Praga de termes ameaza as embarcacións do Club do Mar


[Actualización 29/12/2011]
Evidentemente o asunto das termes era unha inocentada e o Club do Mar participará na vindeira temporada sen ningún problema de insectos nas súas embarcacións.

Unha praga de termes foráneas está atacando as embarcación do Club do Mar poñendo en serio perigo a participación na próxima temporada deportiva. Estas termes (Cryptotermes Carbonensis) de orixe asiático aniñaron no interior do casco das embarcacións de remo alimentándose da fibra de carbono e da celulosa do panal de abella situado entre as capas de fibra. Esta clase de terme fai unha mistura coa celulosa e a fibra de carbono (carbón no seu entorno natural) na que cultivan os fungos dos que se alimentan.

O SEPRONA baralla a posibilidade de que estes insectos fosen introducidos ilegalmente no país como mascotas, pois a súa introdución esta prohibida debido a súa acción daniña sobre a fibra de carbono; atacando principalmente coches deportivos, avións e embarcación de competición. Estes insectos son moi cotizados no mercado negro de animais exóticos debido a súa docilidade e fermoso canto.

A situación e crítica para o club pois estes insectos están a comerse as embarcación desde dentro e tememos que no transcurso de escasos meses estas encóntrense inservibles para a competición. Entre as medidas temporais dispostas polo club atópase a creación de turnos de remeiros que se encargan de vixiar os botes as 24 horas co insecticida preparado para acabar con calquera terme que apareza nos arredores das embarcacións.


Danos causados nunha das embarcaións polas termes

A sección de ciclismo do Club do Mar – Pulpeiros BTT de momento non reportou ningún caso de infestación destes insectos, pese que hoxe en día a fibra de carbono emprégase cada vez máis nas bicicletas co gallo de facelas máis lixeiras. A pesar de todo dende o club pídeselles a tódolos membros da sección que fumiguen as partes de fibra de carbono das súas bicicletas antes de achegarse polo local social do club.

Deixa unha resposta