1: Ares, Mecos, Amegrove
  • Quenda 2: Perillo, Mugardos, Esteirana
  • Quenda 3: Coruxo, Chapela, A Cabana, Cabo da Cruz
  • Quenda 4: Meira, Puebla, Vilaxoán, Rianxo
 

O acto presentado por Terio Carrera e amenizado polo cómico Federico Pérez Rey, Josito en “Padre Casares“, foi dinámico e ameno en todo momento dando como resultado un gran acto de presentación, tan so ensombrecido pola hora en que se levou acabo. O tardío da hora fixo que os remeiros tiveran que pasar practicamente todo o día en Rianxo e a última hora notábase o cansancio en moitos deles.


Nova páxina da LGT
Breve resumo na TVG [Vídeo]

 

I Bandeira Águila (Sanxenxo)

Hoxe, domingo 12 de Xuño, celebrouse en Sanxenxo a I Bandeira Águila, última regata antes de que comece a “Liga Galega de Traiñeiras” coa súa presentación o vindeiro día 18 en Rianxo. Na Bandeira competiron 14 clubs (13 galegos e un valenciano):

  • A.D. ESTEIRANA
  • AMEGROVE C.R.
  • C.D. UNIVERSIDAD POLITÉCNICA DE VALENCIA
  • C.M. MUGARDOS
  • C.R. ARES
  • C.R. CABO DA CRUZ
  • C.R. CHAPELA
  • C.R. CORUXO
  • C.R. MECOS
  • C.R. PERILLO
  • C.R. PUEBLA
  • C.R. VILAXOÁN
  • S.D. SAMERTOLAMEU
  • S.D. TIRAN

O campo de regatas atopábase en excelentes condicións cunha rúas moi igualadas e tan so unha lixeira brisa no mar. O longo da mañá o ceo estivo parcialmente nubrado o que non desanimou o numeroso público que disfrutou da regata, tanto dende o Club Nautico de San Xenxo como dende a praia de Silgar. 


Ver Campo regatas Bandeira Águila 2011 no mapa

Mugardos competiu na primeira quenda na que se impuxo despois dun duro man a man con Puebla finalizando 11º a Bandeira cun tempo de 1 minuto 18 segundos 67 centésimas.


Tempos “Todoremo.com”

 

Ruta BTT EDR 2011

A sección de clismo do Club do Mar Pulpeiros BTT encárgase este ano de organizar a ruta BTT “Entre Dúas Rías” de este ano, a cal se levará a cabo o 3 de Xulio. Esta é a quinta edición da ruta que discurre entre Ares e Mugardos, que goza dunha grande aceptación entre os ciclistas galegos e incluso doutras comunidades. A EDR encontrase incluída no calendario de BTT da Federación Galega de Ciclismo con tódolas vantaxes que isto supón para os participantes. A ruta percorrerá 53 Km entre os dous municipios recorrendo paraxes únicos de as rías de Ferrol e a de Ares.
Ó final da ruta realizarase unha comida con tódolos participantes e o sorteo de premios por parte dos patrocinadores do evento.

A inscrición, limitada a 250 participantes, poderá levarse a cabo neste formulario no Decathlon de Ferrol e en Ciclos Roca.
O prezo da inscrición será de 15 € para os ciclistas federados e 27 € para os non federados incluíndo seguro e comida.

Os participantes inscritos poden comprobar os seus datos no seguinte formulario [Actualizado 29/06/11].

Toda a información sobre a ruta está dispoñible no seguinte PDF [Actualizado 08/06/11].

Recorrido da EDR 2011

Prensa: “La Voz de Galicia” [22/06/2011]

Un remeiro do Club do Mar na ultramaratón de “Los 10000 del Soplao”

Juan Rivas Matías, remeiro do Club do Mar, participou os pasados días 20 e 21 de maio na ultramaratón (125,22 Km) de “Los 10000 del Soplao” representando ó Club do Mar en tan esixente proba realizada en terras cántabras.

Na proba competiron tan so 100 corredores de todo o país debida a dureza dunha proba na que se comezou as 11 da noite e na que se percorren máis de 125 Km cun desnivel que vai desde os 122 metros sobre o nivel do mar os 1274 metros.

O tempo realizado por Juan foi de 22 horas 38 minutos e 7 segundos acadando o posto 45. Meritorio posto tendo en conta a gran diferencia existente entre dous deportes como son o atletismo de fondo e o remo de banco fixo.

Na proba de BTT tamén participou David Teijo Lista representando ó Club do Mar Pulpeiros BTT realizando un tempo de 14 horas 08 minutos 52 segundos.

Dende o Club do Mar gustarianos expresar a nosa felicitación a Juan e a David por tal proeza.

Churrascada en apoio ó Club do Mar

O vindeiro sábado 21 de maio realazirase no Club do Mar unha churrascada en apoio ó Club. O evento realizarase na carpa ubicada diante do Club e comezará as 20.00 horas, nel poderase disfrutar do mellor churrasco acompañado dun magnífico ambiente. O precio da ración será de 8 € incluindo churrasco, pan, viño e auga.
Esperámosvos a todos alí para disfrutar da festa.

[Actualización 22-05-11] Fotos do evento


Campionato de España de Bateis

O pasado día 1 de Maio celebrouse en Ferrol o Campionato de España de Bateis e ainda que nel non participou ningunha tripulación do Club do Mar de Mugardos, gustarianos felicitar dende o Club ós remeiros mugardases que participaron neste campionato e os seus respectivos equipos.

Os remeiros mugardeses que participaron no campionato foron os seguintes:

  • Promesas Féminas Ares 2º Posto: Nicole Maroño e Sheila Fernández.
  • Xuvenil Masculino A Cabana 2º Posto: Diego Fernández
  • Senior Masculino Amegrove C.R. 8º Posto: Pedro Fernández
  • Senior Masculino C.N. Luanco 10º Posto: Juan Carlos Martínez

Podium Campeonato de España PDF “Federación Española de Remo”
Galerías Fotográficas do Campionato “todoremo.com”

    Descenso da Lanzada

    Hoxe o Club do Mar de Mugardos volveu a competir cunha traiña por primeria vez desde fai 20 anos, sen dúbida un gran día para o noso club. A competición foi o “Descenso da Lanzada” no porto de Pedras Negras (San Vicente do Mar) unha das regatas non puntuables preparatorias para a Liga Galega de Traiñeiras, que comezará a finais de xuño.

    O tempo acompañou a regata con sol e vento frouxo aínda que con algo de ola de mar de fondo, entorno os dous metros de ola.
    O resultado do Club do Mar foi o seguinte por tempos, tendo en conta que a traiña estaría descalificada por tomar a segunda baliza por estribor:

    Posición
    Club
    1
    S.D. Tiran
    2
    Amegrove C.R.
    3
    C.R. Cabo da Cruz
    4
    C.R. Meira
    5
    C.R. Vilaxoán
    6
    C.R. Chapela
    7
    C.R. Perillo
    8
    C.R. Mecos
    9
    S.D. Tiran “B”
    10
    C.R. Coruxo
    11
    C.R. Rianxo
    12
    C.R. Puebla
    13
    A.D. Esteirana
    14*
    C.R. Mugardos
    15
    Amegrove C.R. “B”
    16
    S.D. Tiran “Veteranos”
    17
    C.M. Bueu “Veteranos”
    18
    C.R. Cesantes

    Tempos “todoremo.com”
    Galería Fotográfica “todoremo.com” (362 fotos)