Ruta solidaria “Día Internacional do Donante de Médula Ósea”
O vindeiro día 28 de setembro en colaboración con ASOTRAME desenrolarase unha ruta solidaria en bicicleta para sensibilizar e concienciar sobre a donación de médula ósea. Na realización da ruta tamén colaboran o Concello de Mugardos e a Cruz Vermella.
Trátase dunha ruta apta para nenos a partir dos 6 anos e adultos de calqueira idade. Saírase dende o local social do Club do Mar as 10.00 AM e realizarase a recollida de dorsais antes polo que é necesario chegar con antelación. A hora programada de chegada é as 12.30 AM.
O prezo da inscrición é de 6€ incluíndo o seguro:
Á chegada das bicis realizaranse máis actividades como un mercadillo solidario, actividades e música para os pequenos e recollida de libros solidaria.
II Trail Mugardos – Montefaro
O Club do Mar – Pulpeiros BTT organiza o vindeiro 19 de outubro a ” II CARREIRA DE MONTAÑA MUGARDOS MONTEFARO”.
Esta actividade consta dunha carreira de montaña e realizase coa inestimable axuda de Trinity (Narón) que patrocina e colabora coa realización do evento e os concellos de Ares e Mugardos. Este ano como novidade engádese o trail a realización dunha andaina de montaña de 12 km.
O trail e maila a andaina discorrerán por unha zona tan espectacular e fermosa como é a ría de Ferrol, repleta de corredoiras con incribles vistas ó mar.
O trail partirá dende o Monasterio de Santa Catalina de Montefaro en Ares as 10.00 AM, realizándose a recollida de dorsais hasta unha hora antes. A distancia do percorrido é de 22 KM, contando cun desnivel acumulado positivo de subida de 1100 metros, o número de participantes está limitado a 250. Tamén entregaranse dorsais de forma previa o día 18 de outubro. A proba será arbitrada pola Federación Galega de Atletismo.
Ver mapa más grande
O custe da inscrición será de 18€ por participante. A proba contará con servizo gratuíto de consigna, onde poder deixar mochilas ou prendas, duchas, 2 avituallamentos líquidos e un sólido, pinchada ó rematar a carreira e agasallo para os participantes.
Duchas alternativas no pabillón municipal de Ares
A inscrición rematará o día 17 de outubro, tamén se cerrará a inscrición ó alcanzar os 250 participantes.
- Formulario de inscrición para o trail.
- Formulario de inscrición para a andaina.
- Listado de participantes trail.
- Listado de participantes andaina.
A participación na carreira inclúe: agasallo, duchas, pinchada ó rematar a carreira, servizo de consigna e avituallamento.
V Festa e Carnaval de Verán
O próximo sábado 16 de agosto realizarase ó longo de todo o día diversas actividades no peirao de Mugardos para celebrar a V Festa de Verán do club e o Carnavl de Verán 2014, con troula e actividades para toda a familia:
- 10.00 horas “Ruta de solidaria de Verán Cruz Vermella”: Ruta de iniciación á BTT para nenos e familias, cun recorrido entorno ós 19 Km. A edade mínima é de 6 años e asimesmo é imprescindible un bo manexo da bicicleta ó discurrir a ruta por terreo non asfaltado. A ruta saldrá diante do local social do club, o finalizar se procederá a un sorteo entre os participantes.
Precio da inscripción para os socios do Club do Mar de Mugardos 2€, máis unha donación mínima de 1€ para a Cruz Vermella. Os non socios 5€ máis unha donación mínima de 1€. O día da ruta realizaráse unha recolliida de alimentos para a Cruz Vermella.
Para inscribirse pode empregar o seguinte formulario de inscrición ou facelo na cantina do Club do Mar de Mugardos. - 11.00 horas “Portomagno sae á rúa”: mercadillo de oportunidades dos comerciantes de Portomagno durante todo o día.
- 12.00 horas concentración BTT (gratuita): no aparcadoiro do Parque da Constitución onde recolleremos ós menores de 6 anos que queirán dar unha volta en bici polo peirao para rematar todos a rota diante do Club do Mar.
- Apartir das 13.00 horas “Festa gastronómica”: diante do club, e durante todo o día ata esgotar existencias, navallas e cigalas á prancha, churrasco, chourizos, pan e viño. Amenizado por grupo de música. Prezos: Ración de cigalas/navallas: 10€. Churrasco e chourizo: 8€. (Incluíndo pan e viño).
- 18.00 horas “Regatas de bateis”: categorías: alevíns, infantís, cadetes e veteráns. Animade aos pulpeiros.
- 20.00 horas “Cé orquestra pantasma”: actuación musical e animación.
- 21.00 horas “Sorteo sempre en Mugardos”: 10 premios de 100€ para gastar nos establecementos de Portomagno.
- 22.00 horas “Carnaval de Verán”: amenizado por D.J. Suso. Agasallos ós mellores disfraces.
- 23.00 horas “Gran queimada e sorteo dun televisor de última xeración”: segue a música e a troula diante do club ata a madrugada.
Presentación da “IV Bandeira Reganosa”
Onte, xoves 17 de xullo, presentouse no salón de plenos do concello de Mugardos a “IV Bandeira de Traíñas Reganosa” patrocinada por Reganosa e organizada polo Club do Mar de Mugardos e a Liga Galega de Traiñeiras.
O acto de presentación foi presidido por D. Carlos Vales (Director de Operacións de Reganosa), D. Xosé Barcia (Alcalde de Mugardos), Dª. Pilar Díaz (Responsable de Deportes) e D. Guillermo Pereira Coto (Presidente do Club do Mar de Mugardos).
Na regata, que se disputará o próximo domingo 27 de xullo as 12.00 horas, competirán os oito equipos que conforman a Liga A da LGT: Amegrove, A Cabana, Chapela, Puebla, Vilaxoán, C.M. Mugardos, S.D. Samertolomeu e Ares. A regata percorrera unha distancia de 5556 metros divididos en 4 longos, dende o peirao de Mugardos ata o peirao carboeiro de Ferrol aproximadamente.
“A Bandeira Reganosa poráse en xogo o 27 de xullo” La Voz de Galicia [18/07/2014]
“Máis dun centenar de deportistas na IV Bandeira Reganosa” El Coreo Gallego [18/07/2014]
EDR 2014
Xa esta aquí a oitava edición da “Entre Dúas Rías”. Unha ruta de 54 Km que discorre entre os concellos de Mugardos e Ares cunha vistas espaectaculares nun entorno formidable. O día 29 de xuño a ruta partirá dende o Pavillón municipal de Ares ás 09:00 A.M. dende donde iniciaremos un percorrido de 54 km, por carreiros que seguro gustaranvos.
Na inscrición deste ano chegaremos ós 350 participantes como máximo.
A inscrición ten un custe de:
- Non federados 21€ (9€ inscripción + 12€ de licencia por un día).
- Federados 9€ (9€ inscrición).
- O prezo da comida é de 9€ por persoa.
Formulario de alta (pago online).
Formulario para comprobar a inscrición
Ver EDR 2014, AP9 a Pabellón Ares en un mapa más grande
I XC de Montefaro
O vindeiro sábado 7 de xuño levarase a cabo o “I XC de Montefaro” organizado polo Club do Mar de Mugardos – Pulpeiros BTT, unha proba pertencente ó Open de Galicia 2014 dentro do calendario da Federación Galega de Ciclismo e o II Circuito Deputación da Coruña de BTT-XC. Na realización da proba colaboran os concellos de Ares e Mugardos, a Deputación da Coruña, a Federación Galega de Ciclismo, así como Ciclos Roca, Giant, Nutrisport, Ximnasio Multigym e Cabreiroá.
A proba terá lugar as 16.00 horas na Bailadora (Montefaro), podendo realizarse a inscrición con anterioridade á proba no seguinte formulario ou ben o día da proba na oficina da carreira nos locais da Bailadora.
O horario de saídas da proba realizarase por categorías:
- Cadetes, junior, feminas e master 40 e 50 ás 16:30 horas.
- Sub 23, elite, senior e master 30 ás 17:45 horas.
O prezo da inscrición será de 10€.
- Reglamento da proba
- Pode comprobar a súa inscrición neste formulario.
Ver mapa más grande
Enduro Race Cabreiroá
O enduro é unha actividade de BTT tremendamente espectacular, cunha serie de tramos cronometrados, con baixadas técnicas e rápidas por zonas de montaña.
O próximo día 11 de maio, en Montefaro, daránse cita o redor de 110 endureiros, nunha proba que contará coa presencia de Toni Perez, actual campión de España de Enduro.
A saída efectuarase as 09:00AM dende o pabillón Municipal do Cristo en Mugardos.
Os patrocinadores desta proba son:
- Cabreiroá
- Giant
- Ciclos Roca
- Bike Works
- Ciclos Quintena
- Centro de Quiroterapia Paula Mayobre
- NutriSport
- Peluquería Pablo Abelleira
III Contrarreloxo Club do Mar – Pulpeiros BTT
A saída e a chegada será diante do local social do Club do Mar de Mugardos, situado no Cantón de Cora no peirao de Mugardos.
-Federados: 9 €.
-Non federados: 9€ + 12€ (custe da licencia por un día).
-Cena: 10€ por persoa (podense traer acompañantes).
Festa Pirata e IV Festa de Verán
Este presente mes de agosto ven cargado de eventos no Club do Mar:
- Do 9 ó 10 de agosto, coincidindo coa Festa Pirata que se leva a cabo no peirao mugardés, realizaránse degustacións gastronómicas de cigalas, polbo a feira ou churrasco ó mediodía e a noite-tarde. A ración terá un prezo de 10€.
- Sábado 10 as 17.30 horas realizarase unha regata de bateis para as categoría inferiores. Nela participarán os clubs de C.R. de Celeiro, C.R. San Felipe, C.R. Fontán-Sada, C.R. Mera, C.R. Narón, C.R. A Cabana, C.R. Cedeira, C.R. Perillo e o Club do Mar de Mugardos.
O día 17 de agosto celebrarase a IV Festa de Verán do Club do Mar, que contará cos seguintes actos:
- Ruta de iniciación a BTT, para nenos a partir dos 6 anos e os seus pais. Para participar será imprescindible un bo manexo da bicicleta e o emprego de casco. A saída realizarase as 10.00 da maña diante do local do club e a ruta incluirá avituallamento e sorteo de agasallos. O prezo será de 3€ para os socios e de 5€ para o resto. A inscrición pode realizarse neste formulario, podendose comprobar a inscrición neste outro.
- A partir das 13.00 horas comezarán as degustacións de polbo a feira ou navallas, incluíndo cachelo, pan e viño o prezo de 10€.
- Durante a tarde estarán dispoñibles para os cativo xogos inchables e disputaranse os campionatos de futbolín e chave por parellas. As inscricións para estes campionatos poderán realizarse na cantina do club ata o día 16 as 20.00 horas.
- Pola noite seguirá a festa co grupo musical H&C dende as 21.30 as 3.00 horas.