Ruta BTT EDR 2013

Outro ano máis, xa estamos aquí coa sétima edición da “Entre Dúas Rías”. Comeza a travesía dunha ruta que navega entre dúas rías excepcionais e entre os Concellos de Mugardos e Ares. Descubrirás unha zona incrible cunhas corredoiras desde as que terás unhas vistas ó mar impresionantes.
O día 30 de xuño a ruta partirá dende o Pavillón municipal do Cristo (Mugardos) ás 09:00 a.m. dende donde iniciaremos un percorrido de 54 km, por carreiros que seguro gustaranvos.
Como chegar o pavillón dende a AP-9.
Na inscrición deste ano chegaremos hasta os 350 participantes.

A inscrición ten un custe de:

  • Non federados 19€ (7€ inscripción + 12€ de licencia por un día).
  • Federados 7€ (é necesario especificar a qué club pertences e o número de licencia) 

O prezo da comida para os participantes que queiran quedarse é de 10€, e para os acompañantes 11€ por persoa.

Formulario de alta.
Formulario para comprobar a inscrición.


Gráfica da proba

II Premio Estudo e Deporte

É unha iniciativa do IES Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Club do Mar de Mugardos, a SDC Galicia de Mugardos e a ANPA O Castro para premiar aos estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico.
Trátase poñer en valor aos xoves con habilidades sociais capaces de organizarse e de programar o seu tempo con eficacia para render positivamente nos estudos e na actividade física.

OBXECTIVOS

  • Premiar e valorar o esforzo dos estudantes-deportistas do IES Mugardos.
  • Potenciar as actividades deportivas.
  • Mellorar o rendemento escolar.
  • Incentivar valores sociais, deportivos e académicos.
  • Integrar os ámbitos escolar e deportivo. 


PARTICIPANTES

Alumnado do IES de Mugardos que practica deportes ou actividades deportivas ou actividades físicas regulamentadas, individuais ou colectivas, coa supervisión dun adestrador ou adestradora.

Será necesario que a entidade deportiva na que o alumna ou alumna  desenvolva a súa actividade, estea disposta a participar nesta iniciativa.

PREMIOS

  • Haberá dous premios -feminino e masculino- por categoría. En caso de empate decide á maior puntuación no rendemento académico.
  • Os premios consistirán en diploma, trofeo e dotación económica e vale para uso do complexo acuático O Castro durante un mes. 
  • Os premios entregaranse no acto cultural de remate do curso 2012-2013 no IES Mugardos.

Homenaxe no Club do Mar de Mugardos

O próximo domingo 24 de marzo, ás 13.00 hh. no local social do Club do Mar levarase acabo unha homenaxe ós principais impulsores e remeiros nos inicios do Club do Mar.

Homenaxeados:

  • Luís Dieste Bastida, e Gabriel Sánchez Fernández, en recoñecemento á súa adicación, esforzo e traballo na Sociedade, fomentando o deporte, a cultura e as tradicións no noso Pobo.
  • Juan Carnero Domenech, e Álvaro González García, en lembranza dos Campionatos de España de Bateis acadados no ano 1963 e 1966.
  • Pedro Cortizas Teijeiro, Juan Cartelle Roca e Antonio Pereira Rodríguez, en lembranza do Campionato de España de Bateis acadado no ano 1963.
  • Juan Alfonso Prados Maceiras, Juan Robatto Espiñeira, e Plácido Martínez Martínez, en lembranza do Campionato de España de Bateis acadado no ano 1966.
O acto están convidados tódolos socios e afeccionados do Club do Mar de Mugardos.

 

 

 

[Actualización 27-04-2013]

 

Fotos cortesía Emma Plana Basteiro

Cea Baile do Club do Mar o 1 de Decembro

O vindeiro sábado 1 de Decembro celebrarase unha cea-baile no Casino Mugardés organizada polo Club do Mar co gallo de cerrar a tempada e reunir os socios nestas datas próxima o Nadal. A ela poderán acudir todos os interesados que se apunten na cantina do Club ou no noso correo electrónico clubdomarmugardos@hotmail.com, o prezo será de 20€ para os socios e de 23€ para os non socios.
A cea comezará as 22.00 horas e o menú será o seguinte:

  • Salpicón de pescado.
  • Tenreira asada con guarnición de verduras.
  • Postre, café e ronda de chupitos.
  • Viños: Rioxas e albariños de colleita.

O rematar a cea actuará o dúo “Tania e Cuky”.

Curso micolóxico

O próximo venres 2 de Novembro o Club do Mar de Mugardos levará a cabo un curso micolóxico o cal será impartido por José L. Cuba.

O curso consta de:
[2 de Novembro as 20.30] Charla sobre o mundo dos fungos, impartida no Centro Cívico das Casas Baratas en Mugardos e donde. lles será entregado o material do curso en CD os participantes.

[3 de Novembro as 8.00] Saída a Serra do Forgoselo, donde se recolleran e estudiarán as especies previamente recollidas baixo a supervisión de José L. Cuba. (Os participantes desplazaranse pola sua conta ata ó Forgoselo). Aconsellamos levar chuvasqueiros en caso de choiva, botas de goma ou goretex, cesto, navalla, bastón, caderno de notas e cámara de fotos o que dispoña dela.

[3 de Novembro as 21.30] Cea degustación opcional, cea degustación de cogumelos no restaurante Andarubel situado nas Fragas do Eume ( inclúe cinco platos, postres, café e viño). Previo á cea haberá unha pequena charla e mostra de como trata-lo producto. Máximo 15 prazas, custe de 30€ persoa.

PREZO DO CURSO: 12€ ( Soci@s do Club do Mar: 10 €). Inclúe CD do curso.
PREZO DA CEA DEGUSTACIÓN ( Opcional. Máximo 15 prazas): 30 €/ persoa.

INSCRICIÓNS: No Club de 12 a 14h. e de 18 a 21h. ou no enderezo electrónico: clubdomarmugardos@hotmail.com Indicando nome, apelidos e tlf. e modalidade de inscrición ( curso, cea….). Data límite de pago as 20h. do martes 30 de outubro.

III Festa de Verán do Club do Mar

O vindeiro sábado 18 de Agosto levarase a cabo a “III Festa de Verán” do Club do Mar de Mugardos na que se realizarán actividades durante todo o día.
A xornada comezará coa “III Ruta de Verán” de BTT organizada pola nosa sección de ciclismo, os Pulpeiros BTT. Esta é unha ruta de introdución a bicicleta de montaña orientada para os nenos e familias, cunha dificultade media baixa. Nela poderán participar nenos a partir dos 5 anos; pero que posúan un bo manexo da bicicleta. A saída efectuarase dende o Club do Mar as 10.00 horas. O percorrido consta dun avituallamento a metade de camiño para repoñer forzas e sortearanse agasallos ó final da ruta .
En calquera caso, pensando nos máis pequenos para que tamén poidan participar na actividade, ó regresar da ruta principal farase unha minirruta que partirá diante da pista polideportiva das Casas Baratas, entorno as 12.45 horas, para dar unha volta polo pobo.

Os prezos serán os seguintes:

  • 2€ socios.
  • 5€ non socios.
  • De balde, os cativos que fagan a minirruta.

Para realizar calquera das rutas e obrigatorio o emprego de casco, sen él non será posible a participación.

As inscricións para a ruta poderán realizarse no seguinte formulario, no Decathlon de Ferrol (onde se sortearán vales desconto entre os alí inscritos) ou na cantina do Club do Mar.


III Ruta de Verán

A partir das 12.00, diante do local social do club do Mar, comezará a venta de tickets para as degustación comezando as degustacións de polbo a feira e de navallas a prancha a partir das 13.00 nas carpas situadas diante do club. Nelas se poderá disfrutar de polbo, cachelo, pan e viño por 10€ e da ración de navallas a 8€.

Pulpo a la gallega - jlastras Navajas - by onnoth

Para amenizar a sobremesa teremos a actuación de grupos musicais en directo e os máis pequenos poderán xogar nas atraccións inchables.
Actuarán:

  • 13.00 – Vai Rañala Meu (Música Tavernaria)
  • 19.30 – Os Dous de Sempre + Un

A primeira hora da tarde comezarán os xogos populares, como a cucaña e a corda, para rematar a festa cunha regata de bateis na que participarán as escolas de remo de verán dos clubs da zona.

Presentación da “II Bandeira Reganosa”

Este martes 24 de Xullo presentouse na sede de Reganosa a “II Bandeira de Traíñas Reganosa” patrocinada por Reganosa e organizada polo Club do Mar de Mugardos e a Liga Galega de Traiñeiras. Ó acto de presentación foi presidido por D. Emilio Bruquetas (Director Xeral de Reganosa), D. Xosé Barcia (Alcalde de Mugardos) e D. Guillermo Pereira Coto (Presidente do Club do Mar de Mugardos). O acto tamén acudiron representantes dos diferentes grupos políticos municipais.

Na regata, que se disputará o próximo sábado 28 de Xullo as 18.00 horas, competirán os oito equipos que conforman a Liga  A da LGT: Chapela, Amegrove, Samertolomeu de Meira, Cabo da Cruz, Vilaxoán, A Cabana e Ares. A regata percorrera unha distancia de 5556 metros divididos en 4 longos, dende o peirao de Mugardos ata o peirao carboeiro de Ferrol aproximadamente.

Ó rematar a regata as 20.00 horas realizarase unha churrascada no Club do Mar para celebrar con tódolos socios e xiareiros esta segunda edición da Bandeira do Club.

Documentación da II Bandeira Reganosa [PDF 4,8 MB]

“La II Bandeira Reganosa traerá hasta Mugardos la lucha por la permanencia ” Diario de Ferrol [25/07/2012]
“El pulso por la liga gallega llega a la Bandeira Reganosa” La Voz de Galicia [25/07/2012]
“La Bandeira Reganosa pone a prueba los botes locales” Diario de Ferrol [28/07/2012]

Presentación da LGT 2012

Este sábado, 8 de Xuño, celebrouse en Sanxenxo a presentación da LGT para este ano 2012. O acto organizado polo Club de Remo Amegrove e o Concello de Sanxenxo realizouse na Praza do Mar da vila aínda que este veuse moi deslucido pola continua choiva que caeu durante toda a tarde de forma case ininterrompida.

Moitas das traíñas que tiñan planificado entrear en Sanxenxo cambiaron de idea ante o complicado estado do mar e so unhas poucas se atreveron a mollar as embarcacións.
O acto comezou as 20.00 horas coa actuación da escola de baile Cantodorxo o que seguiu o monologuista “Manolo o do Atleti” para dar paso a presentación da liga. O acto foi presentado por Terio Carrera e nel participaron a alcaldesa de Sanxenxo Catalina González, o Presidente da LGT Diego Portela e o Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete Lasa entre outros.

A principal novidade da liga de este ano e a división da competición en dúas ligas, na que o Club do Mar de Mugardos despois de clasificarse na regata clasificatoria do pasado 6 de Abril remará na liga A.

 

La Voz de Galicia “La Liga alza el telón en Sanxenxo” [09/06/2012]

 

Acto de entrega do “1º premio Estudo e Deporte”

O 21 de xuño as 18.00 horas realizarase no IES Mugardos o acto de entrega do 1º premio “Estudo e Deporte”, galardón co que se pretende premiar os alumnos con mellor desenvolvento tanto académico como deportivo e social.

Na primeira parte do acto homenaxarase ás directivas dos clubes deportivos mugardeses, intervindo representantes do Club do Mar de Mugardos e do SDC Galicia de Mugardos.

Na segunda parte do acto farase entrega dos premios “Estudo e Deporte” ós alumnos do IES de Mugardos galardonados.

Máis información: I Premio Estudo e Deporte

Acto de presentación da nova traíña do Club do Mar

O Club do Mar de Mugardos presentará publicamente a nova traíña da sociedade, de nome Bestarruza, nun acto que terá lugar este venres (25 de Maio) as 18.00 horas diante do local social do club e o que están convidados tódolos socios e seareiros do club.

O programa do acto será o seguinte:

  • Recepción de autoridades e convidados entre os que se atoparán persoeiros de institucións públicas e privadas relacionadas co deporte e o mundo empresarial, tanto a nivel autonómico como local e comarcal. 
  • Presentación do acto ó longo do cal intervirán algúns dos persoeiros así como o Presidente da sociedade, e no que se presentará a recén adquirida traíña, patrocinada pola empresa Reganosa, que será bautizada en presenza da madriña da embarcación, a socia María Fariña Vázquez.
  • Entrega dun recordo ás empresas colaboradoras co Club do Mar na pasada tempada, así como unha distinción especial á empresa  Reganosa polo patrocinio da traíña na pasada edición da Liga Galega de Traíñas, coa entrega ós seus Directivos dunha réplica da bandeira da “ I Bandeira de Traíñas Reganosa”, bordada a man por unha artesá mugardesa.
  • Rematando o acto, e tras unha sesión fotográfica en lembranza do acontecemento, servirase un ágape diante do club e porase fin ó acto.
 

[Actualización 25/05/2012]

 

 

 

Todoremo.com “Mugardos se viste de largo” [25/05/2012]
Diario de Ferrol “El Club del Mar de Mugardos confía en su ‘Bestarruza'” [26/05/2012]