III Festa de Verán do Club do Mar

O vindeiro sábado 18 de Agosto levarase a cabo a “III Festa de Verán” do Club do Mar de Mugardos na que se realizarán actividades durante todo o día.
A xornada comezará coa “III Ruta de Verán” de BTT organizada pola nosa sección de ciclismo, os Pulpeiros BTT. Esta é unha ruta de introdución a bicicleta de montaña orientada para os nenos e familias, cunha dificultade media baixa. Nela poderán participar nenos a partir dos 5 anos; pero que posúan un bo manexo da bicicleta. A saída efectuarase dende o Club do Mar as 10.00 horas. O percorrido consta dun avituallamento a metade de camiño para repoñer forzas e sortearanse agasallos ó final da ruta .
En calquera caso, pensando nos máis pequenos para que tamén poidan participar na actividade, ó regresar da ruta principal farase unha minirruta que partirá diante da pista polideportiva das Casas Baratas, entorno as 12.45 horas, para dar unha volta polo pobo.

Os prezos serán os seguintes:

  • 2€ socios.
  • 5€ non socios.
  • De balde, os cativos que fagan a minirruta.

Para realizar calquera das rutas e obrigatorio o emprego de casco, sen él non será posible a participación.

As inscricións para a ruta poderán realizarse no seguinte formulario, no Decathlon de Ferrol (onde se sortearán vales desconto entre os alí inscritos) ou na cantina do Club do Mar.


III Ruta de Verán

A partir das 12.00, diante do local social do club do Mar, comezará a venta de tickets para as degustación comezando as degustacións de polbo a feira e de navallas a prancha a partir das 13.00 nas carpas situadas diante do club. Nelas se poderá disfrutar de polbo, cachelo, pan e viño por 10€ e da ración de navallas a 8€.

Pulpo a la gallega - jlastras Navajas - by onnoth

Para amenizar a sobremesa teremos a actuación de grupos musicais en directo e os máis pequenos poderán xogar nas atraccións inchables.
Actuarán:

  • 13.00 – Vai Rañala Meu (Música Tavernaria)
  • 19.30 – Os Dous de Sempre + Un

A primeira hora da tarde comezarán os xogos populares, como a cucaña e a corda, para rematar a festa cunha regata de bateis na que participarán as escolas de remo de verán dos clubs da zona.

XXX Bandeira Concello de Moaña

Este domingo, 30 de Xullo, disputouse en Meira (Moaña) a regata da liga correspondente a Samertolomeu. O día foi soleada e o mar encontrabase completamente en calma o que permitiu as traíñas entregar todo o seu potencial na competición. A regata retrasabase uns minutos por problemas na equipación das traíñas de Vilaxoán e A Cabana, que puideron solventar antes do comezo da regata.

Na primeira tanda vencía claramente Vilaxoán seguida de A Cabana que despois dunha dura disputa con Mugardos facíase co sexto posto e última entraba Ares.

A pelexa polo sexto posto na xeral poñíase ó roxo vivo co empate a puntos entre A Cabana e Mugardos, nunha temporada en que as dúas embarcacións da Ría de Ferrol están a amosar un rendemento moi parecido.

 
“Traíñas en xogo” co resumen de este fin de semana.

Na segunda tanda impoñíase Amegrove seguido de Chapela, Cabo (que se reivindicaba despoís do sexto posto en Mugardos) e Samertolomeu. Con esta nova victoria Amegrove ponse a tres puntos de Chapela a falta de tres regata puntuables para o fin da liga, dependendo os dous equipos dos seus resultados para facerse co titulo ligueiro.

Tempos da regata [ligalgt.com]

“Mugardos y A Cabana llegan igualados a las citas finales ” Diario de Ferrol [30/07/2012]


Actualización [06/08/2012]

Repaso a situación da LGT na xornada do 28/29 de Xullo na TVG2 ó non competir a LGT o primeiro fin de semana de Agosto por motivo do Campionato de España.


“Traíñas en xogo” do 05/08/2012
 
 

Resultado da “II Bandeira Reganosa”

Este sábado 28 de Xullo levouse a cabo a segunda edición da “Bandeira Reganosa” organizada polo Club do Mar de Mugardos. Este ano competiron na regata mugardesa os oito equipos da Liga A pertencentes a “Liga Galega de Traiñeiras”:

  • Chapela
  • Amegrove
  • Samertolomeu de Meira
  • Cabo da Cruz
  • Vilaxoán
  • A Cabana
  • Mugardos
  • Ares

O tempo acompañou a competición cun día soleado acompañado de vento do nordeste encarado na mesma dirección co campo de regatas, o que facía os longos en contra do vento un pouco máis duros; pero non dificultaba en exceso a remada das traíñas.

Na primeira quenda participaban os equipos da zona (Ares, A Cabana e Mugardos) xunto con Vilaxoán. Neste grupo destacaba a loita polo sexto posto, posto que conleva non remar o play-off , entre A Cabana e Mugardos coa traíña ferrolá a tan so dous puntos de ventaxa dos anfitrións.

Despois dunha saída nula, na que A Cabana foi sancianada con 5 segundos, comezou a proba cun Vilaxoán moi forte seguido de cerca de Mugardos e A Cabana, mentras que Ares quedaba descolgado. Conforme avanzaban os longos Vilaxoán e Mugardos mantiveron o ritmo, o que fixo que A Cabana se quedara atrás. Os bos tempos acadados permitirían as dúas traíñas mellorar o tempo de Cabo da Cruz que remaría posteriormente na segunda tanda, quedando 4ª Vilaxoán e 5ª Mugardos. A Cabana remataba 7ª cedendo dous puntos na xeral ante Mugardos, empatando a puntos, mentras que Ares remataba 8ª.

Na segunda tanda participaban os dous equipos favoritos para facerse coa liga: Chapela, líder na clasificación, e Amegrove, que viña de gañar as dúas últimas regatas. Unha primeira saída nula costaríalle a Amegrove unha penalización de 5 segundos.

Unha vez comezada a regata Chapela, nun alarde de forza, mantiña un ritmo durísimo o que iba deixando atrás a Amegrove e a Samertolomeu, mentrás que Cabo da Cruz descolgábase e quedaba rezagado. O final venzou con claridade Chapela seguido de Amegrove e a 5 segundos exactamente entraba Samertolomeu e xa a máis de 20 segundos Cabo. Este feito unido a penalización de 5 segundos de Amegrove fixo que Samertolomeu e Amegrove empataran co mesmo tempo 20:01:94, aínda que sería Amegrove o que se levaría a segunda praza o aplicarse a normativa vixente en caso de empate compartindo os dous segunda posición e mesmos puntos.

Chapela faciase coa “II Bandeira Reganosa” que lle era entregada por D. Emilio Bruquetas Director Xeral de Reganosa e mantiña o seu primeiro posto na xeral a catro puntos de Amegrove.

 

Tempos da regata [Ligalgt.com]

La Voz de Galicia [29/07/2012]
Faro de Vigo [29/07/2012]

 

Presentación da “II Bandeira Reganosa”

Este martes 24 de Xullo presentouse na sede de Reganosa a “II Bandeira de Traíñas Reganosa” patrocinada por Reganosa e organizada polo Club do Mar de Mugardos e a Liga Galega de Traiñeiras. Ó acto de presentación foi presidido por D. Emilio Bruquetas (Director Xeral de Reganosa), D. Xosé Barcia (Alcalde de Mugardos) e D. Guillermo Pereira Coto (Presidente do Club do Mar de Mugardos). O acto tamén acudiron representantes dos diferentes grupos políticos municipais.

Na regata, que se disputará o próximo sábado 28 de Xullo as 18.00 horas, competirán os oito equipos que conforman a Liga  A da LGT: Chapela, Amegrove, Samertolomeu de Meira, Cabo da Cruz, Vilaxoán, A Cabana e Ares. A regata percorrera unha distancia de 5556 metros divididos en 4 longos, dende o peirao de Mugardos ata o peirao carboeiro de Ferrol aproximadamente.

Ó rematar a regata as 20.00 horas realizarase unha churrascada no Club do Mar para celebrar con tódolos socios e xiareiros esta segunda edición da Bandeira do Club.

Documentación da II Bandeira Reganosa [PDF 4,8 MB]

“La II Bandeira Reganosa traerá hasta Mugardos la lucha por la permanencia ” Diario de Ferrol [25/07/2012]
“El pulso por la liga gallega llega a la Bandeira Reganosa” La Voz de Galicia [25/07/2012]
“La Bandeira Reganosa pone a prueba los botes locales” Diario de Ferrol [28/07/2012]

Bandeiras de Vilagarcía e Ferrol e 24 Horas de Somozas

Fin de semana movido no que se intensificou a pelexa pola sexta posición da “Liga A” entre A Cabana e Mugardos e no que se acadaba o ecuador da competición:

Bandeiras de Ares e Redondela e Ruta da Auga

Novo fin de semana de competición, con cambios no taboleiro da Liga A, pasando a traíña do Club do Mar o sexto posto:

 

I Bandeira As Mariñas, 12 Horas de Cariño e Camp. de España de Remo Olímpico

Neste intenso verano, no que a competición se refire, temos outro fin de semana con bos resultados para o club do Mar:

Galería Fotográfica do Camp. de España en Sevilla

Camp. Galego Remo Olímpico, EDR 2012 e I Bandeira Sanxenxo

Outro fin de semana intenso para o Club do Mar na que se acumularon as competicións e a organización da EDR 2012:

    • Campionato Galego de Remo Olímpico Alevín, Infantil e Cadete 2012 na competición participaban 4 das xoves promesas do club acadando un gran resultado, quedando todos eles entre os 6 primeiros postos:
      • Skiff alevín [1x]: Jesús subcampión galego.
      • Skiff infantil [1x]: Marica 4º posto.
      • Skiff cadete [1x]: Mónica 4º posto e Leticia 6º posto.

Foto da regata preparatoria en Castrelo de Miño [13/05/2012]

“Éxito de los skiffs de Mugardos” La Voz de Galicia [05/07/2012]

    • EDR 2012, levouse a cabo a ruta “Entre Dúas Rías 2012” na que participaron o redor duns 300 ciclistas que recorreron os carreiros e pistas de Ares e Mugardos para acabar cunha churrascada no pavillón de Ares a exitosa ruta.

       
      Máis fotos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16

Vídeo de LANDEIRAXTR

 

 

I Bandeira de Sanxenxo, nesta primeira regata da LGT-A a traíña do club comezou con mal pe o ser descualificada por deixar a derradeira boia por estribor para resarcirse na segunda xornada acabando segunda na súa tanda e conseguindo o 6º posto.

“Traíñas en xogo” co resumen das regatas do fin de semana.

“Los locales no estuvieron finos en el debut de la competición en Sanxenxo” Diario de Ferrol [01/07/2012]

“Mugardos logra resarcirse de su mal inicio y termina sexto en Sanxenxo” Diario de Ferrol [02/07/2012]

Presentación da LGT 2012

Este sábado, 8 de Xuño, celebrouse en Sanxenxo a presentación da LGT para este ano 2012. O acto organizado polo Club de Remo Amegrove e o Concello de Sanxenxo realizouse na Praza do Mar da vila aínda que este veuse moi deslucido pola continua choiva que caeu durante toda a tarde de forma case ininterrompida.

Moitas das traíñas que tiñan planificado entrear en Sanxenxo cambiaron de idea ante o complicado estado do mar e so unhas poucas se atreveron a mollar as embarcacións.
O acto comezou as 20.00 horas coa actuación da escola de baile Cantodorxo o que seguiu o monologuista “Manolo o do Atleti” para dar paso a presentación da liga. O acto foi presentado por Terio Carrera e nel participaron a alcaldesa de Sanxenxo Catalina González, o Presidente da LGT Diego Portela e o Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete Lasa entre outros.

A principal novidade da liga de este ano e a división da competición en dúas ligas, na que o Club do Mar de Mugardos despois de clasificarse na regata clasificatoria do pasado 6 de Abril remará na liga A.

 

La Voz de Galicia “La Liga alza el telón en Sanxenxo” [09/06/2012]

 

Acto de entrega do “1º premio Estudo e Deporte”

O 21 de xuño as 18.00 horas realizarase no IES Mugardos o acto de entrega do 1º premio “Estudo e Deporte”, galardón co que se pretende premiar os alumnos con mellor desenvolvento tanto académico como deportivo e social.

Na primeira parte do acto homenaxarase ás directivas dos clubes deportivos mugardeses, intervindo representantes do Club do Mar de Mugardos e do SDC Galicia de Mugardos.

Na segunda parte do acto farase entrega dos premios “Estudo e Deporte” ós alumnos do IES de Mugardos galardonados.

Máis información: I Premio Estudo e Deporte