Ruta ciclista de nadal

O martes 4 de xaneiro levarase a cabo  ás 16.00 horas unha ruta ciclista para nenos (maiores de 8 anos) organizada polo “Club do Mar – Pulpeiros BTT”. O percorrido será duns 12 km aproximadamente e discurrirá por camiños do concello. A chegada ó Club do Mar e o pertinente avituallamento será as 18.00 horas. Tamén quere facerse fincapé desde o Club do Mar no seguimento das normas de seguridade vial polo que se considera imprescindible o emprego de casco por parte dos participantes.

As inscricións previas poderanse facer na cantina do Club ou no correo electrónico (indicando nome, apelidos, idade e teléfono) ata as 20.00 horas do día 3 de xaneiro.

A actividade está patrocinada por Giant, o que agradecemos a súa colaboración dende o Club do Mar.

Nota: “O Club do Mar Pulpeiros BTT, como sección deportiva do Club do Mar, quere manifestar que cada participante considerarase en excursión persoal, debendo en todo caso respetar as normas de circulación e de seguranza vial, polo que dito Club non se fará responsabel dos danos físicos ou morais que poida derivarse da participación nesta rota.”

Para descargar o cartel en formata PDF (1 MB) faga clic aquí.

Presentación da sección de ciclismo

A historia dos “Pulpeiros BTT”

Érase unha vez…, alá polo ano 2008 un grupo de amiguetes mugardeses entusiastas da BTT, que tiñan bicicletas marca Decathlon e Maverick. Reuníanse asiduamente no parque da Rega na Seaña para rutear por todo tipo de montes e corredoiras. Uns amigos a quenes non lles importaba mancharse de lama, saltar e brincar entre as rochas, os charcos e os ríos,…. Caerse unha e mil veces e volver a subirse unha vez mais sobre a bici. Coller a bici fixera sol ou frío, chovese ou nevase. Chegar a casa cun algún golpe, rabuñadura ou descosido, iso non importaba. Participar nalgunha marcha, sufrir, rir, chegar á  meta sen importar o posto na clasificación, e abraiase pola fermosa natureza en todo o seu esplendor subido nunha bici.

Gracias a ese entusiasmo, a afección foi a máis e aquelas bicicletas deron paso a outras como as Trek, as Jamis, as Orbea ou as Giant. Outros ciclistas de montaña tan entusiastas como eles os coñeceron e surxiu unha gran familia “betetera”. Nese tempo, o ano 2009, un paisano mugardés, José coñecido como “Chante”, anima a participar ós mugardeses baixo maillot amarelo e o logo dun polbo montado en bicicleta, con o nome de Pulpeiros BTT. Surxe así a lenda …

Como a afección á BTT ía en aumento e eran moitos os mugardeses que demandaban un club, buscouse unha entidade con local social e con ximnasio que puidese levar a cabo ese soño, ¡un club de BTT en Mugardos!.

Vellos amigos de colexio, colegas e paisanos afeccionados ó remo e tamén ó deporte da bicicleta, esa era a xoven directiva do Club do Mar de Mugardos que estaba disposta a crear unha sección de ciclismo coa intención de potenciar este deporte.

Xunta xeral extraordinaria

Celebrouse o pasado domingo 14 de novembro a xunta xeral extraordinaria do Club do Mar de Mugardos. A xunta celebrouse na cantina do Club do Mar cunha boa participación de socios.
Na xunta repasouse o estado xeral do Club do Mar e aprobouse por unanimidade a incorporación de dúas novas actividades ó Club. Estas novas actividades corresponden a Pesca Responsable e Náutica de Recreo [Web da Federación] e a Ciclismo. Cabe destacar que o pasado verán xa se realizou dentro da actividade de ciclismo a “Primeira ruta de Verán” do Club do Mar cunha altísima participación de ciclistas de toda a comarca.
O final da xunta procedeuse atender as preguntas e suxerencias dos socios.

Fotos pertencentes a “Primeira ruta de Verán” do Club do Mar