Carteis das Bandeiras de Traíñas 2021


Escola de Verán 2021
Formulario de Alta : Formato PDF
Conta Bancaria para o pago das cotas: ES19 0049 3315 7321 9401 5038
(indicar nome do alumno e periodo da cota no asunto do ingreso)
Horario ximnasio
Promoción socios “El Taller de David”
Apertura ximnasio socios
Ante as medidas publicadas no DOG Nº38 BIS do 25 de febreiro reanúdase o acceso dos socios ó ximnasio da entidade en horario de 6:30 a 14:00 horas.
Peche ximnasio xaneiro
Ante as novas medidas publicadas pola Xunta suspéndese novamente o acceso dos socios ó ximnasio.
Está medida estenderase ata que rematen ditas medidas.
O Club do Mar firma un convenio para conseguir a vacina da COVID
O Club do Mar de Mugardos acadou a firma dun convenio co centro estatal Gamaleya ruso para o suministro da vacina da COVID19 “Sputnik V” ós seus remeiros/as, de este xeito a entidade asegurase a participación na vindeira tempada da LGT 2021.
Mediante este convenio a entidade mugardesa pasa a formar parte do ensaio clínico da vacina Sputnik V que o prestixioso laboratorio estatal leva a cabo en Europa para a certificación ante a Axencia Europea de Medicamentos.
Este convenio constará de dúas fases:
Na primeira fase os remeiros/as da entidade participaran no ensaio clínico e as embarcación serán rotuladas coa publicidade da vacina, así mesmo reproducirase o himno ruso cando calquera das embarcación do club acade unha bandeira.
Na segunda fase o Club do Mar colaborará co centro Gamaleya para desenrolar unha nova iteración da vacina que non so protexa contra a COVID, senón que permita mellorar o rendemento dos deportistas mediante a inserción de ADN recombinante a través dun vector vírico. Nas novas secuencias de ADN utilizaranse instrucións xenéticas procedentes de animais que posúan adaptación físicas beneficiosas para o desempeño deportivo, como a capacidade de almacenamento de osíxeno muscular por parte dos mamíferos mariños ou a velocidade de reacción muscular das gambas.
Restriccións uso ximnasio COVID 04/11/2020
Ante as novas medidas aprobadas pola Xunta no DOG Nº 223-Bis, nas que restrínxese a reunión de persoas na área de Ferrolterra, suspéndese o acceso dos socios ó ximnasio.
Está medida estenderase ata que termninen ditas medidas aprobadas pola Xunta de Galicia.
Restriccións uso ximnasio COVID 22/10/2020
Ante as novas medidas aprobadas pola Xunta no DOG Núm. 212-Bis suspéndese o acceso dos socios o ximnasio polas tardes pola coincidencia co entreno dos deportistas federados.
Os socios poderán continuar entrenando polas mañás sen superar as 5 persoas no local e cumprindo as normas de desinfección en vigor.






