Falecemento de D. Luis Dieste Bastida Presidente de honra do C.M. de Mugardos

Faleceu onte (28/03/2016) D. Luis Dieste Bastida “Lucho”, presidente de honra desta entidade, ós 93 anos de idade.

D. Luis Dieste foi un dos maiores impulsores do remo en Mugardos, primeiro como remeiro e patrón nas primeiras traíñas mugardesas e posteriormente formando parte principal da fundación do C.M de Mugardos e que según as súas propias verbas “non me quedou posto que non desempeñara desde cobrador, adestrador, tesoureiro e presidente; pero sempre o fixen con satisfacción porque gustábame”. Exerceu como presidente desta entidade nas décadas de 1960, 1970 e 1980.

Cabe destacar os múltiples éxitos acadados nos campionatos galegos (1962, 1963, 1964, 1965, 1966, 1967 e 1969) e campionatos de España (1963 e 1966) que conseguiu como adestrador e presidente na modalidade de batel marcando unha época dourada para o C.M de Mugardos.


A directiva do club lamenta profundamente o seu falecemento e expresa o seu máis sincero pésame a familia.

Deixa unha resposta