- Buscamos un nome que sexa apropiado ó deporte do remo, ó mar, a Mugardos, a Galiza,……
A imaxinación debes poñela ti e facer a túa proposta. - Poderá participar calquera persoa, sen límite de idade. Só poderase facer unha proposto por persoa.
- Prazo e lugar de presentación: Do 19 ó 30 de marzo ambos incluídos; no Club do Mar de Mugardos, ou ben enviando un correo electrónico ó enderezo clubdomarmugardos@hotmail.com nesas datas. É necesario incluír o nome e apelidos do aut@r así como un teléfono de contacto. ( Os envíos presentados fóra de prazo quedarán automaticamente excluídos do concurso).
- Premio: Un equipo reprodutor de DVD portátil con pantalla xiratoria.
- No caso que resulte gañadora unha proposta con varios autores, sortearase o premio entre todos eles.
- Membros do xurado e fallo dos concursos: O xurado estará composto polo Presidente do Club do Mar, dous Directivos da Sociedade, o adestrador da traíña e un remeiro.
- O gañador do concurso darase a coñecer publicamente o
31 de marzoe recibirá o seu premio nun evento celebrado posteriormente no que se presentará oficialmente a traíña e a tripulación da mesma. - A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.
I Contrarreloxo Club do Mar – Pulpeiros BTT
O día 31 de Marzo realizarase a
“I Contrarreloxo Club do Mar – Pulpeiros BTT” organizada pola nosa sección de ciclismo os Pulpeiros BTT. A contrarreloxo se realizará en Mugardos, nun percorrido circular de 16 Km ó que será necesario dar dúas voltas facendo un total de 32 Km. O desnivel varía entre os 0 e os 90 metros polo que non quedará sitio para a relaxación nun trazado sobre todo moi divertido.
A saída e a chegada será diante do local social do Club do Mar de Mugardos, situado no Cantón de Cora no peirao de Mugardos. Ás 16.00 será a recollida de dorsais para proceder as saídas a partir das 16.30 por orden de dorsal.
O custe por participación é o seguinte:
-Federados: 0 €.
-Non federados: 12€ (custe da licencia por un día).
-Cena: 10€ por persoa (se poden traer acompañantes).
A inscrición se fará no seguinte formulario web ata o día 27 de Marzo, podéndose comprobar a situación dos inscritos nesta páxina.
Galería Fotográfica da II BiciGymkana Infantil
Galería fotográfica da “II Bici-Gymkana Infantil” organizada polo Club do Mar – Pulpeiros BTT o 14 de Xaneiro no Pavillón do Cristo. Enlace a galería completa.
II Bici-Gymkana Infantil do Club do Mar
O vindeiro día sábado 14 de Xaneiro levarase a cabo a “II Bici-Gymkana Infantil” organizada pola sección de ciclismo do Club do Mar de Mugardos, os Pulpeiros BTT. O acto realizarase no Pavillón Municipal do Cristo as 17.00 horas.
- O evento está destinado a nenos de 5 a 13 anos e constará de diferentes circuitos, probas e niveis.
- É necesario un nivel aceptable de control da bicicleta.
- Para a participación en dito evento é necesario que os participantes leven bicicleta e mais casco.
- A actividade será completamente de balde para todo os partipantes.
- Ó final do evento sortearase diverso material deportivo cedido por Ciclos-Roca e unha magnífica bicicleta de BTT por parte do Club do Mar.
A inscripción realizarase no seguinte formulario web ou na cantina do Club do Mar. O prazo de inscrición remata o venres 13 de Xaneiro as 14.00 horas 21.00 horas.
Para resolver calqueira duda se pode contactar co club no seu teléfono 981 470 170 ou ben no email .
Entroido de Verán
O vindeiro domingo 14 de Agosto o Club do Mar de Mugardos xunto coa asociación Porto Magno organizarán en Mugardos o primeiro “Entroido de Verán”, no que se realizarán diversos eventos de ámbito familiar durante todo o día.
Durante a celebración deste peculiar entroido realizaranse:
- II Ruta de Verán do Club do Mar – Pulpeiros BTT, unha ruta de BTT duns 20 Km de introducción a bicicleta de montaña apta para toda a familia. A ruta partirá as 10.00 dende o Club e rematará no mesmo punto sobre as 12.45. O percorrido consta dun avitullamento a metade de camiño para repoñer forzas e agasallos ó final da ruta. Pode inscribirse no formulario de inscrición ou tamén en Decathlon Ferrol.
A idade recomendada para a actividade e partir dos 6 anos; pero para fomentar a iniciación na bici dos máis pequenos, os cativos que non realicen a ruta principal poderán participar nuha mini ruta que realizarase polo peirao de Mugardos e que non terá ningún costo asociado.
- Colaboran coa ruta:
![]() |
![]() |
![]() |
- Festa gastronómica do Polbo a Feira: dende as 12.30 aproximadamente en adiante venderanse racións de polbo a feira na carpa instalada diante do Club do Mar.
- Xogos populares: cucaña marítima e tiro de corda, a partir das 17.00 (inscrición no Club do Mar unha hora antes dos xogos).
- Música e Festa para os máis cativos: a partir das 20.30 música e animación destinada os nenos.
- Música e festa: a partir das 22.00 en diante música e troula ata que o corpo aguante.
Fotos da I Ruta de Verán, 2010.
[Actualización 15/08/2011]
I Bandeira Reganosa
Mañá, día 23 de Xullo, celebrarase en Mugardos a “I Bandeira Reganosa de Traíñas” pertencente a “Liga Galega de Traiñeiras”. A bandeira organizada polo Club do Mar de Mugardos e a LGT está patrocinada por Reganosa e foi presentada onte, día 22 de Xullo, no concello ante os medios de comunicación.
Efectuaron a presentación o presidente do Club do Mar, D. Guillermo Pereira, o Director de Operacións de Reganosa, D. Carlos Vales e o alcalde da vila D. Xosé Fernández Barcia.
Na regata compiten as catorce traíñas que disputan a Liga e poderá verse dende as 19.00 h. dende o peirao do pobo.
O campo de regata para a proba, composto de 4 longos de 1389 metros, parte do extremo do peirao e atravesa a ría cara o porto do carbón en Ferrol.
Ver I Bandeira Reganosa nun mapa máis grande
Despois da regata as 20.30 comezará na carpa situada diante do Club do Mar a “Festa da Traíña”, na que se poderá disfrutar de mexillóns, empanada, viño e moita música. A consumición será de balde para os socios e a 3€ para o resto da xente.
La Voz de Galicia 22/07/2011 “La primera bandera Reganosa devuelve las traineras a Mugardos”
Diario de Ferrol 22/07/2011 “Mugardos, primera parada de la liga gallega de traineras en Ferrolterra”
[Actualización 24/07/2011]
Diario de Ferrol 24/07/2011 “La rotura del tren de balizaje impidió que se disputase la Bandera Reganosa”
Diario de Arousa 24/07/2011 “Suspenden la regata en Ferrol después de que una lancha arrollase el tren de balizaje “
La Voz de Galicia 24/07/2011 “Suspenden la regata de traineras de Mugardos al soltarse una baliza”
Comezo das actividades de verán do Club do Mar
Onte, 24 de Xuño de 2011, deu comezo as actividades de verán do Club do Mar de Mugardos coa realización dunha sardiñada popular en apoio do Club, a cal contou cun notable éxito de asistencia.
Durante todo o verán levaranse a cabo unha serie de actividades nas que inclúense actividades deportivas, xogos populares e festas gastronómicas.
Dentro de estas actividades inclúense eventos tan importantes como a “I Bandeira de Traiñas do Club do Mar” ou a “Ruta BTT EDR 2011”.
Presentación da LGT
Onte, sábado día 18 de Xuño, celebrouse en Rianxo a presentación da “Liga Galega de Traiñeiras” na súa edición 2011 a que acudiron os 14 clubs participantes e un bo número de espectadores.
O cedo da hora para levar as traíñas a expoñer no evento e a regata de veteranos en honor a Xoubeiro, histórico patrón de Rianxo, fixo que varios clubs se animaran a entrear en Rianxo antes do comezo da presentación.
O acto de presentación celebrado na Praza de Castelao comezou as 21.30 horas e nel presentouse o calendario da liga, a novidade de un maillot amarelo que será lucido polo patrón da traíña que encabece a clasificación da liga e presentáronse as 14 tripulacións que remarán na liga de este ano. Destando como principal novidade a participación do Club do Mar de Mugardos por primeira vez na LGT.
Na presentación tamén interviñeron Don Diego Portela presidente da liga e Don José Ramón Lete Lasa secretario xeral para o deporte para concluír o acto co sorteo das quendas para a primeira regata da liga que se disputará o día 26 de Xuño en Chapela, quedando as quendas da seguinte forma:
- Quenda 1: Ares, Mecos, Amegrove
- Quenda 2: Perillo, Mugardos, Esteirana
- Quenda 3: Coruxo, Chapela, A Cabana, Cabo da Cruz
- Quenda 4: Meira, Puebla, Vilaxoán, Rianxo
O acto presentado por Terio Carrera e amenizado polo cómico Federico Pérez Rey, Josito en “Padre Casares“, foi dinámico e ameno en todo momento dando como resultado un gran acto de presentación, tan so ensombrecido pola hora en que se levou acabo. O tardío da hora fixo que os remeiros tiveran que pasar practicamente todo o día en Rianxo e a última hora notábase o cansancio en moitos deles.
Galería fotográfica (35 fotos)
Nova páxina da LGT
Breve resumo na TVG [Vídeo]
Ruta BTT EDR 2011
A sección de clismo do Club do Mar Pulpeiros BTT encárgase este ano de organizar a ruta BTT “Entre Dúas Rías” de este ano, a cal se levará a cabo o 3 de Xulio. Esta é a quinta edición da ruta que discurre entre Ares e Mugardos, que goza dunha grande aceptación entre os ciclistas galegos e incluso doutras comunidades. A EDR encontrase incluída no calendario de BTT da Federación Galega de Ciclismo con tódolas vantaxes que isto supón para os participantes. A ruta percorrerá 53 Km entre os dous municipios recorrendo paraxes únicos de as rías de Ferrol e a de Ares.
Ó final da ruta realizarase unha comida con tódolos participantes e o sorteo de premios por parte dos patrocinadores do evento.
A inscrición, limitada a 250 participantes, poderá levarse a cabo neste formulario no Decathlon de Ferrol e en Ciclos Roca.
O prezo da inscrición será de 15 € para os ciclistas federados e 27 € para os non federados incluíndo seguro e comida.
Os participantes inscritos poden comprobar os seus datos no seguinte formulario [Actualizado 29/06/11].
Toda a información sobre a ruta está dispoñible no seguinte PDF [Actualizado 08/06/11].
- Como chegar o Pavillón Municipal de Mugardos dende a saída da AP-9 (punto de saída da ruta)
Churrascada en apoio ó Club do Mar
O vindeiro sábado 21 de maio realazirase no Club do Mar unha churrascada en apoio ó Club. O evento realizarase na carpa ubicada diante do Club e comezará as 20.00 horas, nel poderase disfrutar do mellor churrasco acompañado dun magnífico ambiente. O precio da ración será de 8 € incluindo churrasco, pan, viño e auga.
Esperámosvos a todos alí para disfrutar da festa.
[Actualización 22-05-11] Fotos do evento