Paellada Popular no C.M. de Mugardos, 21/09/2024

O sábado 21 de setembro a partir das 13:00 horas (retirada de tickets dende dende as 12:00) realizarase un evento gastronómico no C.M de Mugardos no que os socios da entidade poderán degustar de balde paella e mexilóns, limitado a unha ración de cada un dos pratos por socio. Os non socios tamén poderán participar na degustación e colaborar no mantemento do club quedando o prezo dos pratos en 5€ para os mexilóns e 8€ a paella.

O evento estará amenizado pola música de DJ Mike.

Recepción no Concello de Mugardos

O pasado venres, 10 de maio de 2024, a corporación municipal do Concello de Mugardos recibía no salón de plenos do concello a tripulación alevín feminina do Club do Mar de Mugardos que acadou o bronce no Campionato de España de Bateis do 28/04/2024.

No acto o Alcalde D. Juan Domingo de Deus Fonticoba e o Concelleiro D. José Miguel Mahía Prados entregaban a tripulación do club unha bandeira conmemorativa co escudo da vila.