Clases de iniciación ás labores

Bigunki buho verde lateral

Proximamente comezarán a impartirse no club clases de iniciación ás labores (ganchillo, bordado, …).
As clases serán de dúas horas semanais e terán un prezo de inscrición de 10€ mensuais.
Os interesados poden inscribirse na cantina da sociedade ou mandar un email a secretaria@clubdomarmugardos.com indicando horario de preferencia, datos persoais e medio de contacto.

Resultado do concurso urxente de xestión do ambigú

Según a resolución da directiva do Club do Mar de Mugardos, acadadá en reunión o 27 de agosto de 2014, resólvese o concurso de adxudicación da xestión do ambigú según o seguinte resultado:

Memoría. Xestión
Formación. e Experiencia.
Entrevista Persoal
Oferta Económica
Limpeza ximnasio
Puntuación
Total
Héctor S. V.
25
25
30
2
20
102
José A. N.
45
30
30
9,68
20
134,68
Belén R.G.
40
50
35
12
20
157
Esteban A. M.
35
30
40
12,1
20
137,1

Concurso urxente de adxudicación do ambigú da sociedade

Convócase de forma urxente o concurso para a xestión do ambigú da sociedade, na que poderán participar todas as persoas ou sociedades que cumpran o establecido no prego de cláusulas publicada na web da entidade.

O período de presentación de ofertas é do 20 de agosto ata o 26 de agosto de 2014, sendo presentadas as ofertas na oficina do Club do Mar no horario de atención ó público.

Os solicitantes deberán cumprir as seguintes condicións:

  • Ser socios do Club do Mar no momento de presentar a proposta.
  • Ter cumpridos os 18 anos.

Os criterios para valorar as propostas serán:

  • Memoria da xestión.
  • Formación e/ou experiencia no sector da hostalaría.
  • Entrevista persoal.
  • Oferta económica.
  • Posibilidade de facerse cargo da limpeza da sala de fitness e vestiarios.

Prego de condicións (PDF)

Concurso adxudicación do contrato do ambigú da sociedade

Convocase o concurso para a xestión do ambigú da sociedade, na que poderán participar todas as persoas ou sociedades que cumpran o establecido no prego de cláusulas publicada na web e no taboleiro de anuncios da entidade.

O período de presentación de ofertas é do 16 de xaneiro ata o 30 de xaneiro de 2014, sendo presentadas as ofertas na oficina do Club do Mar no horario de atención ó público.

Os solicitantes deberán cumprir as seguintes condicións:

  • Ser socios do Club do Mar no momento de presentar a proposta.
  • Ter cumpridos os 18 anos.

Os criterios para valorar as propostas serán:

  • Memoria da xestión.
  • Formación e/ou experiencia no sector da hostalaría.
  • Entrevista persoal.
  • Oferta económica.
  • Posibilidade de facerse cargo da limpeza da sala de fitness e vestiarios.

Prego de condicións (PDF)

Correspondencia co Alcalde de Mugardos

O pasado 9 de Maio, con número de entrada de rexistro 2555 no Concello, a directiva desta entidade fíxolle entrega o Alcalde de Mugardos, Don Xosé Fernández Barcia, dun escrito onde a sociedade expresaba o seu rexeitamento do trato do concello cara ela ante a insuficiencia das axudas económicas e a falta de Convenio de Escolas Deportivas dende a convocatoria 2011/2012.

O escrito na súa totalidade pode lerse a continuación:

Enlace ó arquivo

O día 24 de Maio o alcalde respondía o Club do Mar co seguinte escrito:

Enlace ó arquivo

O club vese obrigado a deixar as embarcacións na rúa

O temporal do pasado fin de semana, 20 de xaneiro, produciu multiples desprendementos no talude que se atopa o carón do paseo marítimo de Mugardos e por conseguinte xusto detrás do local do Club do Mar. A terra desprendida aínda non foi retirada (a día 27 de xaneiro) e o que é máis grave afectou o local anexo ó club, cedido por un dos socios, e que era empregado para gardar os bateis e remos do club.

Ante o perigo de derrube o Club do Mar vese obrigado a deixar as súas embarcación na rúa ata que se solucione a situación ou se atope un novo emprazamento para gardar o material de competición.

Convenio con Ópticas Noroeste

O Club do Mar de Mugardos ven de firmar un convenio de patrocinio con Ópticas Noroeste mediante o cal os socios do Club do Mar de Mugardos se beneficiarán dun desconto dun 20% nos produtos de óptica, agás promocións e audífonos, así como de revisións e exploracións oculares gratuítas.
Para beneficiarse destas vantaxes os socios deberán solicitar unha tarxeta desconto, dispoñible nas instalacións do Club do Mar.
Ópticas Noroeste dispón de establecementos nas seguintes direccións:
  • FERROL: C/ Tierra , 26 Bajo. tf: 981 35 10 80
  • FERROL:  Ctra. Castilla,95   tf: 981 94 85 7
  • ARES: Avda Saavedra Meneses, 25  Tf: 981 46 86 27 
  • PERLIO: Avda. Marques de Figueroa, 51 Bajo A  Tf: 981 34 37 35 
  • CEDEIRA: Avda. Zumalacarregui, 1 Bajo Tf: 981 48 23 91.

Aviso lotería de Nadal

O Club do Mar de Mugardos comunica o roubo das series da lotería de Nadal cos números comprendidos entre o 851 – 900 e 1301 – 1500 vendidas por dita entidade. A lotería roubada atopábase sen cuñar polo que se prega os interesados que revisen a lotería da entidade que lles sexa ofrecida. Os novos números que reemprazan os roubados atópanse cuñados e firmados polo presidente da entidade para disipar posibles dúbidas sobre a súa procedencia.

Dende a entidade esperamos que dito feito non cause ningún inconvinte e aproveitamos para desexar un bo Nadal e felices festas os socios e seguidores do Club do Mar.