Novas actividades no Club do Mar de Mugardos

Traémosvos unha súper novidade!
A partir do mes de novembro introducimos tres novas actividades.

¡Da man de @labandadelpatioanimaciones teremos clases de ioga, ximnasia musical e zumba!

O día 5 de novembro, de 18 a 20h, teremos xornada de portas abertas das 3 actividades para que poidades ver en que consiste cada actividade e como as levaremos a cabo.

Para apuntarte, podes enviarnos un correo electrónico a secretaria@clubdomarmugardos.com ou achegarte de forma presencial ó local social do club o vindeiro luns 28, martes 29 ou mércores 30 en horario de 18:00 a 19:00 h. Impreso de alta.

Actividades:

  • Ioga: luns e mércores mañá ou tarde (3 horas semanais). 20€/mes socios ou 25€/mes non socios.
  • Zumba: martes e xoves pola tarde (2 horas semanais). 15€/mes socios ou 20€/mes non socios.
  • Ximnasia musical: martes e xoves pola tarde (2 horas semanais). 15€/mes socios ou 20€/mes non socios.

Comezo das actividades a partires do 11 de novembro.

Non deixes pasar esta oportunidade e anímate a moverte connosco. ¡Prazas limitadas!