Esta nova actividade dun trail de montaña para a entidade realizase coa inestimable axuda de Trinity (Narón) que patrocina e colabora coa realización do evento.
O trail discorrerá por unha zona tan espectacular e fermosa como é a ría de Ferrol, repleta de corredoiras con incribles vistas ó mar.
O trail partirá dende o Pabillón Municipal do Cristo en Mugardos (como chegar) as 9.00 AM, realizándose a recollida de dorsáis hasta unha hora antes. A distancia do percorrido é de 23 KM, contando cun desnivel acumulado positivo de subida de 911 metros e negativo de baixada tamén de 911 metros, e o número de participantes esta limitado a 250. Tamén entregaranse dorsais de forma previa os días 6 e 7 de setembro en Trinity (como chegar).
O custe da inscrición será de 11€ por participante. O custe da churrascada posterior a proba será de 10€ (para os que se queiran quedar a comer) e poderase levar acompañantes aboando a mesma cantidade por persoa. A proba contará con servizo gratuíto de consigna, onde poder deixar mochilas ou prendas.
A inscrición rematará o día 4 de setembro para os que se queden a comer ou o 5 de setembro para o resto de participantes, tamén se cerrará a inscrición ó alcanzar os 250 participantes.
A participación na carreira inclúe: agasallo, duchas, servizo de consigna e avituallamento.
- Formulario de inscrición (Federación Galega de Atletismo)
- Estado da nosa inscrición
- Track da ruta
- Evento en Facebook
- Reglamento da proba
Para resolver calqueira duda pode poñerse en contacto con nos nos teléfonos 981 471 070 e 669 255 740 ou en Trinity Narón.
Durante a proba realizaranse fotografías e gravacións en vídeo do evento.
Test del trail [laszapatillasdel42.blogspot.com.es]