Falecemento de D. Luis Dieste Bastida Presidente de honra do C.M. de Mugardos

Faleceu onte (28/03/2016) D. Luis Dieste Bastida “Lucho”, presidente de honra desta entidade, ós 93 anos de idade.

D. Luis Dieste foi un dos maiores impulsores do remo en Mugardos, primeiro como remeiro e patrón nas primeiras traíñas mugardesas e posteriormente formando parte principal da fundación do C.M de Mugardos e que según as súas propias verbas “non me quedou posto que non desempeñara desde cobrador, adestrador, tesoureiro e presidente; pero sempre o fixen con satisfacción porque gustábame”. Exerceu como presidente desta entidade nas décadas de 1960, 1970 e 1980.

Cabe destacar os múltiples éxitos acadados nos campionatos galegos (1962, 1963, 1964, 1965, 1966, 1967 e 1969) e campionatos de España (1963 e 1966) que conseguiu como adestrador e presidente na modalidade de batel marcando unha época dourada para o C.M de Mugardos.

A directiva do club lamenta profundamente o seu falecemento e expresa o seu máis sincero pésame a familia.

Xunta xeral ordinaria do 27/03/2016

Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS

De conformidad co acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 26 de febreiro de 2016, convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do Club Do Mar De Mugardos, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 27 DE MARZO DE 2016 ás 11.00 horas, en primeira convocatoria; e ás 11.30 horas en segunda convocatoria no caso de non obterse o quorum suficiente, co gallo de deliberar e adoptar acordos sobre os asuntos incluidos na seguinte 
ORDE DO DÍA 
  1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
  2. Informe deportivo e de actividades do ano 2015.
  3. Informe económico do ano 2015.
  4. Situación actual do club e proxectos para a tempada 2016.
  5. Rogos e preguntas.

Mugardos, a 1 de marzo de 2016.
O PRESIDENTE

Asdo. Don Guillermo Pereira Coto


NOTA IMPORTANTE: En breve porase a disposición de todolos socios/as, na cantina e na oficina do Club, a documentación da asamblea no que se refire á Memoria Económica, Memoria de actividades desenvolvidas no ano 2015 así como o proxecto da Sociedade para o ano 2016. 
O día da Asamblea porase a citada documentación a disposición dos socios/as asistentes.

Actualización [26/03/16]:

Posta en marcha da escola de BTT

A Escola de BTT Pulpeiros nace dende a sección de BTT do Club do Mar de Mugardos co fin de fomentar o uso da bicicleta e a práctica do ciclismo entre os máis xóvenes, baseándose na importancia da actividade física en idade escola, e incidindo en valores como o compañerismo a través do deporte en equipo, a disciplina mediante a creación de hábitos, a superación de obxectivos, a responsabilidade ou a atuonomomía, de xeito que os rapace e rapazas disfruten na súa aprendizaxe como algo atractivo ó tempo que divertido.

O desenvolvemento das actividades adáptase o atendendo ó nivel e á categoría correspondente por idade do neno ou nena.

É preciso dispor de bicicleta e sempre obrigatorio o emprego de casco.

Idade: de 5 a 17 anos.

Inscricións: por ano natural (de xanerio a decembro). Sendo imprescindible a obtención da licenza federativa correspondente (o Club encargarase da súa tramitación, previo abono do custe establecido pola Federación Galega de Ciclismo).

Prezo: Non socios 10€/mes.
Socios 7€/mes.

Actividade: sábados de 11.00 a 13.00 horas.

  • Interior: patio cubertodo CEIP Unión Mugardesa.
    • Técnica (circuitos, ginkanas, …).
    • Mecánica básica.
  • Exterior: circuito de Montefaro e saídas polas onmediacións.

*(En función das condicións climatololóxias)

Información e inscricións: venres dende as 19.30 horas na oficina do club do Mar de Mugardos.

Teléfono de contacto: 669 255 740.

A orixe viquinga das traíñas en Galicia


[Actualización 29/12/2015] Esta noticia foi unha inocentada. Ainda que moitos dos datos históricos son certos o referente as traíñas non.


É doado apreciar as similitudes entre entre as antigas naves de guerra escandinavas “drakkar” dos séculos VIII a XI e as actuais traíñas de competición e incluso isto faise máis evidente respecto as antigas traíñas de pesca ó contar con aparellos de vela moi parecidos os destas embarcacións. As dúas embarcacións de dimensións parecidas contan con cascos fusiformes moi afiados tanto en proa como en popa e aparello mixto de remos máis un ou dous paos con vela cadrada os drakkar e vela áurica, máis moderna, nas traíñas de pesca.

Moragsoorm
Trainera ena badía de Sanander

A influencia destas embarcacións en Galicia comeza coa primeira incursión viquinga datada en agosto de 844 onde entorno a cen embarcacións tripuladas por viquingos, ou como se lles denomina nalgunhas crónicas medievais “rus” é dicir remeiros, foron rexeitadas preto da Torre de Hércules.

Durante os séculos IX a XI Galicia sufriu importantes ondas de saqueos por parte destes guerreiros navegantes escandinavos. As “raffias” as costas galegas formaban parte de longas expedicións que levaba a estes “remeiros” dende Escandinavia recorrendo a costa atlántica europea e incluso chegando ó Mediterráneo.

Vikings-Voyages

No ano 1028 procedente de Dinamarca chega a Galicia o Jarl Ulv Galiciefarer (O lobo de Galicia) e despois de saquear un par de localidades costeiras comeza a traballar como mercenario para o conde Rodrigo de Romariz na súa revolta contra Bermudo III. Pese o seu éxito nos ataques ós mosteiros de Redondela e as illas de San Simón, Cíes e Toralla sufre cuantiosas baixas nos seus remeiros polo que vese obrigado a cubrir os postos vacantes con remeiros galegos. Despois de dez anos de exitosos pillaxes, nun ataque subindo pola Ría de Arousa, foi vencido e expulsado de Galicia polas tropas do bispo Cresconio.

Os homes que remaran para Ulv Galiciefarer vesen obrigados a volver os seus pobos de orixe; pero con eles levan as novas técnicas de remo e os deseños de embarcación aprendidos dos viquingos. Durante todo o século XI esténdense por Galicia un novo tipo de embarcación moi parecida o drakkar viquingo, a traíña.

Wikinger.jpg

Neste período fórmanse agrupacións gremiais de pescadores nos pobos costeiros para tripular estas novas embarcacións, traballando como mercenarios durante as diferentes guerras de sucesión ou incluso baixo o mando do arcebispo Xélmirez atacando e expulsando as novas incursións viquingas.

Durante o século XII a fama das traíñas galegas estenderíase polo norte de Europa recurrindo con gran frecuencia os Jarls viquingos (xa convertidos o cristianismo) a súa contratación como mercenarios. Desta forma as traíñas galegas baixo bandeira viquinga realizarían ataques en lugares tan distantes como Normandía, Lisboa, Cádiz, Dublín, Pisa, Constantinopla, Hangzhou ou Baltimore.

Reunión previa ó comezo da nova tempada da escola de remo

O próximo venres día 2 de outubro as 16.30 horas realizarase unha reunión no local social do Club do Mar de Mugardos para tratar o comezo da nova temporada da escola de remo. A reunión está dirixida os pais ou titores dos nenos das categorías alevín, infantil e cadete que estean interesados en participar na escola na nova tempada.

Trataranse entre outros temas: horarios, adestramentos, calendario de regatas e novos monitores.

Convocatoria de xuntas xerales o día 29 de marzo de 2015

Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS

De conformidad cos Estatutos desta Sociedade e por acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 6 de marzo de 2015, convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do Club Do Mar De Mugardos, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O DOMINGO  29 DE MARZO DE 2015 ás 10.30 horas, en primeira convocatoria; e ás 11.00 horas en segunda convocatoria no caso de non obterse o quorum suficiente, co gallo de deliberar e adoptar acordos sobre os asuntos incluidos na seguinte 
ORDE DO DÍA 
  1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
  2. Informe deportivo e de actividades do ano 2014.
  3. Informe económico do ano 2014.
  4. Situación actual do club e proxectos para a tempada 2015.
  5. Preguntas e suxestións.

Mugardos, a 7 de marzo de 2015.
O PRESIDENTE

Asdo. Don Guillermo Pereira Coto


NOTA IMPORTANTE: Está a disposición de todos os socios/as, na cantina e na oficina do Club, a documentación da asamblea no que se refire á Memoria Económica, Memoria de actividades desenvolvidas no ano 2014 así como o proxecto da Sociedade para o ano 2015 que dado a súa extensión non adxuntamos. O día da Asamblea poremos a citada docuementación a disposición dos socios/as asistentes.

Novo sistema de análise de rendemento biométrico


[Actualización 29/12/2014] Esta noticia evidentemente foi unha inocentada.


De cara a vindeira tempada o Club do Mar de Mugardos contará cun novo sistema de análise de rendemento biométrico incorporado nas súas embarcación e bicicletas.

A aparición de novas tecnoloxías nos últimos anos permite a obtención de moitísima e importantísima información para os adestradores, o que lles permite obter mellores resultados e unha mellor preparación de cara a tempada.

Este novo sistema conta con sensores de forza nos toletes ou nas bielas das bicicletas, xiroscopios e sensores GPS para obter a máxima información en cada momento. O software de intelixencia artificial e os sensores son parte dun desenrolo da Universidade de Illinois que mediante unha colaboración coa UDC ofrece estes sistemas as empresas e clubs en Galicia. O software  HAL-9000 (polas súas siglas en inglés Heuristically programmed ALgorithmic) é unha potente ferramenta capaz de analizar esta información en tempo real decidindo en cada momento cal é a mellor estratexia de cara á competición.


Ainda que non se fixo públco o sistema xa foi probado na regata da Concha

O software tamén conta cunha aplicación para móbil que instalase nos teléfonos intelixentes dos deportistas e monitoriza a sua actividade diaria e hábitos de alimentación, podendo desta maneira controlar mellor a preparación individual de cada un. A ferramenta HAL-9000 e capaz de tomar decisións polo ben dos integrantes da tripulación podendo advertir de condutas deportivamente contraproducentes ou hábitos de alimentación nocivos e en caso extremo chegando a descartar remeiros que contraveñan as directivas.

Nunha segunda fase de implantación, posiblemente de cara a tempada 2016, mellorarase o sistema con hardware IBM 7094  e con sensores biométricos con modo de funcionamento dúplex, capaces de recibir información e interactuar cos deportistas mediante descargas eléctricas de alto voltaxe. Incluso sería posible nesta fase prescindir da figura do entreador evitando así os bucles Hofstadter-Moebius sendo capaz o propio software de levar a cabo a preparación da tempada por él mesmo, sen intervención humana.

Para suavizar a resposta dos deportistas ante a posta en marcha do sistema, a interface vocal do mesmo contará coa voz dixitalizada do actual adestrador da traíña José Manuel Peláez “Pendo”.

Sorteo cea na Tapería Plaza

O pasado venres 26 de decembro efectuouse o sorteo dunha cea para catro persoas na Tapería Plaza sorteada entre as participación da lotería de nadal do Club do Mar.

O número gañador foi o:
0060 Serie B

Sendo a serie B as participación co fondo azul, mentres que a serie A teñen o fondo vermello.


Serie A

O gañador debe poñerse en contacto co Club para poder disfrutar o seu premio, de non ser así no prazo dunha semana o premio pasaría os reservas, que son os seguintes números (os cales tamén pódense por en contacto co club):

  1. 1044 Serie A.
  2. 0433 Serie A.
  3. 0576 Serie A.
  4. 0561 Serie A.
  5. 0124 Serie B.
  6. 0921 Serie A.
  7. 0087 Serie A.
  8. 0617 Serie A.
  9. 1166 Serie A.

Convenio de colaboración con Serviaqua Galicia

O Club do Mar de Mugardos ven de firmar un convenio de colaboración con Serviaqua Galicia S.L. mediante o cal os socios do Club do Mar de Mugardos beneficiaránse do catálogo de ofertas do “Club Oro” podendo mercar os productos dispoñibles no catálogo da empresa a prezos moi reducidos.

Para beneficiarse destas vantaxes os socios poden consultar o catálogo da empresa e facer as súas compras no teléfono da empresa indicando que son socios do Club do Mar.

Teléfono fixo: 981 912 474
Teléfono móbil: 677 445 178

Para acceder o catálogo hai que acceder a páxina de acceso pinchando aquí e empregando o usuario “socio” e contrasinal “sociooro“, podendo así descargar o catálogo.

Clases de iniciación ás labores

Bigunki buho verde lateral

Proximamente comezarán a impartirse no club clases de iniciación ás labores (ganchillo, bordado, …).
As clases serán de dúas horas semanais e terán un prezo de inscrición de 10€ mensuais.
Os interesados poden inscribirse na cantina da sociedade ou mandar un email a secretaria@clubdomarmugardos.com indicando horario de preferencia, datos persoais e medio de contacto.