Resumo da Regata Clasificatoria da LGT

Os pasados días 5 e 6 de Abril, Xoves e Venres, celebrouse en Meira (Moaña) a clasificatoria para decidir a composición das Ligas que comporán a LGT. A clasificatoria disputouse nun formato a dúas regatas contrarreloxo no que o primeiro día clasificábanse cinco traíñas e no segundo tres para participar na Liga A, competindo as nove traíñas restantes na Liga B.

O primeiro día presentouse con ceos despexados pero cun molesto vento que complicaba a remada das traíñas. Nesta primeira xornada non houbo sorpresas ó clasificarse as cinco embarcacións favoritas (Chapela, Amegrove, Cabo, Meira e Vilaxoán); pero no que a traíña de Mugardos mostraba o seu potencial quedando soamente a 8 segundos e medio de Vilaxoán e rozando o ascenso a Liga A. Mentras o resto de traíñas que optaban a pelexar polos tres postos restantes no seguinte día optaban por unha estratexia máis conservadora reservando forzas para a seguinte proba entrando a máis de 30 segundos da traíña de Mugardos.

O segundo día presentábase cunhas nubes ameazantes con choiva pero cun vento moito máis frouxo que permitirían as traíñas baixar os cronos do día anterior. O pouco prometedor día non disuadiu o abundante público que practicamente repetía o número do soleado día anterior, todos eles expectantes por coñecer como quedarían conformadas as ligas do novo formato da LGT.

 
 
 
 
 

Na segunda contrarreloxo sí que a apareceron as sorpresas e Mugardos, que non pareceu pagar o cansanzo da xornada anterior, volveu marcar o mellor crono cun tempo de 20:07,22 a tan so 3 centésimas da traíña da Cabana que se facía co segundo posto en liza. Ares facíase co último posto para a Liga A ó superar a uns dos favorito, Perillo, por pouco menos de 3 segundos. A traíña de Perillo quedábase as portas da liga boa tras diversos problemas na regata como a lesión dun dos remeiros que non puido rematar a regata e problemas cun dos remos.

Desta forma a traíña do Club do Mar de Mugardos conseguía un posto para a Liga A no seu segundo ano na competición, gracias o esforzo e traballo dos seus remeiros conseguindo un tremendo éxito para o Club.

Tempos da primeira xornada [todoremo.com]
Tempos da segunda xornada [todoremo.com]

El Diario de Ferrol “La Liga Gallega de Traineras tomará forma durante las dos próximas jornadas” [05/04/2012]
ligalgt.com “Mugardos, A Cabana e Ares completan a LGT-A” [06/04/2012]
La Voz de Galicia “Chapela domina la previa de la Liga Gallega de Trainera” [06/04/2012]
El Diario de Ferrol “Mugardos, A Cabana y Ares formarán con los mejores en la Liga Galega ” [08/04/2012]


O presidente do Club do Mar, Guillermo Pereira,
comenta o éxito da traíña do Club para “Galicia en Goles”.
(A entrevista comeza a partir do minuto 6:35).

Actualización [10/04/2012]
La Voz de Galicia “Mugardos estrena trainera y tripulación y da un salto de nivel” [10/04/2012]

Galería 1ª Xornada

Galería 2ª Xornada

Deixa unha resposta