I Bandeira Reganosa

Mañá, día 23 de Xullo, celebrarase en Mugardos a “I Bandeira Reganosa de Traíñas” pertencente a “Liga Galega de Traiñeiras”. A bandeira organizada polo Club do Mar de Mugardos e a LGT está patrocinada por Reganosa e foi presentada onte, día 22 de Xullo, no concello ante os medios de comunicación.
Efectuaron a presentación o presidente do Club do Mar, D. Guillermo Pereira, o Director de Operacións de Reganosa, D. Carlos Vales e o alcalde da vila D. Xosé Fernández Barcia.
Na regata compiten as catorce traíñas que disputan a Liga e poderá verse dende as 19.00 h. dende o peirao do pobo. O campo de regata para a proba, composto de 4 longos de 1389 metros, parte do extremo do peirao e atravesa a ría cara o porto do carbón en Ferrol.
Ver I Bandeira Reganosa no mapa
Despois da regata as 20.30 comezará na carpa situada diante do Club do Mar a “Festa da Traíña”, na que se poderá disfrutar de mexillóns, empanada, viño e moita música. A consumición será de balde para os socios e a 3€ para o resto da xente.
La Voz de Galicia 22/07/2011 “La primera bandera Reganosa devuelve las traineras a Mugardos” Diario de Ferrol 22/07/2011 “Mugardos, primera parada de la liga gallega de traineras en Ferrolterra” [Actualización 24/07/2011] Diario de Ferrol 24/07/2011 “La rotura del tren de balizaje impidió que se disputase la Bandera Reganosa” Diario de Arousa 24/07/2011 “Suspenden la regata en Ferrol después de que una lancha arrollase el tren de balizaje “ La Voz de Galicia 24/07/2011 “Suspenden la regata de traineras de Mugardos al soltarse una baliza”

Deixa unha resposta