Comezo da escola de remo – Tempada 2023/2024

O próximo venres 22 de setembro comenzará a nova tempada 2023/2024 da Escola de Remo do Club do Mar de Mugardos. Este primeiro venres farase unha reunión cos pais/nais/titores dos participantes para definir horarios e aclarar dúbidas. A actividade está orientada a nenos nados a partires do 2015, ou anos anteriores.

A primeira semana farase xornada de portas abertas polos que todos os interesados/as en probar o deporte do remo poderán iniciarse de balde.

O prezo da actividade o resto do ano será de:

  • 15€ para socios
  • 20€ para non socios

Para poder participar e preciso cubrir o formulario de alta na escola de remo

Presentación da LGT 2023 e I Bandeira Concello de As Pontes

Este sábado 10/06/2023 presentouse a nova tempada da “Liga Galega de Traiñeiras – Trofeo Xunta de Galicia 23”, contando esta tempada con dúas traíñas representando a unión do Club do Mar de Mugardos co Club de Remo A Cabana – Ferrol.

O primeiro en comezar coa competición foi o equipo masculino, competindo na primeira quenda co C.R. Perillo e Muros – Esteirana. O noso equipo facíase co primeiro posto na quenda cun tempo de de 20:33:38, despois dunha saída dura en cabeza e sen afrouxar ritmo en ningún momento. Na segunda quenda participaron CR Amegrove, CRN Riveira e CR Chapela – Wofco. Non sendo capaz ningún equipo da segunda quenda de baixar o crono dos 21 minutos o noso equipo masculino facíase co primeira bandeira da LGT-B 2023.

Ler máis: Presentación da LGT 2023 e I Bandeira Concello de As Pontes
PosiciónClubTempoDiferenza
MUGARDOS – A CABANA FERROL20:33,38
MUROS-ESTEIRANA20:49,12+0:15,74
CR CHAPELA – WOFCO21:07,61+0:34,23
AMEGROVE CR21:22,45+0:49,07
CRN RIVEIRA21:26,06+0:52,68
CR SALGADO – PERILLO21:42,09+1:08,71
Clasificación da I Bandeira de As Pontes – LGT-B
Soltando Estacha 1 – 2023

Ó remate da regata da LGT-B comezaba a LGT-Fem na que a nosa traíña feminina competía na segunda quenda xunto co equipo de CR CHAPELA – WOFCO. Estes dous equipos ofreceron un dos duelos máis interesantes da xornada, nunha dura competición pola bandeira feminina. Mugardos – A Cabana chegaba primeira a boia cunha vantaxe de tan so 2 segundos sobre Chapela e incluso chegaba a aumentar a distancia ata os 4 segundos na segunda baliza; pero nun gran 3º longo o equipo de Chapela recortaba esta distancia e entraba a par con Mugardos – A Cabana na derradeira virada. Despois dun disputadísimo último longo Chapela conseguía facerse coa bandeira por unha diferenza de tan so 1,67 segundos.

PosiciónClubTempoDiferenza
CR CHAPELA – WOFCO23:20,59
MUGARDOS – A CABANA FERROL23:22,26+0:01,67
CR RIANXO23:25,50+0:04,91
CCD CESANTES – CEFYCAL24:35,77+1:15,18
CR PUEBLA24:54,22+1:33,63
CR SALGADO – PERILLO25:11,14+1:50,55
CM CASTROPOL26:28,24+3:07,65
Clasificación da I Bandeira de As Pontes – LGT-Fem

Noticias relacionadas:
La Voz de Galicia – Mugardos-A Cabana, Chapela y Ares comienzan ganando en la Liga Galega de Traiñeiras en As Pontes [10/06/2023]
Diario de Ferrol – Ares vuelve, Narón sigue y la unión Ferrol-Mugardos crece [10/06/2023]
Diario de Ferrol – Ares comienza mandando en su regreso a la liga gallega de traineras [10/06/2023]

Convocatoria de xunta xeral ordinaria de socios/as

 
Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS

De conformidade co acordo da Xunta Directiva extraordinaria celebrada o 28 de abril de 2023 convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS para a súa celebración en Mugardos, no local social da entidade, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, Ó VINDEIRO 14 DE MAIO DE 2023 ás 10:00 12:00 horas, en primeira convocatoria; e ás 10:30 12:30 horas en segunda convocatoria, co gallo de deliberar e adoptar acordos sobre os asuntos incluídos na seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
  2. Informe económico do ano 2022.
  3. Informe deportivo e de actividades do ano 2022.
  4. Situación actual do club e proxectos para a tempada 2023.
  5. Rogos e preguntas.

Mugardos, a 28 de abril de 2023.

O PRESIDENTE

Asdo. Don Eliseo Reborido Mato