29 dic. 2012

Recopilación de regatas históricas en el No-Do

La reciente apertura de Filmoteca española de los archivos del No-Do mediante la plataforma digital RTVE nos permite el acceso a los vídeos de un gran número de regatas de traineras disputadas entre los años 1943 y 1975 que hasta ahora presentaban un difícil acceso para los aficionados al remo de banco fijo.


A continuación listamos una selección de No-Dos que incluyen imágenes de las regatas de la época, en las cuales destaca la evolución en la técnica del remo en estas décadas:

Campeonatos de España de traineras Copa del Generalísimo (A Coruña) Bandera de la Concha (Donostia-San Sebastián) Otras regatas
* Participación de traineras mugardesas, ver nuestra página sobre historia para más información.

28 dic. 2012

O Club do Mar porá en venta a súa traíña


[Actualización 29/12/2012] Evidentemente as traíñas inchables non existen e o artigo era unha incentada.
Ante falta de espacio de almacenamento das instalacións deportivas da entidade, o que ven restrinxindo as actividades deportivas do Club, a xunta directiva da mesma decidiu vender a traíña "Bestarruza". Esta decisión tomouse despois de evaluar todas as posibles solución; pero non se atopou outra alternativa ó problema do espacio. Con esta decisión aproveitarase a forte demanda do novo modelo da traíña de Amilibia conseguindo recuperar a inversión realizada o ano pasado na compra da embarcación.


Este feito non suporá a renuncia a participación do Club do Mar de Mugardos na máxima categoría da LGT, se non que se apostará por un novo modelo de traíña semirríxida que esta sendo desenrolada polo propio Club e os afamados esteleiros de Monforte de Lemos "Semirrixidas Monfortinas S.L.". Este novo deseño de traíña permitirá un mellor aproveitamento das instalacións o constar dunha parte inchable, a cal poderá ser desinchada para gardar a traíña, e unha parte ríxida que dotará a embarcación da rixidez necesaria para a competición.
Para conseguir estes obxectivos utilizaranse novos materiais construtivos empregando o uso da nanotecnoloxía, concretamente o casco da embarcación farase con nanotubos de carbono, sendo a primeira embarcación de remo en empregar esta tecnoloxía.


Os nanotubos de carbono son as fibras máis resistentes que se poden fabricar hoxe en día sendo 100 veces máis resistentes que o aceiro e 6 veces máis lixeiros, mentres que a rixidez estrutural será acadada mediante o emprego de kevlar co que según as estimacións cos que traballa o estaleiro sería posible diminuír o peso das traíñas de competición.

Types of Carbon Nanotubes

23 dic. 2012

Tempos do descenso de Ares

Hoxe, Domingo 23 de decembro de 2012, disputouse o descenso organizado polo C.R. Ares; o primeiro da tempada despois da suspensión do descenso de Coruxo. Ante o forte vento e as malas condicións para regatear o descenso trasladouse dende a Ría de Ares a de Ferrol, onde se remou saíndo de Mugardos ata á Cabana e rematando no punto de saída.


Na regata participaron as traíñas de Amegrove, Ares A, Ares B e Mugardos facéndose a traíña do Club do Mar co primeiro posto cun tempo de 20.16,50.


Os tempos foron on seguintes:

Traíña
Virada
Chegada
Ares B
10.07,00
22.31,40
Ares A
9.57,00
22.31,80
Mugardos
9.03,00
20.16,50
Amegrove
9.31,00
21.03,50


Galería fotográfica da regata [39 fotos]

Diario de Ferrol "Mugardos venció en la regata aresana" [28/12/2012]

18 dic. 2012

Resultados do provincial de ergómetro, Ferrol 2012

O pasado Domingo 16 de Decembro de 2012 celebrouse na Malata (Ferrol) o Campionato "Provincial de Remoergómetro" no que participou o Club do Mar de Mugardos. O club competiu nas categorías alevín feminino, alevín masculino, infantil feminino, infantil masculino, cadete feminino, veterano masculino, alevín feminino por eqiupos, infantil feminino por equipos, infantil masculino por equipos e cadete feminino por equipos , obtendo moi bos resultados en todas as categorías, polo que felicitamos ós deportistas participantes.



Os resultados dos remeiros do Club do Mar foron os seguintes:

  • Alevín feminino:
    • 1º posto: Inés Romero
    • 5º posto: Noa Canido
    • 8º posto: Sara Vázquez
    • 10º posto: Sara Salido
    • 14º posto: Paola Alonso
    • 15º posto: Noa Martínez
  • Alevín maculino:
    • 10º posto: Raúl Rodríguez
    • 22º posto: Brais Tuñas
  • Infatil feminino:
    • 4º posto: Marica López
    • 10º posto: Sara Vázquez
  • Infantil Masculino:
    • 9º posto: Franciso Rodríguez
    • 17º posto: Jesús Rodríguez
    • 26º posto: Alberto Pérez
    • 28º posto: David Romero
    • 30º posto: Adrián Fernández
  • Cadete feminino:
    • 5º posto:Mercedes Pereira
    • 9º posto: Leticia López
  • Veterán masculino:
    • 3º posto: Roberto Vilariño
  • Alevín feminino por eqiupos:
    • 2º posto: Noa, Noa, Inés e Sara
  • Infantil feminino por equipos:
    • 1º posto: Marica, Inés, Sara e Lupa

  • Infantil masculino por equipos:
    • 4º posto: David, Adrián, Francisco, Jesús
  • Cadete feminino por equipos:
    • 3º posto: Leticia, Marica, Mercedes e Mónica



Diario de Ferrol "Ferrolterra acaparó los puestos de podium en el torneo Provincial" [18/12/2012]
Resultados Individuáis "Foro de Todoremo.com"
Resultados por equipos "Foro de Todoremo.com"

1 dic. 2012

Aviso lotería de Nadal

O Club do Mar de Mugardos comunica o roubo das series da lotería de Nadal cos números comprendidos entre o 851 – 900 e 1301 - 1500 vendidas por dita entidade. A lotería roubada atopábase sen cuñar polo que se prega os interesados que revisen a lotería da entidade que lles sexa ofrecida. Os novos números que reemprazan os roubados atópanse cuñados e firmados polo presidente da entidade para disipar posibles dúbidas sobre a súa procedencia.

Dende a entidade esperamos que dito feito non cause ningún inconvinte e aproveitamos para desexar un bo Nadal e felices festas os socios e seguidores do Club do Mar.

17 nov. 2012

Licencias federativas de ciclismo 2013

Xa é posible renovar ou facer novas licencias de ciclismo para a temporada 2013.
Para renovar a licencia tan so é necesario achegar a cota de inscrición de 60€.
Para as novas altas e necesario cubrir o impreso de Solicitude de licencia federativa (tamén dispoñible no Club), adxuntar unha fotocopia do DNI e achegar os 60€ de cota para a federación.
A licencia inclúe o seguro de accidentes deportivos, o seguro de responsabilidade civil e permite participar en probas e marchas oficias.


O facer a licencia con nós terás acceso o ximnasio do Club do Mar e desconto na clínica de fisioterapia Diana Castro.
Os interesados poden contactar co Club do Mar no teléfono 981470170.

Información de interese para os ciclistas federados:
  • Poliza de seguro de accidentes PDF.
  • Poliza de responsabilidade civil PDF.
  • Procedemento a seguir en caso de accidente PDF.

14 nov. 2012

Cea Baile do Club do Mar o 1 de Decembro

O vindeiro sábado 1 de Decembro celebrarase unha cea-baile no Casino Mugardés organizada polo Club do Mar co gallo de cerrar a tempada e reunir os socios nestas datas próxima o Nadal. A ela poderán acudir todos os interesados que se apunten na cantina do Club ou no noso correo electrónico clubdomarmugardos@hotmail.com, o prezo será de 20€ para os socios e de 23€ para os non socios.
A cea comezará as 22.00 horas e o menú será o seguinte:
  • Salpicón de pescado.
  • Tenreira asada con guarnición de verduras.
  • Postre, café e ronda de chupitos.
  • Viños: Rioxas e albariños de colleita.
O rematar a cea actuará o dúo "Tania e Cuky".

16 oct. 2012

Curso micolóxico

O próximo venres 2 de Novembro o Club do Mar de Mugardos levará a cabo un curso micolóxico o cal será impartido por José L. Cuba.

O curso consta de:
[2 de Novembro as 20.30] Charla sobre o mundo dos fungos, impartida no Centro Cívico das Casas Baratas en Mugardos e donde. lles será entregado o material do curso en CD os participantes.

[3 de Novembro as 8.00] Saída a Serra do Forgoselo, donde se recolleran e estudiarán as especies previamente recollidas baixo a supervisión de José L. Cuba. (Os participantes desplazaranse pola sua conta ata ó Forgoselo). Aconsellamos levar chuvasqueiros en caso de choiva, botas de goma ou goretex, cesto, navalla, bastón, caderno de notas e cámara de fotos o que dispoña dela.

[3 de Novembro as 21.30] Cea degustación opcional, cea degustación de cogumelos no restaurante Andarubel situado nas Fragas do Eume ( inclúe cinco platos, postres, café e viño). Previo á cea haberá unha pequena charla e mostra de como trata-lo producto. Máximo 15 prazas, custe de 30€ persoa.

PREZO DO CURSO: 12€ ( Soci@s do Club do Mar: 10 €). Inclúe CD do curso.
PREZO DA CEA DEGUSTACIÓN ( Opcional. Máximo 15 prazas): 30 €/ persoa.

INSCRICIÓNS: No Club de 12 a 14h. e de 18 a 21h. ou no enderezo electrónico: clubdomarmugardos@hotmail.com Indicando nome, apelidos e tlf. e modalidade de inscrición ( curso, cea....). Data límite de pago as 20h. do martes 30 de outubro.

15 ago. 2012

Resultado da "XXIII Bandeira Deputación Da Coruña"

Hoxe, 15 de Agosto, celebrouse no campo de regatas da Pobra do Caramiñal a "XXIII Bandeira Deputación da Coruña". Na proba deportiva participaron os clubs da provincia da Coruña que compiten tanto na LGT-A como na LGT-B.


O día presentouse nubrado con algún chuvasco ocasional e vento do sudoeste que facía incomoda a remada pero non producía desigualdades nos carreiros do campo de regatas.

Na primeira tanda, composta polos clubs da LGT-B, impúxose Perillo con claridade entrando a 20 segundos de Puebla e entrando xa a case un minuto Esteirana e Rianxo.


Na segunda tanda destacáronse desde o comezo Cabo e Mugardos seguidos duns igualadísimos Ares e A Cabana que marcaron practicamente o mesmo tempo en todas a viradas. Finalmente facíase coa tanda Cabo seguido de Mugardos a 12 segundos. A pugna entre Ares e A Cabana resolvíase a favor da Cabana por 35 centésimas na liña de meta.




 Na clasificación final ningún dos equipos da LGT-B conseguiu superar os tempos da segunda tanda quedando a clasificación da seguinte forma:
  1. C.R. Cabo da Cruz
  2. C.M. Mugardos
  3. C.R. A Cabana
  4. C.R. Ares
  5. C.R. Perillo
  6. C.R. Puebla
  7. A.D. Esteirana
  8. C.R. Rianxo
A destacar a gran progresión da traíña mugardesa nas últimas semanas que lle está levar a conseguir os mellores resultados da tempada.

Galería Fotográfica [116 fotos]

Tempos [todoremo.com]

"Las traineras de A Cabana, Ares, Mugardos y San Felipe, en A Pobra" La Voz de Galicia [14/08/2012]
"Mugardos logró la segunda plaza en aguas de A Pobra" Diario de Ferrol [16/08/2012]

14 ago. 2012

Resultado "XI Bandeira Teresa Herrera"

Os pasados días 11 e 12 de Agosto, sábado e domingo, disputouse en Coruña na praia do Orzán a Bandeira de traíñas "Teresa Herrera" unha das máis prestixiosas do calendario galego. O sábado remouse a clasificatoria, sendo esta regata puntuable para as dúas ligas, mentras que o domingo remouse a final na que participaron as 10 mellores traíñas do día anterior e no que o tempo final constituía a suma do tempo dos dous días.
  • Clasificatoria: gran actuación de Mugardos que acadaba a cuarta posición no seu mellor resultado da tempada. Destacando a gran labor do patrón da Bestarruza, Roberto Fernández, que conseguía levar a traíña empopando as olas do Orzán gran parte da regata. Este cuarto posto conseguía desfacer o empate entre A Cabana e Mugardos e acadar unha vantaxe de catro puntos sobre a traíña ferrolá. Na parte alta da táboa Samertolomeu de Meira daba a sorpresa e se impoñía a Amegrove e a Chapela.
  • Final: na regata do domingo Mugardos remataba na sexta praza por encima de Ares, Mecos, Perillo e A Cabana. A Bandeira iba parar a Amegrove que conseguía recuperar os case 5 segundos de vantaxe de Samertolomeu.


"Traíñas en xogo" este fin de semana coa participación de José Manuel Peláez "Pendo" entreador de Mugardos.


"Mugardos termina cuarto y escala hasta los puestos de salvación " Diario de Ferrol [12/08/2012]

"Sexto, séptimo y décimo lugar para Mugardos, Ares y A Cabana en el Orzán " Diario de Ferrol [13/08/2012]

"Golpe de autoridad de Amegrove, que se lleva la Teresa Herrera" La Voz de Galicia [13/08/2012]

5 ago. 2012

III Festa de Verán do Club do Mar

O vindeiro sábado 18 de Agosto levarase a cabo a "III Festa de Verán" do Club do Mar de Mugardos na que se realizarán actividades durante todo o día.
A xornada comezará coa "III Ruta de Verán" de BTT organizada pola nosa sección de ciclismo, os Pulpeiros BTT. Esta é unha ruta de introdución a bicicleta de montaña orientada para os nenos e familias, cunha dificultade media baixa. Nela poderán participar nenos a partir dos 5 anos; pero que posúan un bo manexo da bicicleta. A saída efectuarase dende o Club do Mar as 10.00 horas. O percorrido consta dun avituallamento a metade de camiño para repoñer forzas e sortearanse agasallos ó final da ruta .
En calquera caso, pensando nos máis pequenos para que tamén poidan participar na actividade, ó regresar da ruta principal farase unha minirruta que partirá diante da pista polideportiva das Casas Baratas, entorno as 12.45 horas, para dar unha volta polo pobo.

Os prezos serán os seguintes:
  • 2€ socios.
  • 5€ non socios.
  • De balde, os cativos que fagan a minirruta.

Para realizar calquera das rutas e obrigatorio o emprego de casco, sen él non será posible a participación.

As inscricións para a ruta poderán realizarse no seguinte formulario, no Decathlon de Ferrol (onde se sortearán vales desconto entre os alí inscritos) ou na cantina do Club do Mar.


III Ruta de Verán

A partir das 12.00, diante do local social do club do Mar, comezará a venta de tickets para as degustación comezando as degustacións de polbo a feira e de navallas a prancha a partir das 13.00 nas carpas situadas diante do club. Nelas se poderá disfrutar de polbo, cachelo, pan e viño por 10€ e da ración de navallas a 8€.

Pulpo a la gallega - jlastras Navajas - by onnoth
Para amenizar a sobremesa teremos a actuación de grupos musicais en directo e os máis pequenos poderán xogar nas atraccións inchables.
Actuarán:
  • 13.00 - Vai Rañala Meu (Música Tavernaria)
  • 19.30 - Os Dous de Sempre + Un
A primeira hora da tarde comezarán os xogos populares, como a cucaña e a corda, para rematar a festa cunha regata de bateis na que participarán as escolas de remo de verán dos clubs da zona.


31 jul. 2012

XXX Bandeira Concello de Moaña

Este domingo, 30 de Xullo, disputouse en Meira (Moaña) a regata da liga correspondente a Samertolomeu. O día foi soleada e o mar encontrabase completamente en calma o que permitiu as traíñas entregar todo o seu potencial na competición. A regata retrasabase uns minutos por problemas na equipación das traíñas de Vilaxoán e A Cabana, que puideron solventar antes do comezo da regata.


Na primeira tanda vencía claramente Vilaxoán seguida de A Cabana que despois dunha dura disputa con Mugardos facíase co sexto posto e última entraba Ares.


A pelexa polo sexto posto na xeral poñíase ó roxo vivo co empate a puntos entre A Cabana e Mugardos, nunha temporada en que as dúas embarcacións da Ría de Ferrol están a amosar un rendemento moi parecido.




"Traíñas en xogo" co resumen de este fin de semana.

Na segunda tanda impoñíase Amegrove seguido de Chapela, Cabo (que se reivindicaba despoís do sexto posto en Mugardos) e Samertolomeu. Con esta nova victoria Amegrove ponse a tres puntos de Chapela a falta de tres regata puntuables para o fin da liga, dependendo os dous equipos dos seus resultados para facerse co titulo ligueiro.




Galería Fotográfica da Bandeira de Moaña [50 fotos]

Tempos da regata [ligalgt.com]

"Mugardos y A Cabana llegan igualados a las citas finales " Diario de Ferrol [30/07/2012]

Actualización [06/08/2012]

Repaso a situación da LGT na xornada do 28/29 de Xullo na TVG2 ó non competir a LGT o primeiro fin de semana de Agosto por motivo do Campionato de España.


"Traíñas en xogo" do 05/08/2012

29 jul. 2012

Resultado da "II Bandeira Reganosa"

Este sábado 28 de Xullo levouse a cabo a segunda edición da "Bandeira Reganosa" organizada polo Club do Mar de Mugardos. Este ano competiron na regata mugardesa os oito equipos da Liga A pertencentes a "Liga Galega de Traiñeiras":
  • Chapela
  • Amegrove
  • Samertolomeu de Meira
  • Cabo da Cruz
  • Vilaxoán
  • A Cabana
  • Mugardos
  • Ares
O tempo acompañou a competición cun día soleado acompañado de vento do nordeste encarado na mesma dirección co campo de regatas, o que facía os longos en contra do vento un pouco máis duros; pero non dificultaba en exceso a remada das traíñas.


Na primeira quenda participaban os equipos da zona (Ares, A Cabana e Mugardos) xunto con Vilaxoán. Neste grupo destacaba a loita polo sexto posto, posto que conleva non remar o play-off , entre A Cabana e Mugardos coa traíña ferrolá a tan so dous puntos de ventaxa dos anfitrións.


Despois dunha saída nula, na que A Cabana foi sancianada con 5 segundos, comezou a proba cun Vilaxoán moi forte seguido de cerca de Mugardos e A Cabana, mentras que Ares quedaba descolgado. Conforme avanzaban os longos Vilaxoán e Mugardos mantiveron o ritmo, o que fixo que A Cabana se quedara atrás. Os bos tempos acadados permitirían as dúas traíñas mellorar o tempo de Cabo da Cruz que remaría posteriormente na segunda tanda, quedando 4ª Vilaxoán e 5ª Mugardos. A Cabana remataba 7ª cedendo dous puntos na xeral ante Mugardos, empatando a puntos, mentras que Ares remataba 8ª.


Na segunda tanda participaban os dous equipos favoritos para facerse coa liga: Chapela, líder na clasificación, e Amegrove, que viña de gañar as dúas últimas regatas. Unha primeira saída nula costaríalle a Amegrove unha penalización de 5 segundos.


Unha vez comezada a regata Chapela, nun alarde de forza, mantiña un ritmo durísimo o que iba deixando atrás a Amegrove e a Samertolomeu, mentrás que Cabo da Cruz descolgábase e quedaba rezagado. O final venzou con claridade Chapela seguido de Amegrove e a 5 segundos exactamente entraba Samertolomeu e xa a máis de 20 segundos Cabo. Este feito unido a penalización de 5 segundos de Amegrove fixo que Samertolomeu e Amegrove empataran co mesmo tempo 20:01:94, aínda que sería Amegrove o que se levaría a segunda praza o aplicarse a normativa vixente en caso de empate compartindo os dous segunda posición e mesmos puntos.


Chapela faciase coa "II Bandeira Reganosa" que lle era entregada por D. Emilio Bruquetas Director Xeral de Reganosa e mantiña o seu primeiro posto na xeral a catro puntos de Amegrove.


Galería Fotográfica da "II Bandeira Reganosa" [115 fotos]

Tempos da regata [Ligalgt.com]

La Voz de Galicia [29/07/2012]
Faro de Vigo [29/07/2012]

25 jul. 2012

Presentación da "II Bandeira Reganosa"

Este martes 24 de Xullo presentouse na sede de Reganosa a "II Bandeira de Traíñas Reganosa" patrocinada por Reganosa e organizada polo Club do Mar de Mugardos e a Liga Galega de Traiñeiras. Ó acto de presentación foi presidido por D. Emilio Bruquetas (Director Xeral de Reganosa), D. Xosé Barcia (Alcalde de Mugardos) e D. Guillermo Pereira Coto (Presidente do Club do Mar de Mugardos). O acto tamén acudiron representantes dos diferentes grupos políticos municipais.


Na regata, que se disputará o próximo sábado 28 de Xullo as 18.00 horas, competirán os oito equipos que conforman a Liga  A da LGT: Chapela, Amegrove, Samertolomeu de Meira, Cabo da Cruz, Vilaxoán, A Cabana e Ares. A regata percorrera unha distancia de 5556 metros divididos en 4 longos, dende o peirao de Mugardos ata o peirao carboeiro de Ferrol aproximadamente.



Ó rematar a regata as 20.00 horas realizarase unha churrascada no Club do Mar para celebrar con tódolos socios e xiareiros esta segunda edición da Bandeira do Club.



Documentación da II Bandeira Reganosa [PDF 4,8 MB]

"La II Bandeira Reganosa traerá hasta Mugardos la lucha por la permanencia " Diario de Ferrol [25/07/2012]
"El pulso por la liga gallega llega a la Bandeira Reganosa" La Voz de Galicia [25/07/2012]
"La Bandeira Reganosa pone a prueba los botes locales" Diario de Ferrol [28/07/2012]