Os motivos polos que creemos que este non e o lugar axeitado para a instalación destas infraestruturas son os seguintes:
- Dana o valor turístico do paseo marítimo de Mugardos.
- A instalación destas infraestruturas producirá cheiros e ruidos o que será un problema para visitantes e veciños do noso pobo.
- Dana o entorno dun edificio con gran valor histórico e artístico como e a “Casa da Serea”, ademais dos posibles danos ocasionados durante a realización das obras.
Se queres colaborar con nós tamén podes recoller firmas imprimindo o seguinte documento para logo entregalas no local social do Club do Mar de Mugardos.