I Premio Estudo e Deporte

É unha iniciativa do IES Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Club do Mar de Mugardos e o Club de Fútbol Galicia de Mugardos, para premiar aos estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico e así poñer en valor aos xoves con habilidades sociais capaces de organizarse e de programar o seu tempo con eficacia para render positivamente nos estudos e no deporte.

OBXECTIVOS

  • Premiar e valorar o esforzo dos estudantes-deportistas do IES Mugardos.
  • Promocionar a cultura do “xogo limpo”.
  • Potenciar as actividades deportivas
  • Mellorar o rendemento escolar. 
  • Incentivar valores sociais, deportivos e académicos.
  • Integrar os ámbitos escolar e deportivo.

PARTICIPANTES

Alumnado do IES de Mugardos que practica deportes ou actividades deportivas regulamentadas e federadas, individuais ou colectivas, coa supervisión dun adestrador ou adestradora.
Será necesario que a entidade deportiva á que está vinculado o alumnado deportista, estea disposta a participar nesta iniciativa.


PREMIOS

Haberá dous premios -feminino e masculino- por categoría. En caso de empate decide á maior puntuación no rendemento académico.
Os premios consistirán en diploma, trofeo e dotación económica.
Farase a entrega dos premios no salón de actos do Instituto de Mugardos no mes de xuño dentro do acto cultural de remate do curso 2011-2012.

ENTIDADES DEPORTIVAS E NÚMERO DE DEPORTISTAS:

Entidad deportivaNúmero de deportistas
Club de Fútbol Galicia de Mugardos27
Club de Fútbol Galicia de Caranza1
Club do Mar de Mugardos12
Club de Fútbol Maniños1
Club de Remo de Ares10
BTT Mugardos (Club do Mar Mugardos)1
Club de Fútbol Numancia de Ares8
Kárate, EKF1
Club de Fútbol Racing de Ferrol2
Kárate Mugardos1
Kárate Ares2
Blc Basquetmi Ferrol1
Kárate Franza2
Tiro con arco Ferrol1
Kárate Narón2
Tiro con arco Ares1

Documentación do premio [PDF]

El Diario de Ferrol “Mugardos reconoce a sus ‘estudiantes-deportistas’ “

Deixa unha resposta