- Recepción de autoridades e convidados entre os que se atoparán persoeiros de institucións públicas e privadas relacionadas co deporte e o mundo empresarial, tanto a nivel autonómico como local e comarcal.
- Presentación do acto ó longo do cal intervirán algúns dos persoeiros así como o Presidente da sociedade, e no que se presentará a recén adquirida traíña, patrocinada pola empresa Reganosa, que será bautizada en presenza da madriña da embarcación, a socia María Fariña Vázquez.
- Entrega dun recordo ás empresas colaboradoras co Club do Mar na pasada tempada, así como unha distinción especial á empresa Reganosa polo patrocinio da traíña na pasada edición da Liga Galega de Traíñas, coa entrega ós seus Directivos dunha réplica da bandeira da “ I Bandeira de Traíñas Reganosa”, bordada a man por unha artesá mugardesa.
- Rematando o acto, e tras unha sesión fotográfica en lembranza do acontecemento, servirase un ágape diante do club e porase fin ó acto.
