Subvención concedida polo FEMP o C.M. de Mugardos

O proxecto “Proxecto deportivo de traíña feminina en Mugardos”, con número de expediente GAL2.058, do Club do Mar de Mugardos foi elixido para a súa financiación polo “Fondo Europeo Marítimo e de Pesca” dentro do programa “AXUDAS AUTONÓMICAS PARA PROXECTOS AO ABEIRO DAS ESTRATEXIAS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVAS” desenrolada polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ártabro Norte.

O proxecto que conta cun orzamento de 36.269,75€ (con I.V.E.) é financiado nun 90% (26.977,50€) polo FEMP.

O obxectivo do proxecto é: Fomentar a inclusión das mulleres no deporte tradicional do remo, mediante a súa participación na Liga Galega de Traiñeiras Feminina. A duración mínima do proxecto será de 5 anos.

As mulleres interesadas en participar poden poñerse en contacto co Club do Mar de Mugardos no email secretaria@clubdomarmugardos.com

Pódese consultar a memoria do proxecto no seguinte enlace.

Xornada de mergullo o 22/09/18

O próximo día 22 de setembro as 11.00 horas realizarase na cantina do Club do Mar de Mugardos unha xornada sobre submarinismo e bioloxía mariña co obxectivo de comezar as actividades da nova sección de actividades subacuáticas.

A xornada comezará cunha charla na que trataranse os seguintes temas:

  1. Xeografía marítima da Ría de Ferrol (15 min).
  2. Lexislación sobre peca marítima de recreo en aguas interiores, facendo fincapé na pesca submarina (20 min).
  3. Especies mariñas de interese que habitan as rías galegas. (1 hora 20 min).

A hora prevista de finalización da charla será as 13.00 horas e os prezos son os seguintes:

  • 3€ para as persoas non socias.
  • 2€ para os socios do Club do Mar.

A partir das 13.00 horas realizaranse bautismos de mergullo básico dende terra ata 2 metros de profundidade, o custe desta actividade será:

  • 15€ para as persoas non socias.
  • 10€ para os socios do Club do Mar.

Recordar que a cota de socio do Club do Mar é de 3€ ó mes, o que conleva descontos nas actividades do club e o uso da sala de fitness da entidade.

Calendario electoral 2018

Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170
Calendario electoral 2018

Según o aprobado na Xunta Xeral Extraordinaria de socios realizada o pasado 24 de marzo publícase o calendario electoral polo que rexiranse as elección no Club do Mar de Mugardos:

  1. Convocatoria de eleccións: 24 de marzo.
  2. Exposición pública do censo electoral: 25 marzo ó 8 de abril.
  3. Presentación de reclamacións ó censo electoral: 9, 10 e 11 de abril.
  4. Resolución as reclamacións e presentación do censo definitivo: 12 de abril.
  5. Presentación de candidaturas: 13,14 e 15 de abril.
  6. Exposición pública das candidaturas presentadas: 16 a 23 de abril.
  7. Impugnación e reclamacións as candidaturas presentadas: 24 ó 27 de abril.
  8. Resolucións as reclamacións e publicacións das candidaturas definitivas: 28 de abril.
  9. Eleccións: 5 de maio.
  10. Proclamación da candidatura electa: 9 de maio.

Actualización 16/04/2018

A única candidatura que se presentou ó proceso electoral foi a actual directiva do Club do Mar de Mugardos polo que esta proclámase como nova Xunta Directiva da entidade.

Convocatoría Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria do 24 de Marzo de 2018

Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS

De conformidad co acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 9 de marzo de 2018, convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO24  DE MARZO DE 2018 ás 17.30 horas, en primeira convocatoria; e ás 18.00 horas en segunda convocatoriae, co gallo de deliberar e adoptar acordos sobre os asuntos incluidos na seguinte 
ORDE DO DÍA 
  1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
  2. Informe económico do ano 2017.
  3. Informe deportivo e de actividades do ano 2017.
  4. Situación actual do club e proxectos para a tempada 2018.
  5. Proposta de aumento da cota ós socios/as da sociedade. Someterase a votación.
  6. Procedemento a seguir nas eleccións á Presidencia do Club do Mar de Mugardos por fin de mandato do actual Presidente.
  7. Rogos e preguntas.

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS
A directiva do Club do Mar de Mugardos convoca Xunta Xeral Extraordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, o vindeiro 24 de marzo de 2018 ó remate da Xunta Ordinaria previa, co gallo de convocar eleccións a
Presidencia conforme a seguinte orde do día:

1. Calendario electoral.
2. Sorteo membros componentes Xunta Electoral.
3. Elección e nombramento dos componentes da Mesa Electoral.


Mugardos, a 9 de xaneiro de 2018.
O PRESIDENTE

Asdo. Don Guillermo Pereira Coto

Convocatoria de Xunta Xeral Extraordinaria do 12/11/2017

Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS

De conformidad co acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 13 de outubro de 2017, convócase Xunta Xeral Extraordinaria de Socios/as do Club Do Mar De Mugardos, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O DOMINGO 12 DE NOVEMBRO DE 2017 ás 10.30 horas, en primeira convocatoria; e ás 11.00 horas en segunda convocatoria no caso de non obterse o quorum suficiente, co gallo de deliberar e adoptar acordos sobre os asuntos incluidos na seguinte 
ORDE DO DÍA 
  1. Acordo de terminos e condicións da separación da sección de BTT do C.M. de Mugardos.
  2. Solicitude de venta/cesión do material de BTT ó novo club “Club Pulpeiros Mugardos”, se procede
  3. Rogos e preguntas.

Mugardos, a 13 de outubro de 2017.
O PRESIDENTE

Asdo. Guillermo Pereira Coto

Reunión informativa sección BTT

Reunión informativa cos deportistas da sección de BTT

Convócase a unha reunión informativa ós deportistas da sección de ciclismo do Club o próximo día martes 15 de agosto as 19:00 horas, na cantina do Club do Mar de Mugardos, para tratar os seguintes puntos:

  • Situación actual da sección de BTT.  
Mugardos a 9 de agosto de 2017 
A directiva do Club do Mar de Mugardos.

Escola de verán 2017

Esta semana comeza a escola de verán do Club do Mar de Mugardos para o periodo do 5 de xullo ó 30 de agosto:

  • IDADE : nenos/as nados entre o 2000 e o 2008.
  • HORARIO : luns, mércores e venres de 11.00h a 13.00h.
  • PRAZO DE INSCRICIÓN : do 21 de xuño ata o 7 de xullo (para a primeira quenda).
  • IMPRESCINDIBLE SABER NADAR

Programa de actividades previsto:

  • Iniciación ó remo.
  • Iniciaciación á chave.
  • Obradoiro de estrobos.
  • Saída/excursión polas proximidades do club.
  • Regata-encontro con outras escolas.
  • Actividade “Superámonos” cos usuarios de ASPANEPS-Fene.
  • Clausura conxunta coa escola de BTT Pulpeiros.

Tarifas socios:

  • Nenos pertencentes á escola de remo: GRATIS.
  • Nenos pertencentes a comunidade autónoma de Galicia: 10€/mes (inclúe ficha federativa, seguro e camiseta).
  • Nenos pertencentes a outras comunidades autónomas: 10€/mes (inclúe ficha federativa, seguro e camiseta).

Tarifas non socios:

  • Nenos pertencentes a comunidade autónoma de Galicia: 15€/mes (inclúe ficha federativa, seguro e camiseta).
  • Nenos pertencentes a outras comunidades autónomas: 25€/mes (inclúe ficha federativa, seguro e camiseta) ou 40€ inscrición 2 meses.

O prazo para o segundo periodo de inscrición é de 17 o 31 de xullo.

Información e inscricións no Club do Mar (Cantón de Cora,16)
De luns a venres (19.00 – 20.00h), ou por teléfono: 667 540 883 – 625 632 111.