I Premio Estudo e Deporte

É unha iniciativa do IES Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Club do Mar de Mugardos e o Club de Fútbol Galicia de Mugardos, para premiar aos estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico e así poñer en valor aos xoves con habilidades sociais capaces de organizarse e de programar o seu tempo con eficacia para render positivamente nos estudos e no deporte.

OBXECTIVOS

  • Premiar e valorar o esforzo dos estudantes-deportistas do IES Mugardos.
  • Promocionar a cultura do “xogo limpo”.
  • Potenciar as actividades deportivas
  • Mellorar o rendemento escolar. 
  • Incentivar valores sociais, deportivos e académicos.
  • Integrar os ámbitos escolar e deportivo.

PARTICIPANTES

Alumnado do IES de Mugardos que practica deportes ou actividades deportivas regulamentadas e federadas, individuais ou colectivas, coa supervisión dun adestrador ou adestradora.
Será necesario que a entidade deportiva á que está vinculado o alumnado deportista, estea disposta a participar nesta iniciativa.

PREMIOS

Haberá dous premios -feminino e masculino- por categoría. En caso de empate decide á maior puntuación no rendemento académico.
Os premios consistirán en diploma, trofeo e dotación económica.
Farase a entrega dos premios no salón de actos do Instituto de Mugardos no mes de xuño dentro do acto cultural de remate do curso 2011-2012.

ENTIDADES DEPORTIVAS E NÚMERO DE DEPORTISTAS:

Entidad deportiva Número de deportistas
Club de Fútbol Galicia de Mugardos 27
Club de Fútbol Galicia de Caranza 1
Club do Mar de Mugardos 12
Club de Fútbol Maniños 1
Club de Remo de Ares 10
BTT Mugardos (Club do Mar Mugardos) 1
Club de Fútbol Numancia de Ares 8
Kárate, EKF 1
Club de Fútbol Racing de Ferrol 2
Kárate Mugardos 1
Kárate Ares 2
Blc Basquetmi Ferrol 1
Kárate Franza 2
Tiro con arco Ferrol 1
Kárate Narón 2
Tiro con arco Ares 1

Documentación do premio [PDF]

El Diario de Ferrol “Mugardos reconoce a sus ‘estudiantes-deportistas’ “

Praga de termes ameaza as embarcacións do Club do Mar


[Actualización 29/12/2011]
Evidentemente o asunto das termes era unha inocentada e o Club do Mar participará na vindeira temporada sen ningún problema de insectos nas súas embarcacións.


Unha praga de termes foráneas está atacando as embarcación do Club do Mar poñendo en serio perigo a participación na próxima temporada deportiva. Estas termes (Cryptotermes Carbonensis) de orixe asiático aniñaron no interior do casco das embarcacións de remo alimentándose da fibra de carbono e da celulosa do panal de abella situado entre as capas de fibra. Esta clase de terme fai unha mistura coa celulosa e a fibra de carbono (carbón no seu entorno natural) na que cultivan os fungos dos que se alimentan.

O SEPRONA baralla a posibilidade de que estes insectos fosen introducidos ilegalmente no país como mascotas, pois a súa introdución esta prohibida debido a súa acción daniña sobre a fibra de carbono; atacando principalmente coches deportivos, avións e embarcación de competición. Estes insectos son moi cotizados no mercado negro de animais exóticos debido a súa docilidade e fermoso canto.

A situación e crítica para o club pois estes insectos están a comerse as embarcación desde dentro e tememos que no transcurso de escasos meses estas encóntrense inservibles para a competición. Entre as medidas temporais dispostas polo club atópase a creación de turnos de remeiros que se encargan de vixiar os botes as 24 horas co insecticida preparado para acabar con calquera terme que apareza nos arredores das embarcacións.


Danos causados nunha das embarcaións polas termes

A sección de ciclismo do Club do Mar – Pulpeiros BTT de momento non reportou ningún caso de infestación destes insectos, pese que hoxe en día a fibra de carbono emprégase cada vez máis nas bicicletas co gallo de facelas máis lixeiras. A pesar de todo dende o club pídeselles a tódolos membros da sección que fumiguen as partes de fibra de carbono das súas bicicletas antes de achegarse polo local social do club.

Lotería de nadal 2011

No sorteo do 22 de Decembro o número do Club do Mar de Mugardos, o 67727 resultou premiado con 100€ ó décimo, 5€ por euro xogado.
Os posuidores de participacións vendidas polo Club poderán facer efectivo este premio na sucursal de Nova Galicia Banco (anterior Caixa Galicia) de Mugardos a partir do final da próxima semana, pois é necesario agardar a publicación das listas definitivas de premios e o ingreso por parte de Loterías del Estado.

Aproveitamos para desexar felices festas a tódolos socios e seguidores do Club do Mar.

Sala de fitness do Club do Mar

A partir do día 2 de Novembro de este ano (2011)  a sala de fitness do Club do Mar de Mugardos porase tamén a disposición dos socios que desexen utilizala para facer exercicio.

A sala de fitness trala recente actualización levada a cabo polo club atópase completamente equipada cunha ampla selección de máquinas de fitness entre elas:

  • Máquinas de de exercicio cardiovascular:
    • Remoergómetros.
    • Bicicletas estáticas.
    • Cinta de correr.
  • Máquinas de musculación de todo tipo.
  • Completo xogo de pesas, mancornas e bancos.

Os socios que utilicen a sala de fitness deberán aboar a parte da cota de socio un suplemento mensual de 10€ (tan só os meses que empreguen a sala de fitness) e cumprir a normativa vixente para o uso de dita sala.

Comezo da Escola de Remo 2011/12

Como estaba previsto este mércores (19 de Outubro) as 17.30 comezará a “Escola de Remo” do Club do Mar de Mugardos.
Antes do comezo do entrenamento realizarase unha reunión cos pais dos cativos no ximnasio do club as 17.10 horas, na que participaran directiva e entrenadores.
Os interesados todavía están a tempo de apuntarse no seguinte formulario.

Recollida de firmas contra a localización da bomba de impulsión de augas residuais

Estase a levar a cabo no Club do Mar de Mugardos unha recollida de firmas contra da instalación dos depósitos e bombas de impulsión de augas residuais no paseo marítimo de Mugardos, na rúa Cantón de Cora entre a “Casa da Serea” e o local social do Club do Mar. Esta actuación englobase no plan de saneamento na zona norte da ría de Ares e na zona sur da ría de Ferrol, Ares, Fene e Mugardos que se está a levar a cabo para adaptar o tratamento de augas residuais a normativa da Unión Europea e conta cun presuposto de 87.216.849,40 €.

Ubicación proposta pola empresa encargada das obras

Os motivos polos que creemos que este non e o lugar axeitado para a instalación destas infraestruturas son os seguintes:

  • Dana o valor turístico do paseo marítimo de Mugardos.
  • A instalación destas infraestruturas producirá cheiros e ruidos o que será un problema para visitantes e veciños do noso pobo.
  • Dana o entorno dun edificio con gran valor histórico e artístico como e a “Casa da Serea”, ademais dos posibles danos ocasionados durante a realización das obras.

Por estes motivos pedimos a colaboración de todos os veciños que compartan os nosos puntos de vista e se acheguen a firmar ó Club do Mar a petición que posteriormente será remitida o concello.

Se queres colaborar con nós tamén podes recoller firmas imprimindo o seguinte documento para logo entregalas no local social do Club do Mar de Mugardos.