Convocatorias de Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Socios o 30/04/2022

 
 
Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170
 
 
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS
 
De conformidade co acordo da Xunta Directiva celebrada o 13 de abril de 2022, convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, no local social da entidade, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 30 DE ABRIL DE 2022 ás 17:30 horas, en primeira convocatoria; e ás 18:00 horas en segunda convocatoria, co gallo de deliberar e adoptar acordos sobre os asuntos incluídos na seguinte
 
 
ORDE DO DÍA
 
      1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
      2. Informe económico dos anos 2020 e 2021.
      3. Informe deportivo e de actividades dos anos 2020 e 2021.
      4. Situación actual do club e proxectos para a tempada 2022.
      5. Procedemento a seguir nas eleccións á Presidencia do Club do Mar de Mugardos por fin de mandato do actual Presidente.
      6. Rogos e preguntas.
   
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS
 
 
 
A directiva do Club do Mar de Mugardos convoca Xunta Xeral Extraordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, no local social do Club do Mar de Mugardos, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 30 DE ABRIL DE 2022 ó remate da Xunta Ordinaria previa, co gallo de convocar eleccións a Presidencia conforme a seguinte orde do día:
 
  1. Calendario electoral.
  2. Sorteo membros compoñentes Xunta Electoral.
  3. Elección e nomeamento dos compoñentes da Mesa Electoral.
 
 
Mugardos, a 13 de abril de 2022.
O PRESIDENTE
 
 
Asdo. Don Guillermo Pereira Coto