Convocatoria de xunta xeral ordinaria de socios/as

 
Club do Mar de Mugardos
R/Cantón de Cora Nº16
15620 Mugardos (A Coruña)
TLF. E FAX: 981 470170

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS

De conformidade co acordo da Xunta Directiva extraordinaria celebrada o 28 de abril de 2023 convócase Xunta Xeral Ordinaria de Socios/as do CLUB DO MAR DE MUGARDOS para a súa celebración en Mugardos, no local social da entidade, situado na Rúa Cantón de Cora, Núm. 16, Ó VINDEIRO 14 DE MAIO DE 2023 ás 10:00 12:00 horas, en primeira convocatoria; e ás 10:30 12:30 horas en segunda convocatoria, co gallo de deliberar e adoptar acordos sobre os asuntos incluídos na seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
  2. Informe económico do ano 2022.
  3. Informe deportivo e de actividades do ano 2022.
  4. Situación actual do club e proxectos para a tempada 2023.
  5. Rogos e preguntas.

Mugardos, a 28 de abril de 2023.

O PRESIDENTE

Asdo. Don Eliseo Reborido Mato

Traíñas conxuntas C.M. de Mugardos – C.R. A Cabana Ferrol

Despois do bos resultados acadados o pasado ano coa traíña conxunta entre o C.R. A Cabana Ferrol e o Club do Mar de Mugardos a próxima tempada repetirase esta colaboración tano na liga feminina de traíñas como na masculina.

Hoxe fíxose efectiva a unión co primeiro adestramento conxunto da traíña masculina namentres que as rapazas disputaron a primeira regata da tempada participando no “VII Memorial Pepe o Ruso” celebrada en Bueu, acadando o 3º posto na categoría feminina tras CR Cabo da Cruz e o CR Rianxo.

A participación conxunta restrinxese a competición na LGT, no resto de competicións do calendario (batel, traineriña e banco móbil) as dúas tripulacións enfrontaranse en cadansúa embarcación.

Vídeo da proba realizado por “Tercos Meira

Comezo da escola de verán o 01/07/2022

Mañá, venres 01 de xullo, comeza escola de verán do Club do Mar de Mugardos coa presentación da actividade para os pais e os nenos participantes.

A presentación comezará as 11.00 horas no local social do Club do Mar de Mugardos e nela se explicará o desenrolo da actividade durante os próximos meses e se responderan as dúbidas que poidan xurdir.

Máis información