Convocatoria de xunta xeral o día 27 de marzo de 2011

Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS

De conformidad cos estatutos desta sociedade e por acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 25 de febreiro de 2011, convócase a xunta xeral ordinaria de socios/as do Club do Mar de Mugardos para a súa celebración en Mugardos, na cantina do Club do Mar sita na rúa Cantón de Cora nº 16, O DOMINGO 27 DE MARZO DE 2011 as 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, no caso de non obterse quorum suficiente; co gallo de deliberar e no seu caso adoptar acordos sobre os asuntos incluido na seguinte

ORDE DO DÍA 

  1. Infome/balance da Xunta Directiva sobre a xestión no ano 2010.

  2. Contas xerais e orzamentos presentados.
3.  Proposta de incremento da cota de socio/a.


4.  Proxecto da sociedade para o ano 2011.


5.  Preguntas e suxestións.

Mugardos, a 7 de marzo de 2011.
O PRESIDENTE

Asdo. Don Guillermo Pereira Coto
NOTA IMPORTANTE: Está a disposición de tódolos socios/as na cantina e na oficina do Club a documentación da asemblea no que se refire á memoria de actividades desenvoltas no ano 2010 así como o proxecto da sociedade para o ano 2011, que dado a súa extensión non adxuntamos. O día da xunta tamén poremos a citada documentación a disposición dos socios/as asistentes.

Xunta xeral extraordinaria

Celebrouse o pasado domingo 14 de novembro a xunta xeral extraordinaria do Club do Mar de Mugardos. A xunta celebrouse na cantina do Club do Mar cunha boa participación de socios.
Na xunta repasouse o estado xeral do Club do Mar e aprobouse por unanimidade a incorporación de dúas novas actividades ó Club. Estas novas actividades corresponden a Pesca Responsable e Náutica de Recreo [Web da Federación] e a Ciclismo. Cabe destacar que o pasado verán xa se realizou dentro da actividade de ciclismo a “Primeira ruta de Verán” do Club do Mar cunha altísima participación de ciclistas de toda a comarca.
O final da xunta procedeuse atender as preguntas e suxerencias dos socios.

Fotos pertencentes a “Primeira ruta de Verán” do Club do Mar

Convocatoria de xunta xeral extraordinaria

Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS

De conformidad co acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 29 de outubro de 2010, convócase Xunta Xeral Extraordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS, para a súa celebración en Mugardos, na Cantina do Club do Mar, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, O VINDEIRO 14 DE NOVEMBRO DE 2010 ás 11.00 horas, en primeira convocatoria; e ás 11.30 horas en segunda convocatoria no caso de non obterse quorum suficiente, co gallo de deliberar e, no seu, adoptar acordos sobre os asuntos incluidos na seguinte

ORDE DO DÍA 

  1. Estado xeral Club do Mar.

  2. Aprobala creación das seccións de ciclismo e pesca deportiva no Club do Mar.
3.  Rogos e preguntas.

Mugardos, a 31 de outubro de 2010.
O PRESIDENTE

Fdo. Don Guillermo Pereira Coto
NOTA IMPORTANTE: Debido á importancia do asunto a tratar requírese a presencia de todolos socios/as. 

Descargar a convocatoria en PDF