Escola Verán 2020
Apertura do ximnasio para os socios tralo COVID19
A partir da vindeira semana (29 de xuño) permitirase o uso do ximnasio por parte dos socios, seguindo os protocolos sanitarios preceptivos (DOG 115 de 13 de xuño de 2020) e con horario preestablecido para cumprir co aforo da instalación.
Os interesados deberán enviar un correo electrónico a secretaria@clubdomarmugardos.com indicando teléfono de contacto e horario no que pretenden usar as instalacións e esperar confirmación da directiva para empezar a empregar as instalacións.
Nota non competición COVID
Este ano 2020 o Club do Mar de Mugardos non competirá na LGT debido ó COVID-19, que fai imposible a participación de moitas das súas remeiras e remeiros pola sua situación laboral ou persoal.
Coa esperanza de volver pronto as competicións e ver de volta as nosas embarcacións na auga aproveitamos para comunicar o noso especial agradecemento tanto a patrocinadores como socios polo seu apoio nestes complicados tempos.
Medidas ante o Coranavirus
Ante a epidemia de Coranavirus e seguindo os consellos sanitarios emitidos nas últimas horas polas administracións públicas a directiva do Club do Mar de Mugardos informa das seguintes medidas:
- Cancelación da andaina programada para o próximo día 22 de marzo.
- Peche do ximnasio da entidade para os socios.
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA 08/03/2020
-
Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
-
Informe económico do ano 2019.
-
Informe deportivo e de actividades do ano 2019.
-
Situación actual do club e proxectos para a tempada 2020.
-
Proposta da directiva para a modificación da cuota dos socios/as.
-
Rogos e preguntas.
1. Solicitude dun préstamo aentidade“ABANCA” pola cuantía de 7.000€ para a adquisición dunha furgoneta para a entidade.
2. Facultar a Don GUILLERMO JOSÉ PEREIRA COTO, na súa condición de presidente, para a firma do citado préstamo.

IV Bandeira Concenllo de Mugardos / II Reganosa
VIII Festa do Marisco
V Trofeo de Traineiriñas feminino Concello de Mugardos
Convocatoria de xunta xeral de socios 07/04/2019
-
Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
-
Informe económico do ano 2018.
-
Informe deportivo e de actividades do ano 2018.
-
Situación actual do club e proxectos para a tempada 2019.
-
Cambio de usos do local.
-
Acto de conciliación ó requerimento de Pulpeiros Mugardos.
-
Rogos e preguntas.









