Proclamación de candidatura electa

Co remate do período de impugnacións, sen que se presentase ningunha, proclámase a candidatura de D. Eliseo Reborido Mato como electa, pasando a ser o novo presidente do Club do Mar de Mugardos.

Eliseo comezou a súa relación co club como remeiro canteirán da entidade no anos 90 para retornar ó Club do Mar de Mugardos como directivo dende o 2010 ata ó 2018 e compaxinando as súas tarefas na directiva como remeiro da traíña do club do ano 2010 ata ó 2015.

Clasificatoria da Bandeira da Concha 2014

Candidaturas presentadas as eleccións 2022

Comeza o período de exposición pública de candidaturas presentadas ás elección do Club do Mar de Mugardos, sendo a única candidatura presentada a de:

  • D. Eliseo Reborido Mato.

Ó finalizar o período de exposición pública, o 30 de maio, abrirase o período de impugnacións que acabará o 1 de xuño.

O día 2 de xuño resolveranse as reclamacións presentadas e no caso de non existir ningún impedimento proclamarase a única candidatura presentada como electa.

Calendario electoral eleccións 2022

Calendario electoral para as elección á presidencia do Club do Mar de Mugardos aprobado na asemblea extraordinaria do 01/04/2022:

  • 1 maio convocatoria de eleccións e selección da xunta electoral:
    • Presidente, secretario e 3 vogais elixidos entre os socios asistentes a asemblea.
  • 2 ó 16 de maio exposición pública do censo electoral.
    • O censo farase público na oficina situada no segundo piso do local social do club. 
    • Os interesados en consultar o censo poden concertar cita no correo electrónico
  • Presentación de reclamacións ó censo 17,18 e 19 de maio.
  • Publicación do censo definitivo 20 maio.
    • O censo farase público na oficina situada no segundo piso do local social do club.
    • Os interesados en consultar o censo poden concertar cita no correo electrónico
  • Período de presentación de candidaturas 21,22 e 23 de maio.
  • Exposición pública de candidaturas 24 ó 30 de maio.
  • Período de impugnación e reclamación as candidaturas presentada do 31 de maio ó 1 xuño.
  • 2 de xuño, resolución as reclamacións presentadas.
  • 12 de xuño: eleccións.
  • 16 de xuño proclamación pública da candidatura electa.

 

Cambio de data da asemblea do 30/04/2022 ó 01/05/2022

 

 

Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170

 

 
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS

 

De conformidade co acordo da Xunta Directiva extraordinaria celebrada o 22 de abril de 2022 aprázase, por incompatibilidade co horario laboral da directiva, a Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS (anteriormente convocada para o 30/04/2022) para a súa celebración en Mugardos, no local social da entidade, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, Ó VINDEIRO 1 DE MAIO DE 2022 ás 10:00 horas, en primeira convocatoria; e ás 10:30 horas en segunda convocatoria, co gallo de deliberar e adoptar acordos sobre os asuntos incluídos na seguinte
 
 
ORDE DO DÍA
 
      1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
      2. Informe económico dos anos 2020 e 2021.
      3. Informe deportivo e de actividades dos anos 2020 e 2021.
      4. Situación actual do club e proxectos para a tempada 2022.
      5. Procedemento a seguir nas eleccións á Presidencia do Club do Mar de Mugardos por fin de mandato do actual Presidente.
      6. Rogos e preguntas.

 

 

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS

 

 
 
A directiva do Club do Mar de Mugardos convoca Xunta Xeral Extraordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, no local social do Club do Mar de Mugardos, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 01 DE MAIO DE 2022 ó remate da Xunta Ordinaria previa, co gallo de convocar eleccións a Presidencia conforme a seguinte orde do día:

 

  1. Calendario electoral.
  2. Sorteo membros compoñentes Xunta Electoral.
  3. Elección e nomeamento dos compoñentes da Mesa Electoral.

 
 
Mugardos, a 22 de abril de 2022.
O PRESIDENTE
 
 
Asdo. Don Guillermo Pereira Coto

Convocatorias de Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Socios o 30/04/2022

 

 

Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170

 

 
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS

 

De conformidade co acordo da Xunta Directiva celebrada o 13 de abril de 2022, convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, no local social da entidade, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 30 DE ABRIL DE 2022 ás 17:30 horas, en primeira convocatoria; e ás 18:00 horas en segunda convocatoria, co gallo de deliberar e adoptar acordos sobre os asuntos incluídos na seguinte
 
 
ORDE DO DÍA
 
      1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
      2. Informe económico dos anos 2020 e 2021.
      3. Informe deportivo e de actividades dos anos 2020 e 2021.
      4. Situación actual do club e proxectos para a tempada 2022.
      5. Procedemento a seguir nas eleccións á Presidencia do Club do Mar de Mugardos por fin de mandato do actual Presidente.
      6. Rogos e preguntas.

 

 

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS

 

 
 
A directiva do Club do Mar de Mugardos convoca Xunta Xeral Extraordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, no local social do Club do Mar de Mugardos, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 30 DE ABRIL DE 2022 ó remate da Xunta Ordinaria previa, co gallo de convocar eleccións a Presidencia conforme a seguinte orde do día:

 

  1. Calendario electoral.
  2. Sorteo membros compoñentes Xunta Electoral.
  3. Elección e nomeamento dos compoñentes da Mesa Electoral.

 
 
Mugardos, a 13 de abril de 2022.
O PRESIDENTE
 
 
Asdo. Don Guillermo Pereira Coto

Contrarreloxo de Meira 03/04/2022

Está pasado domingo a traíña masculina do Club do Mar de Mugardos e a traíña feminina do Club do Mar de Mugardos – A Cabana participaron no descenso organizado pola S.D Samertolameu de Meira acadando as rapazas o mellor tempo entre as mulleres cun tempo de 25’02”74”’ e os homes o 13º posto con 22’22”63”’.

Vídeo da proba realizado por “Tercos Meira”
Continuar lendo “Contrarreloxo de Meira 03/04/2022”

O Concello de Mugardos e o Club do Mar organizan unha homenaxe a Pepe Deus

Placa adicada ó enxeñeiro D. José Deus López

O domingo ás 12.00 horas no Cantón de Cora descubrirase unha placa na honra do enxeñeiro D. José Deus López

O evento está organizado polo Concello de Mugardos conxuntamente co Club do Mar de Mugardos. O alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, descubrirá a placa na honra deste mugardés ilustre no edificio social do Club do Mar o próximo domingo 27 de marzo ás 12.00 horas.

Noticia na web do Concello de Mugardos

Noticia sobre a vida e éxitos de José Deus López na Voz de Galicia 15/06/2021

Entrevista en “El Correo Gallego” co patrón da traíña da Cofradía de Pescadores de Mugardos, 07/09/1949

Ante las regatas de productores

Sobre las tranquilas aguas de la ría ferrolana se desliza una trainera, cuyo patrón va marcando rítmicamente la “boga”. Sentí curiosidad por hablar con él y lo conseguí, aprovechando un pequeño descanso.

— ¿Se llama?.
— Juan …

Y antes de proseguir un hombre de la dotación exclamó: “El Xurelo”.

— ¿Se preparan ustedes?

— Para la regata de productores que con carácter nacional se celebrará en la bahía coruñesa.

Trainera "Hogar del Productor" 1950 - Patrón Luis Dieste Bastida
Traiña ““Hogar del Productor”” Medalla de bronce A Coruña 1950 (Patrón Luis Dieste Bastida)

— ¿Ha regateado muchas veces?

— Siete.

— ¿Quedando?

— Siempre en primer puesto.

Continuar lendo “Entrevista en “El Correo Gallego” co patrón da traíña da Cofradía de Pescadores de Mugardos, 07/09/1949″