A sección de Actividades Subacuáticas atopa unha valiosa colección de cervexa antiga
Aclaración 29/12/2018: Esta artigo foi a inocentada de este ano.
¡Feliz día dos inocentes a todos!
Esta mañá, os participantes nun dos bautismos de mar da recén constituída Sección de Actividades Subacuáticas do Club do Mar de Mugardos, atoparon durante a súa saída unha importante colección de cervexas antigas no fondo da ría.
Durante a inmersión atopouse unha gran caixa metálica repleta de botellíns antiga cervexa perfectamente conservada, especúlase que a cervexa puido ser empregada na celebración da botadura do superpetroleiro Arteaga no ano 1972 polo estaleiro fenés de Astano.
A caixa metálica sería empregada para manter a cervexa fría mediante a súa inmersión na auga do mar desde o propio petroleiro.
Segundo expertos locais consultados, a cervexa aínda perfectamente precintada, podería acadar importante sumas na súa puxa (miles de euros por botellín), pois a baixa temperatura de conservación no fondo mariño permitiría unha lenta e única fermentación da bebida engadindo aromas e sabores mariños ó prezado beberaxe.
Esta previsto abrir un par destas excepcionais botellas nas precampanadas que organiza o Club do Mar de Mugardos o domingo 30 as 12.30 horas na cantina da sociedade.
Vídeo arquitectura Mugardesa nos 80
Vídeo en RTVE sobre a arquitectura tradicional mariñeira no Golfo Ártabro, no que se pode ver como era Mugardos no ano 1984.


Subvención concedida polo FEMP o C.M. de Mugardos
O proxecto “Proxecto deportivo de traíña feminina en Mugardos”, con número de expediente GAL2.058, do Club do Mar de Mugardos foi elixido para a súa financiación polo “Fondo Europeo Marítimo e de Pesca” dentro do programa “AXUDAS AUTONÓMICAS PARA PROXECTOS AO ABEIRO DAS ESTRATEXIAS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVAS” desenrolada polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ártabro Norte.
O proxecto que conta cun orzamento de 36.269,75€ (con I.V.E.) é financiado nun 90% (26.977,50€) polo FEMP.
O obxectivo do proxecto é: Fomentar a inclusión das mulleres no deporte tradicional do remo, mediante a súa participación na Liga Galega de Traiñeiras Feminina. A duración mínima do proxecto será de 5 anos.
As mulleres interesadas en participar poden poñerse en contacto co Club do Mar de Mugardos no email secretaria@clubdomarmugardos.com
Pódese consultar a memoria do proxecto no seguinte enlace.
Xornada de mergullo o 22/09/18
O próximo día 22 de setembro as 11.00 horas realizarase na cantina do Club do Mar de Mugardos unha xornada sobre submarinismo e bioloxía mariña co obxectivo de comezar as actividades da nova sección de actividades subacuáticas.
A xornada comezará cunha charla na que trataranse os seguintes temas:
- Xeografía marítima da Ría de Ferrol (15 min).
- Lexislación sobre peca marítima de recreo en aguas interiores, facendo fincapé na pesca submarina (20 min).
- Especies mariñas de interese que habitan as rías galegas. (1 hora 20 min).
A hora prevista de finalización da charla será as 13.00 horas e os prezos son os seguintes:
- 3€ para as persoas non socias.
- 2€ para os socios do Club do Mar.
A partir das 13.00 horas realizaranse bautismos de mergullo básico dende terra ata 2 metros de profundidade, o custe desta actividade será:
- 15€ para as persoas non socias.
- 10€ para os socios do Club do Mar.
Recordar que a cota de socio do Club do Mar é de 3€ ó mes, o que conleva descontos nas actividades do club e o uso da sala de fitness da entidade.
Festa do Marisco 2018 – 7ª Festa de Verán
Escola de Verano 2018
IV Trofeo de Traineiriñas Concello de Mugardos
Calendario electoral 2018
Según o aprobado na Xunta Xeral Extraordinaria de socios realizada o pasado 24 de marzo publícase o calendario electoral polo que rexiranse as elección no Club do Mar de Mugardos:
- Convocatoria de eleccións: 24 de marzo.
- Exposición pública do censo electoral: 25 marzo ó 8 de abril.
- Presentación de reclamacións ó censo electoral: 9, 10 e 11 de abril.
- Resolución as reclamacións e presentación do censo definitivo: 12 de abril.
- Presentación de candidaturas: 13,14 e 15 de abril.
- Exposición pública das candidaturas presentadas: 16 a 23 de abril.
- Impugnación e reclamacións as candidaturas presentadas: 24 ó 27 de abril.
- Resolucións as reclamacións e publicacións das candidaturas definitivas: 28 de abril.
- Eleccións: 5 de maio.
- Proclamación da candidatura electa: 9 de maio.
Actualización 16/04/2018
A única candidatura que se presentou ó proceso electoral foi a actual directiva do Club do Mar de Mugardos polo que esta proclámase como nova Xunta Directiva da entidade.
Convocatoría Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria do 24 de Marzo de 2018
- Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
- Informe económico do ano 2017.
- Informe deportivo e de actividades do ano 2017.
- Situación actual do club e proxectos para a tempada 2018.
- Proposta de aumento da cota ós socios/as da sociedade. Someterase a votación.
- Procedemento a seguir nas eleccións á Presidencia do Club do Mar de Mugardos por fin de mandato do actual Presidente.
- Rogos e preguntas.
Presidencia conforme a seguinte orde do día:
1. Calendario electoral.
2. Sorteo membros componentes Xunta Electoral.
3. Elección e nombramento dos componentes da Mesa Electoral.













