Concurso de adxudicación da xestión do ambigú da sociedade

Convócase o concurso para a xestión do ambigú do Club do Mar de Mugardos, na que poderán participar todas as persoas ou sociedades que cumpran o establecido no prego de cláusulas publicada na web da entidade.

O período de presentación de ofertas é do 10 de marzo ata o 20 de marzo de 2017, sendo presentadas as ofertas na oficina do Club do Mar no horario de atención ó público.

Os solicitantes deberán cumprir as seguintes condicións:
  • Ser socios do Club do Mar no momento de presentar a proposta.
  • Ter cumpridos os 18 anos.
Os criterios para valorar as propostas serán:
  • Memoria da xestión.
  • Formación e/ou experiencia no sector da hostalaría.
  • Residencia en Mugardos e antigüidade como socio.
  • Entrevista persoal.
  • Oferta económica.
  • Posibilidade de facerse cargo da limpeza da sala de fitness e vestiarios.

Prego de condicións (PDF)

Deixa unha resposta