Sala de fitness do Club do Mar

A partir do día 2 de Novembro de este ano (2011)  a sala de fitness do Club do Mar de Mugardos porase tamén a disposición dos socios que desexen utilizala para facer exercicio.

A sala de fitness trala recente actualización levada a cabo polo club atópase completamente equipada cunha ampla selección de máquinas de fitness entre elas:

  • Máquinas de de exercicio cardiovascular:
    • Remoergómetros.
    • Bicicletas estáticas.
    • Cinta de correr.
  • Máquinas de musculación de todo tipo.
  • Completo xogo de pesas, mancornas e bancos.

Os socios que utilicen a sala de fitness deberán aboar a parte da cota de socio un suplemento mensual de 10€ (tan só os meses que empreguen a sala de fitness) e cumprir a normativa vixente para o uso de dita sala.

Comezo da Escola de Remo 2011/12

Como estaba previsto este mércores (19 de Outubro) as 17.30 comezará a “Escola de Remo” do Club do Mar de Mugardos.
Antes do comezo do entrenamento realizarase unha reunión cos pais dos cativos no ximnasio do club as 17.10 horas, na que participaran directiva e entrenadores.
Os interesados todavía están a tempo de apuntarse no seguinte formulario.

Recollida de firmas contra a localización da bomba de impulsión de augas residuais

Estase a levar a cabo no Club do Mar de Mugardos unha recollida de firmas contra da instalación dos depósitos e bombas de impulsión de augas residuais no paseo marítimo de Mugardos, na rúa Cantón de Cora entre a “Casa da Serea” e o local social do Club do Mar. Esta actuación englobase no plan de saneamento na zona norte da ría de Ares e na zona sur da ría de Ferrol, Ares, Fene e Mugardos que se está a levar a cabo para adaptar o tratamento de augas residuais a normativa da Unión Europea e conta cun presuposto de 87.216.849,40 €.

Ubicación proposta pola empresa encargada das obras

Os motivos polos que creemos que este non e o lugar axeitado para a instalación destas infraestruturas son os seguintes:

  • Dana o valor turístico do paseo marítimo de Mugardos.
  • A instalación destas infraestruturas producirá cheiros e ruidos o que será un problema para visitantes e veciños do noso pobo.
  • Dana o entorno dun edificio con gran valor histórico e artístico como e a “Casa da Serea”, ademais dos posibles danos ocasionados durante a realización das obras.

Por estes motivos pedimos a colaboración de todos os veciños que compartan os nosos puntos de vista e se acheguen a firmar ó Club do Mar a petición que posteriormente será remitida o concello.

Se queres colaborar con nós tamén podes recoller firmas imprimindo o seguinte documento para logo entregalas no local social do Club do Mar de Mugardos.

Nova galería fotográfica: Festas do Carmen 1994

Nova galería fotográfica con fotos das Festas do Carmen en Mugardos no ano 1994.
As festas de ese ano comezaron o venres 15 de Xulio de 1994 cun desfile de carrozas seguido pola actuación dos grupos “Barrok” e “Bonitos del Norte“, xa pola noite. O sábado levouse a cabo a “IV Festa do Polbo”. O domingo realizouse a tradicional procesión marítima, celebrouse unha regata de yolas por parte do Club do Mar e rematouse cun espectáculo pirotécnico pola noite.

Ver a galería fotográfica completa

Fin da Liga Galega de Traiñeiras do 2011

Este fin de semana a “Liga Galega de Traiñeiras” chegou a súa conclusión coa XVII Bandeira Concello de Vilagarcía realizada en Vilaxoán. A liga terminou seguindo a tónica habitual durante este ano, é dicir coa vitoria de Amegrove que gañou as 17 regatas da temporada; logrando así rebalidar o título de campión que xa lograra o ano pasado e batendo o record de vitorias consecutivas da liga. Detrás de Amegrove na xeral quedaron 2º Chapela e 3º Cabo da Cruz.

Nesta última regata a loita centrouse na loita polo 6º posto entre Mecos-Mondariz e Salgado-Perillo que partían empatados a 118 puntos; pero finalmente a 6ª posición foi para Salgado-Perillo que conseguía impoñerse a Mecos-Mondariz por 5 segundos.

Na parte baixa da clasificación a loita centrouse entre Rianxo, Mugardos e Puebla que partían con 61, 56 e 56 puntos respectivamente. Tras unha gran regata de Mugardos na que rematou 8º lograba asegurarse a 12ª posición con respecto a Rianxo e poñía en serios apuros a Puebla que por un punto conseguía manter a 11ª posición.

Destacar o bo desempeño do noso Club na súa primeira participación na LGT, que a pesar dun comezo bastante malo no mes de Xuño conseguía escalar postos gracias ós grandes resultados acadados durante Agosto.

 

Ó remate da regata realizouse un acto no que se fixo entrega das bandeiras os campións das ligas tanto masculina como feminina e entregáronse os premios de mellor patrón “Visqui” de Rianxo, mellor pica Gustavo Vázquez de Cabo e o equipo revelación que foi para Vilaxoán.

 

Clasificación da LGT “ligalgt.com”

El Dairio de Ferrol “Mugardos selló ayer la duodécima plaza en la general de la liga gallega” [29/08/2011]

Galería Bandeira Vilagarcía

Galería Bandeira Cidade de Ferrol

Resultados da I Bandeira Reganosa

Despois do problema do día 23 de Xullo a I Bandeira Reganosa levouse a cabo o pasado sábado, 13 de Agosto. A forte corrente na ría fixo que non fora posible montar o campo de regatas para a competición en quendas de cinco embarcación polo que finalmente a regata disputouse en modo contrarreloxo.

Ver I Bandeira Reganosa no mapa

 

Nun día cun vento cambiante aínda que non de moita intensidade, no ceo alternáronse durante toda a tarde claros e nubes, o que non desanimou o abundante público a presenciar a competición.

 

 


Na primeira quenda impúxose a traíña mugardesa empuxada polos ánimos dos xiareiros locais cun tempo de 22:10,22 que serviríalle para acadar a décima posición na clasificación final. Acadando con este resultado subir un posto na clasificación da Liga, ascendendo a duodécima posición.

 

 

Na segunda quenda facía o mellor tempo a traíña de Salgado-Perillo cun tempo de 21:39,90 e na terceira impoñíase con autoridade Amegrove, cun tempo de 20:34,36. O equipo do Grove con esta vitoria levaba a bandeira e igualaba a traíña de Samertolomeu do 2006 no seu record de 11 vitorias consecutivas na Liga Galega de Traiñeiras.

Ó remate da regata Emilio Bruquetas Director Xerente de Reganosa entregaba a bandeira ó patrón da traíña de Amegrove dende a embarcación disposta para as autoridades, rematando o evento coa entrega de premios ós clubs. Os premios foron entregados por María Dolores Faraldo Botana vicepresidenta da Deputación da Coruña, Xosé Fernández Barcia alcalde de Mugardos, Xosé Antón Bouza Concelleiro de Deportes de Mugardos, Iria Rodriguez Martinez relacións públicas de Gadisa, Mónica Fernández Linares Primer Teniente Alcade de Mugardos e Carlos Vales Director de Explotación de Reganosa.

Resultados da I Bandeira Reganosa “LGT”
Amegrove no tiene rival en la LGT “todoremo.com”
Amegrove se impuso en la Bandeira Reganosa en Mugardos “El Diario de Ferrol 14/08/2011”
Amegrove ondea la Bandera de Reganosa al ganar contrarreloj “La Voz de Galicia 14/08/2011”


Resumo da regata na TVG
 
 

Entroido de Verán

O vindeiro domingo 14 de Agosto o Club do Mar de Mugardos xunto coa asociación Porto Magno organizarán en Mugardos o primeiro “Entroido de Verán”, no que se realizarán diversos eventos de ámbito familiar durante todo o día.
Durante a celebración deste peculiar entroido realizaranse:

    • II Ruta de Verán do Club do Mar – Pulpeiros BTT, unha ruta de BTT duns 20 Km de introducción a bicicleta de montaña apta para toda a familia. A ruta partirá as 10.00 dende o Club e rematará no mesmo punto sobre as 12.45. O percorrido consta dun avitullamento a metade de camiño para repoñer forzas e agasallos ó final da ruta. Pode inscribirse no formulario de inscrición ou tamén en Decathlon Ferrol.

A idade recomendada para a actividade e partir dos 6 anos; pero para fomentar a iniciación na bici dos máis pequenos, os cativos que non realicen a ruta principal poderán participar nuha mini ruta que realizarase polo peirao de Mugardos e que non terá ningún costo asociado.

Colaboran coa ruta:

  • Festa gastronómica do Polbo a Feira: dende as 12.30 aproximadamente en adiante venderanse racións de polbo a feira na carpa instalada diante do Club do Mar.
  • Xogos populares: cucaña marítima e tiro de corda, a partir das 17.00 (inscrición no Club do Mar unha hora antes dos xogos).
  • Música e Festa para os máis cativos: a partir das 20.30 música e animación destinada os nenos.
  • Música e festa: a partir das 22.00 en diante música e troula ata que o corpo aguante.

Ruta de este ano
 
 

[Actualización 15/08/2011]

El Club do Mar de Mugardos aplaza el Carnaval de Verano a esta tarde debido a la lluvia “El Diario de Ferrol 15/08/2011”

 

Resultados dos Pulpeiros BTT na “24 Somozas”

O pasado 31 de Xullo a sección de ciclismo do Club do Mar participou nas 24 horas de Somozas Bike unha carreira de resistencia, na que se competiu 24 ou 12 horas nun circuíto de mountain bike duns 12 quilómetros en diversas categorías. Os gañadores foron os equipos que conseguiron dar máis voltas ó circuíto no tempo establecido.

Os resultados dos Pulpeiros BTT nas “24 Somozas” foron os seguintes:

  • Equipos 2 masculino 12 horas PULPEIROS BTT , Guille e Yago 2º posto.
  • Equipos 4 masculino 24 horas OS CINCUENTONS, Chante,Felipe,Manolo Zapata e Pedro Marcos 6º posto
  • Equipos 4 masculino 24 horas TEAM SEIXO BTT, Javier e Miguel Roca, Roberto Leira e Dani 7º posto.

Magníficos resultados acadados polos Pulpeiros BTT tendo en conta a presencia de equipos semiprofeionais na competición.

Páxina da competición “24somozasbike.com”

I Bandeira Reganosa

Mañá, día 23 de Xullo, celebrarase en Mugardos a “I Bandeira Reganosa de Traíñas” pertencente a “Liga Galega de Traiñeiras”. A bandeira organizada polo Club do Mar de Mugardos e a LGT está patrocinada por Reganosa e foi presentada onte, día 22 de Xullo, no concello ante os medios de comunicación.

Efectuaron a presentación o presidente do Club do Mar, D. Guillermo Pereira, o Director de Operacións de Reganosa, D. Carlos Vales e o alcalde da vila D. Xosé Fernández Barcia.

Na regata compiten as catorce traíñas que disputan a Liga e poderá verse dende as 19.00 h. dende o peirao do pobo.
O campo de regata para a proba, composto de 4 longos de 1389 metros, parte do extremo do peirao e atravesa a ría cara o porto do carbón en Ferrol.

Ver I Bandeira Reganosa no mapa

Despois da regata as 20.30 comezará na carpa situada diante do Club do Mar a “Festa da Traíña”, na que se poderá disfrutar de mexillóns, empanada, viño e moita música. A consumición será de balde para os socios e a 3€ para o resto da xente.

La Voz de Galicia 22/07/2011 “La primera bandera Reganosa devuelve las traineras a Mugardos”
Diario de Ferrol 22/07/2011 “Mugardos, primera parada de la liga gallega de traineras en Ferrolterra”

[Actualización 24/07/2011]

Diario de Ferrol 24/07/2011 “La rotura del tren de balizaje impidió que se disputase la Bandera Reganosa”
Diario de Arousa 24/07/2011 “Suspenden la regata en Ferrol después de que una lancha arrollase el tren de balizaje “
La Voz de Galicia 24/07/2011 “Suspenden la regata de traineras de Mugardos al soltarse una baliza”