III Festa de Verán do Club do Mar

O vindeiro sábado 18 de Agosto levarase a cabo a “III Festa de Verán” do Club do Mar de Mugardos na que se realizarán actividades durante todo o día.
A xornada comezará coa “III Ruta de Verán” de BTT organizada pola nosa sección de ciclismo, os Pulpeiros BTT. Esta é unha ruta de introdución a bicicleta de montaña orientada para os nenos e familias, cunha dificultade media baixa. Nela poderán participar nenos a partir dos 5 anos; pero que posúan un bo manexo da bicicleta. A saída efectuarase dende o Club do Mar as 10.00 horas. O percorrido consta dun avituallamento a metade de camiño para repoñer forzas e sortearanse agasallos ó final da ruta .
En calquera caso, pensando nos máis pequenos para que tamén poidan participar na actividade, ó regresar da ruta principal farase unha minirruta que partirá diante da pista polideportiva das Casas Baratas, entorno as 12.45 horas, para dar unha volta polo pobo.

Os prezos serán os seguintes:

  • 2€ socios.
  • 5€ non socios.
  • De balde, os cativos que fagan a minirruta.

Para realizar calquera das rutas e obrigatorio o emprego de casco, sen él non será posible a participación.

As inscricións para a ruta poderán realizarse no seguinte formulario, no Decathlon de Ferrol (onde se sortearán vales desconto entre os alí inscritos) ou na cantina do Club do Mar.


III Ruta de Verán

A partir das 12.00, diante do local social do club do Mar, comezará a venta de tickets para as degustación comezando as degustacións de polbo a feira e de navallas a prancha a partir das 13.00 nas carpas situadas diante do club. Nelas se poderá disfrutar de polbo, cachelo, pan e viño por 10€ e da ración de navallas a 8€.

Pulpo a la gallega - jlastras Navajas - by onnoth

Para amenizar a sobremesa teremos a actuación de grupos musicais en directo e os máis pequenos poderán xogar nas atraccións inchables.
Actuarán:

  • 13.00 – Vai Rañala Meu (Música Tavernaria)
  • 19.30 – Os Dous de Sempre + Un

A primeira hora da tarde comezarán os xogos populares, como a cucaña e a corda, para rematar a festa cunha regata de bateis na que participarán as escolas de remo de verán dos clubs da zona.

Bandeiras de Vilagarcía e Ferrol e 24 Horas de Somozas

Fin de semana movido no que se intensificou a pelexa pola sexta posición da “Liga A” entre A Cabana e Mugardos e no que se acadaba o ecuador da competición:

Bandeiras de Ares e Redondela e Ruta da Auga

Novo fin de semana de competición, con cambios no taboleiro da Liga A, pasando a traíña do Club do Mar o sexto posto:

 

I Bandeira As Mariñas, 12 Horas de Cariño e Camp. de España de Remo Olímpico

Neste intenso verano, no que a competición se refire, temos outro fin de semana con bos resultados para o club do Mar:

Galería Fotográfica do Camp. de España en Sevilla

Camp. Galego Remo Olímpico, EDR 2012 e I Bandeira Sanxenxo

Outro fin de semana intenso para o Club do Mar na que se acumularon as competicións e a organización da EDR 2012:

    • Campionato Galego de Remo Olímpico Alevín, Infantil e Cadete 2012 na competición participaban 4 das xoves promesas do club acadando un gran resultado, quedando todos eles entre os 6 primeiros postos:
      • Skiff alevín [1x]: Jesús subcampión galego.
      • Skiff infantil [1x]: Marica 4º posto.
      • Skiff cadete [1x]: Mónica 4º posto e Leticia 6º posto.

Foto da regata preparatoria en Castrelo de Miño [13/05/2012]

“Éxito de los skiffs de Mugardos” La Voz de Galicia [05/07/2012]

    • EDR 2012, levouse a cabo a ruta “Entre Dúas Rías 2012” na que participaron o redor duns 300 ciclistas que recorreron os carreiros e pistas de Ares e Mugardos para acabar cunha churrascada no pavillón de Ares a exitosa ruta.

       
      Máis fotos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16

Vídeo de LANDEIRAXTR

 

 

I Bandeira de Sanxenxo, nesta primeira regata da LGT-A a traíña do club comezou con mal pe o ser descualificada por deixar a derradeira boia por estribor para resarcirse na segunda xornada acabando segunda na súa tanda e conseguindo o 6º posto.

“Traíñas en xogo” co resumen das regatas do fin de semana.

“Los locales no estuvieron finos en el debut de la competición en Sanxenxo” Diario de Ferrol [01/07/2012]

“Mugardos logra resarcirse de su mal inicio y termina sexto en Sanxenxo” Diario de Ferrol [02/07/2012]

Fin de semana intenso de competición

Este vindeiro fin de semana (19 e 20 de Maio) será intenso para os integrantes do Club do Mar de Mugardos que disputarán probas en tódalas disciplinas deportivas nas que compite a entidade.

En remo olímpico o Club do Mar competirá na “XX Copa Primavera”, realizada no embalse de Trasona, contra outros 36 clubs de remo de toda España. No evento participarán Jesús Rodríguez Barcia en skiff na categoría alevín masculino e Marica López Otero tamén en skiff na categoría infantil feminino.

En remo de banco fixo a tripulación senior do Club do Mar disputará en Rianxo o sábado e o domingo o “Campeonato Territorial Norte de Traineriñas”.

Na sección de ciclismo nada menos que 14 integrantes participarán na durísima ruta de “Los 10000 del Soplao” na que compiten máis de 8000 deportistas. Na modalidade de BTT recórrense uns durísimos 315 km nun terreo moi escarpado.

Foto da regata en Castrelo de Miño [13/05/2012]

Actualización [22/05/2012]

Ruta BTT EDR 2012

O próximo 1 de Xullo realizarase a ruta Entre Dúas Rías de este ano, na que o “O club do Mar – Pulpeiros BTT” repite na organización. Esta é a sexta edición da popular ruta que percorre os municipios de Ares e Mugardos, a cal xa se consagrou como un dos principais eventos deportivos da zona.
A EDR encóntrase incluída no calendario de BTT da Federación Galega de Ciclismo con tódolas vantaxes que isto supón para os participantes. A ruta percorrerá uns 50 Km entre os dous municipios recorrendo paraxes únicos de as rías de Ferrol e a de Ares.
Ó final da ruta realizarase unha comida con tódolos participantes e o sorteo de premios por parte dos patrocinadores do evento.
A inscrición, limitada a 300 participantes, poderá levarse a cabo neste formulario.
O prezo da inscrición será de 15 € para os ciclistas federados e 27 € para os non federados incluíndo seguro e comida.

Track da EDR 2012 [descargar]


Os participantes poden comprobar o estado da súa inscrición aquí.

Como chegar o Pavillón Deportivo de Ares (punto saída da ruta) desde a saída da AP-9.

Resumo da “I Contrarreloxo Club do Mar – Pulpeiros BTT”

Este sábado,día 31 de Marzo de 2012, levouse a cabo a “I Contrarreloxo Club do Mar – Pulpeiros BTT” na que participaron máis de 100 ciclistas. A contrarreloxo comezou no horario previsto e cun tempo marcado polos ceos despexados e as temperaturas agradables, aínda que cara última hora o fume do incendio nas fragas do Eume chegou a escurecer o ceo por momentos.
A proba desenrolouse según o previsto nun circuíto moi divertido que partía dende o peirao da vila para despois recorrer carreiros de todo o pobo conformando un circuíto de 16 km ó que era necesario dar dúas voltas na categoría masculina e unha volta na categoría feminina. A chegada realizouse no mesmo punto de partida, diante do local social do Club do Mar, na que estaba situada o avituallamento para os esgotados ciclistas.

O mellor tempo na categoría masculina foi de 1 hora 11 minutos e 59 segundos, namentres que a máis rápida das mulleres completaba o circuíto en 52 minutos e 59 segundos.

A contrrreloxo concluíu coa entrega de trofeos e premios para os ciclistas cos mellores tempos.

Dende o Club do Mar agradecemos a tódolos colaboradores do evento, sen a súa colaboración non sería posible realización da proba (Concello de Mugardos, Eumebike, CiclosRoca e Powerade); pero gustaríanos agradecer de forma moi especial a colaboración da Policía Municipal de Mugardos e os voluntarios de Protección Civil, cuxo esforzo foi imprescindible para a bo desenrolo e seguridade da contrarreloxo.

O fume chegou a escurecer o ceo por momentos

Tempos e clasificación da contrarreloxo [PDF 60KB]

Fotos de Alberto Fdez [facebook]
Fotos do Club do Mar [facebook]
Fotos de Javier Vilar [picasaweb]
Fotos de 10595354255906727… [picasaweb]
Fotos de Ramón Romero [Google Plus]

I Contrarreloxo Club do Mar – Pulpeiros BTT

O día 31 de Marzo realizarase a
“I Contrarreloxo Club do Mar – Pulpeiros BTT” organizada pola nosa sección de ciclismo os Pulpeiros BTT. A contrarreloxo se realizará en Mugardos, nun percorrido circular de 16 Km ó que será necesario dar dúas voltas facendo un total de 32 Km. O desnivel varía entre os 0 e os 90 metros polo que non quedará sitio para a relaxación nun trazado sobre todo moi divertido.
A saída e a chegada será diante do local social do Club do Mar de Mugardos, situado no Cantón de Cora no peirao de Mugardos. Ás 16.00 será a recollida de dorsais para proceder as saídas a partir das 16.30 por orden de dorsal.
O custe por participación é o seguinte:
-Federados: 0 €.
-Non federados: 12€ (custe da licencia por un día).
-Cena: 10€ por persoa (se poden traer acompañantes).
A inscrición se fará no seguinte formulario web ata o día 27 de Marzo, podéndose comprobar a situación dos inscritos nesta páxina.

Ruta do evento
Perfil do evento

Ruta da Crono
Evento da proba en Facebook