“El Diario de Ferrol” faise eco na súa edición do 20 de xaneiro do 2011 da participación do Club do Mar de Mugardos na Liga Galega de Traiñeiras (LGT). No artigo tamén se comenta a participación dos equipos da zona (Ares e A Cabana), as baixas deste ano na liga e a problemática coa inscrición de Mecos fora de prazo.
Resultados do “Campeonato Galego de Remo Indoor”
Gran actuación das remeiras do Club do Mar de Mugardos
O pasado domingo 16 de xaneiro celebrouse en Ferrol no polideportivo da Malata o “Campeonato Galego de Remo Indoor” organizado pola Federación Galega de Remo, o Club Remo San Felipe e o Concello de Ferrol.
Por parte do Club do Mar de Mugardos participaron 4 remeiras, dúas alevin feminino e dúas infantil feminino, e un remeiro na categoria veterano senior.
Destaca a actuación das alevins femininas onde se acadou a medalla de ouro por parte de M.L. cun gran tempo de 2 min. 9 seg. 1 dec.
Dende o Club do Mar de Mugardos gustarianos felicitar a tódolos remeiros polos resultados obtidos.
CPTO. GALEGO DE REMOERGÓMETRO (Individual)
|
|||
FERROL 16 de Enero 2011
|
|||
RESULTADOS – ALEVIN FEMININO
|
|||
POSTO | NOME | CLUB | TEMPO |
1 | M.L. | MUGARDOS | 2.09.1 |
2 | E.G. | PERILLO | 2.11.5 |
3 | A.M. | MECOS | 2.20.2 |
4 | N.S. | MECOS | 2.21.3 |
5 | M.V.J. | MUGARDOS | 2.25.6 |
6 | N.P. | DO MIÑO | 2.28.0 |
CPTO. GALEGO DE REMOERGÓMETRO (Individual)
|
|||
FERROL 16 de Enero 2011
|
|||
RESULTADOS – INFANTIL FEMININO
|
|||
POSTO | NOME | CLUB | TEMPO |
1 | E.M. | BUEU | 3.53.0 |
2 | I.G. | VILAXOAN | 4.03.4 |
3 | M.L. | ROBALEIRA | 4.05.7 |
4 | L.C. | ESTEIRANA | 4.09.3 |
5 | A.R. | DO MIÑO | 4.12.4 |
6 | Y.M. | SAMERTOLAMEU | 4.14.2 |
9 | M.R. | MUGARDOS | 4.18.2 |
13 | M.N.B. | MUGARDOS | 5.14.2 |
CPTO. GALEGO DE REMOERGÓMETRO (Individual)
|
||||
FERROL – 16 de Enero 2011
|
||||
RESULTADOS – VETERANOS MASCULINO
|
||||
POSTO | NOME | CLUB | TEMPO | IDADE |
1 | A.M.L. | C.R. PERILLO | 3.19.3 | 36 |
2 | J.M.S.G. | C.R. ARES | 3.19.6 | 46 |
3 | R.R.C. | C.R. SAN FELIPE | 3.21.8 | 46 |
4 | M.M.P. | C.R. NARON | 3.22.9 | 52 |
5 | E.L.C. | C.R. PERILLO | 3.23.7 | 34 |
6 | X.X.S. | C.RÍA DE MARIN | 3.38.5 | 42 |
7 | R.V.R. | C.MAR DE MUGARDOS | 3.44.5 | 40 |
Corrección fecha inscrición Bici-Gymkana
Por un erro publicouse a fecha límite de inscrición da Bici-Gymkana Indoor como o 14 de xaneiro a fecha correcta é o 21 de xaneiro.
Todas as persoas interesadas todabía teñen ata dito día para apuntarse á Bici-Gymcana no seguinte formulario, na cantina do Club do Mar ou falando cos profesores de educación física dos colexios da zona.
O Club do Mar competirá na LGT esta tempada
Esta tempada o Club do Mugardos comeptirá na “Liga Galega de Traiñeiras” xunto con outras trece traiñeiras. Esta é a primeira vez desde os anos 90 na que o Club do Mar saca traiñeira a competición, ainda que todos estes anos moitos remeiros formados no Club do Mar bogaron tanto en equipos da Liga Galega como da Liga Vasca ou na actual Liga ARC.
O Club do Mar espera facer unha boa tempada e acadar unha digna posición ainda que sabemos que será dificil ó ser o noso primeiro ano; pero non nos falta ilusión e ganas de competir.
As traiñeiras que competirán este ano son as seguintes (a lista pode estar suxeita a cambios de última hora).
- A.D. ESTEIRANA
- C. REGATAS SALGADO-PERILLO
- C.R. A CABANA
- C.R. AMEGROVE-INTERRIAS
- C.R. ARES
- C.R. CABO DA CRUZ
- C.R. CHAPELA
- C.R. CORUXO
- C.R. MECOS
- C.R. PUEBLA
- C.R. VILAXOAN
- CLUB DO MAR MUGARDOS
- NAUTICO DE RIANXO
- S.D. SAMERTOLAMEU
Calendario Banco Fixo 2011
O día 10 de xaneiro foi aprobado pola “Federación Galega de Remo” o calendario do 2011 de remo de banco fixo para batel a traineriña da zona norte.
A continuación se detallan as regatas de ámbalas duas categorías.
Bateis
Fecha
|
Regata
|
Localidade
|
Club Organizador
|
12/02/2011
|
I Regata Liguiña de Bateis
|
A Coruña (Oza)
|
S.D. As Xubias
|
19/02/2011
|
I Regata Liguiña de Bateis
|
Noia
|
C.Mar de Noia
|
26/02/2011
|
III Regata Liguiña de Bateis
|
A Pobra
|
C.R. Puebla
|
05/03/2011
|
IV Regata Liguiña de Bateis
|
Narón
|
C.R. Narón
|
12/03/2011
|
V Regata Liguiña de Bateis
|
Rianxo
|
C.R. Rianxo
|
19/03/2011
|
IV Bandeira Concello de Boiro
|
Cabo de Cruz
|
C.R. Cabo de Cruz
|
26/03/2011
|
II Bandeira Concello de Ares
|
Ares
|
C.R. Ares
|
02/04/2011
|
X Bandeira de Ferrol (III Bandeira Féminas)
|
A Cabana
|
C.R. A Cabana
|
09/04/2011
|
VI Bandeira Santiago Sur
|
Esteiro (Muros)
|
A.D. Esteirana
|
16-17/04/2011
|
Cpto. Territorial de Bateis
|
A Pobra
|
C.R. Puebla
|
23-24/04-2011
|
Cpto. Galego/Conde de Fenosa
|
Territ. Sur
|
A Designar
|
30-4/01-05/2011
|
Cpto. España
|
Galicia
|
A Designar
|
Traineriñas
Bici-Gymkana Indoor Club do Mar de Mugardos
O sabado 22 de xaneiro o “Club do Mar – Pulpeiros BTT” levará a cabo unha xincana ciclista a cuberto no pavillón deportivo municipal de Mugardos. O evento comezará as 16.30 e rematará as 18.30.
- O evento está destinado a nenos de 6 a 12 anos e constará de diferentes circuitos, probas e niveis.
- Para a participación en dito evento é necesario que os participantes leven bicicleta e mais casco.
- A actividade é completamente de balde para todo os partipantes.
- O final do evento sortearase material deportivo cedido por Giant patrocinador do evento.
A inscripción poderá realizarse no seguinte formulario, na cantina do club do Mar tódalas tardes a partir das 18.00 ou ben falando co teu pofesor de educación fíisica (nos colexios da zona). O prazo de inscrición remata o venres 14 de xnaeiro 21 de xaneiro as 19.00.
Campionato de Tute do Club do Mar 2011
Todas as parellas interesadas en participar no “Campionato de Tute” poderán apuntarse na cantina do Club do Mar de Mugardos ou ben chamando o teléfono do Club (981 47 01 70) en horario de 18.30 a 20.30 de luns a venres.
- O prezo da inscripción por parella será de 12 €.
- Entregaranse trofeos ás tres parellas mellor clasificadas.
- Ó rematar o campionato efectuarase a entrega no intermedio dunha cea que servirase na catnina do Club do Mar.
A data de comenzo das partidas comunicarase no seu día.
¡¡¡ Esperamos a vosa participación!!!
Ruta de Nadal
Hoxe día 04-01-2011 C.M. Pulpeiros realizou a primeira Ruta de Nadal, o que esperamos que se convirta nunha nova tradición.
A ruta partiu do Club do Mar as 16.14 iniciando un percorrido pensado para os máis pequenos.
A ruta foi a seguinte:
- Saída dende Club do Mar.
- Subida as Casas Baratas.
- Catro Camiños.
- O Cristo.
- Seaña.
- Baixada a rotonda de Rilo.
- Subida pola estrada do Pazo hacia Simou.
- Baixada de Simou ó Baño.
- Regreso pola estrada de Roibeiras ó Cristo.
- Baixada á Cruz.
- Regreso ó Club do Mar sobre as 17.30.
Foron uns 14 km que os rapaces disfrutaran moito tal como se pretendía.
¡¡Gracias a todos por participar!!
Álbum de FaceBook (114 fotos).












Actualización da galería fotográfica
Ruta ciclista de nadal
O martes 4 de xaneiro levarase a cabo ás 16.00 horas unha ruta ciclista para nenos (maiores de 8 anos) organizada polo “Club do Mar – Pulpeiros BTT”. O percorrido será duns 12 km aproximadamente e discurrirá por camiños do concello. A chegada ó Club do Mar e o pertinente avituallamento será as 18.00 horas. Tamén quere facerse fincapé desde o Club do Mar no seguimento das normas de seguridade vial polo que se considera imprescindible o emprego de casco por parte dos participantes.
As inscricións previas poderanse facer na cantina do Club ou no correo electrónico (indicando nome, apelidos, idade e teléfono) ata as 20.00 horas do día 3 de xaneiro.
A actividade está patrocinada por Giant, o que agradecemos a súa colaboración dende o Club do Mar.
Nota: “O Club do Mar Pulpeiros BTT, como sección deportiva do Club do Mar, quere manifestar que cada participante considerarase en excursión persoal, debendo en todo caso respetar as normas de circulación e de seguranza vial, polo que dito Club non se fará responsabel dos danos físicos ou morais que poida derivarse da participación nesta rota.”
Para descargar o cartel en formata PDF (1 MB) faga clic aquí.