Co remate do período de impugnacións, sen que se presentase ningunha, proclámase a candidatura de D. Eliseo Reborido Mato como electa, pasando a ser o novo presidente do Club do Mar de Mugardos.
Eliseo comezou a súa relación co club como remeiro canteirán da entidade no anos 90 para retornar ó Club do Mar de Mugardos como directivo dende o 2010 ata ó 2018 e compaxinando as súas tarefas na directiva como remeiro da traíña do club do ano 2010 ata ó 2015.