A sección de Actividades Subacuáticas atopa unha valiosa colección de cervexa antiga


Aclaración 29/12/2018: Esta artigo foi a inocentada de este ano. ¡Feliz día dos inocentes a todos!
Esta mañá, os participantes nun dos bautismos de mar da recén constituída Sección de Actividades Subacuáticas do Club do Mar de Mugardos, atoparon durante a súa saída unha importante colección de cervexas antigas no fondo da ría.
Durante a inmersión atopouse unha gran caixa metálica repleta de botellíns antiga cervexa perfectamente conservada, especúlase que a cervexa puido ser empregada na celebración da botadura do superpetroleiro Arteaga no ano 1972 polo estaleiro fenés de Astano.
A caixa metálica sería empregada para manter a cervexa fría mediante a súa inmersión na auga do mar desde o propio petroleiro.
Segundo expertos locais consultados, a cervexa aínda perfectamente precintada, podería acadar importante sumas na súa puxa (miles de euros por botellín), pois a baixa temperatura de conservación no fondo mariño permitiría unha lenta e única fermentación da bebida engadindo aromas e sabores mariños ó prezado beberaxe. Esta previsto abrir un par destas excepcionais botellas nas precampanadas que organiza o Club do Mar de Mugardos o domingo 30 as 12.30 horas na cantina da sociedade.

Deixa unha resposta